Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
DE400C
Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de 1º e 2º máximo nivel estatal de Galicia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A posta en marcha da IV Edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º e 2º Máximo Nivel Estatal de Galicia 2023
Entidades deportivas galegas con rexistro na Secretaría Xeral para o Deporte que na tempada 2022/2023 contaron con equipos deportivos que participaron en competicións femininas de 1º e 2º máximo nivel estatal coas seguintes características:
- Ser de categoría sénior absoluta.
- Estar estrutura por niveis regulados con ascensos e/ou descensos.
- Desenvolta en 7 ou máis xornadas.
- Coa participación no espazo de competición de forma simultánea de 5 ou máis integrantes do mesmo equipo regulamentariamente.
- No caso do 2º máximo nivel, ser de modalidade/especialidade olímpica/paralímpica.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Fundación Deporte Galego
Rúa Madrid, nº 2-4 Edificio EGAP - 2ª andar (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996373
Prazo de presentación: PECHADO
16/06/2023 00:00 - 22/06/2023 23:59
O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 7 días naturais a contar dende a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión.
- Solicitude segundo o Anexo I.
- A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente facilitado pola respectiva Federación Deportiva Galega, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan. A Entidade invitada a tomar parte no procedemento DE400C, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código DE400C.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Anuncio do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de 1º e 2º máximo nivel estatal de Galicia 2023 (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2023).
-
Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º e 2º Máximo Nivel Estatal de Galicia 2023
-
Outros procedementos relacionados
Comunicación para a inscrición no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.
Aberto todo o ano
Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Prazo aberto: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59
Subvencións a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do plan corresponsables a través da realización de actividades de animación socio deportiva.
Prazo aberto: 12/06/2025 00:00 - 11/07/2025 23:59
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano