Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
DE401C
Subvencións a concellos para a construcción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Subvencións a concellos galegos para a construcción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable
Concellos de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Xestión Deportiva
Rúa Madrid, nº 2-4 - 2º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996347
Email: contratacion.deportes@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/08/2023 00:00 - 11/09/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións os concellos de Galicia que, con carácter previo á resolución de concesión da axuda, teñan as súas instalacións deportivas inscritas no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia consonte o establecido no Decreto 52/2022, do 28 de abril, polo que se crea e regula o Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.
Non se admiten solicitudes presentadas por agrupacións de concellos en canto non se considera aplicable a esta convocatoria, ao teor da súa finalidade, do seu obxecto e do importe máximo das axudas que se van conceder, que se entende que suporán principalmente a presentación de solicitudes no ámbito da reforma de instalacións deportivas xa existentes de titularidade municipal, en canto ás obras da liña I, e, respecto da liña II, o importe máximo que se vai conceder supón na práctica que a cotitularidade deste material por distintos concellos sexa ineficiente.
Solicitudes.
1. A solicitude presentarase axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I a estas bases e dirixirase á Secretaría Xeral para o Deporte.
A Administración incorporará e tramitará de oficio aquelas solicitudes presentadas á Orde do 21 de marzo de 2023 (código de procedemento DE401C) e que foron desestimadas por causas de non dispoñibilidade de crédito da convocatoria. Tamén se incorporarán e tramitarán de oficio aquelas solicitudes que resultaran adxudicadas de forma parcial, logo da presentación polo concello da correspondente renuncia a esa axuda parcial nos termos establecidos na Orde do 21 de marzo de 2023.
Nestes dous casos, os concellos non deberán presentar ningunha nova solicitude.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede. xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Cada concello poderá presentar unha única solicitude por liña de actuación. No caso de presentar dúas ou máis solicitudes por liña, a Comisión de Valoración comunicarallo ao concello para que, no prazo máximo de tres días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste punto. De non se ter recibido a comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Unha certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria do concello, segundo o modelo do anexo II, na cal conste:
1) O acordo adoptado polo órgano competente do concello polo que se aproban a solicitude de axuda e as condicións e requisitos desta orde, con expresión concreta da actuación solicitada e da contía comprometida polo concello segundo o establecido no artigo 2 desta orde.
Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, e nel constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e os demais requisitos establecidos na orde.
2) A relación de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma actuación, solicitada ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos, e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
3) Ter remitido a conta xeral do concello, correspondente ao exercicio orzamentario de 2021, ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
4) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
5) Que o concello non está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención, nin en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedor por resolución de procedemento de reintegro.
b) Unha memoria explicativa onde se xustifique a necesidade da actuación para a cal se solicita a subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local, así como canta información sexa precisa para permitir a aplicación dos criterios establecidos nas bases que rexen esta convocatoria.
2. No caso de solicitar unha axuda para a liña de actuación I, o concello deberá achegar:
a) Documento acreditativo da titularidade do terreo ou inmoble en que se pretenda realizar a actuación. Os terreos deberán ser de titularidade da entidade solicitante ou, na súa falta, esta deberá posuír título bastante que a habilite para a realización das obras e o uso posterior do construído ou reformado por período non inferior a cinco (5) anos.
b) Proxecto técnico ou memoria valorada da obra que se pretende realizar, asinado electronicamente polo técnico ou pola técnica que o redacte, co seguinte contido mínimo:
– Memoria explicativa.
– Orzamento detallado, desagregado no nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global.
– Planos a escala e detalle suficiente para describir as actuacións.
– Planos de situación, indicando as coordenadas UTM de cada unha das actuacións que integran a solicitude.
Os concellos que resulten beneficiarios quedarán obrigados a presentar o correspondente proxecto técnico e as autorizacións administrativas municipais e sectoriais oportunas, se a entidade e complexidade das obras que se vaian executar o exixen.
3. No caso de solicitar unha axuda para a liña de actuación II, o concello deberá achegar unha memoria detallada e valorada do equipamento para o cal se solicita a subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.
4. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requiririda para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado da Seguridade Social que acredite o cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.
d) Certificado da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) que acredite non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) que acredite o cumprimento das obrigas tributarias.
f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
g) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Certificación da entidade solicitante (Anexo II)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2023).
-
Extracto da Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2023).
-
Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2023).
-
Extracto da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2023).
-
Resolución do 20 de setembro de 2023, da Subdirección Xeral de Xestión Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (DOG nº 182 do 25 de setembro de 2023).
-
Orde do 9 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido no artigo 16 da Orde 21 de marzo de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (DOG nº 197 do 17 de outubro de 2023).
-
Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se resolven as solicitudes para a concesión de subvencións previstas na Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2023).
-
Resolución do 13 de novembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 17 de outubro de 2023, pola que se resolven as solicitudes para a concesión de subvencións previstas na Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (DOG nº 221 do 21 de novembro de 2023).
-
Resolución do 22 de novembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 17 de outubro de 2023, pola que se resolven as solicitudes para a concesión de subvencións previstas na Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C) (3ª concesión) (DOG nº 225 do 27 de novembro de 2023).
-
Orde do 28 de outubro de 2024 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido no artigo 12 da Orde do 28 de xullo de 2023, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (DOG nº 210 do 30 de outubro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Comunicación para a inscrición no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Prazo pechado: 05/06/2024 00:00 - 04/07/2024 23:59
Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición profesional de Galicia 2019.
Prazo pechado: 30/09/2019 00:00 - 04/10/2019 23:59