Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT899A - Premios Emprende Gaiás Sixto Seco.
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar os premios de Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco para o ano 2019. Esta resolución regula o procedemento recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia co código CT899A.
2. Obxecto do concurso:
a) Premiar e impulsar o desenvolvemento de proxectos empresariais viables que creen emprego.
b) Promover a cultura emprendedora na nosa comunidade.
c) Dinamizar e diversificar o tecido empresarial de Galicia.
Candidaturas .
As candidaturas poderán ser presentadas polas persoas solicitantes que opten a estes premios de forma individual ou en equipo.
Premios .
Os premios que se van outorgar á mellor idea emprendedora presentada en cada unha das modalidades consisten en:
A) Dous premios en metálico dotados con tres mil euros (3.000,00 €) cada un [un premio por categoría e proxecto seleccionado]; o proxecto gañador en cada unha das categorías sinaladas no punto 5 recibirá tres mil euros en metálico para o desenvolvemento da idea premiada e diploma acreditativo. Só haberá un premio por categoría, polo que no caso de empate entre varios candidatos na mesma modalidade, o premio en metálico repartirase entre estes gañadores/as.
B) Posibilidade de incorporación gratuíta durante doce meses ao espazo de cotraballo «Centro de Emprendemento Creativo de Galicia» da Cidade da Cultura de Galicia. Se o gañador quixese facer uso desta posibilidade, deberá solicitalo expresamente por escrito nun prazo de trinta días desde o outorgamento do premio; se non o solicitase, enténdese que renuncia a esta parte do galardón, sen que supoña a renuncia total ao premio. En calquera caso, a incorporación ao espazo non é requisito obrigatorio para a aceptación do premio en metálico indicado no parágrafo inmediatamente anterior.
A incorporación gratuíta ao espazo inclúe:
1) Ocupación dun espazo na sección de cotraballo, coas seguintes prestacións: unha mesa de traballo, con conexión á internet, e os seguintes servizos comúns: sala de reunións con internet, wifi, proxector..., despacho para reunións, caixa de correo, servizos de seguridade, videovixilancia e control de accesos, subministración eléctrica, auga, calefacción e servizo de limpeza.
2) Desconto do 50 % en todas as actividades que se realicen na Cidade da Cultura de Galicia.
3) Participación en todas as actividades de formación promovidas de forma gratuíta pola Cidade da Cultura de Galicia de interese para a persoa solicitante.
4) Posibilidade de mostrar produtos promocionais do proxecto gañador escaparate/showroom.
5) Intercambio con outros espazos de cotraballo de ámbito internacional, coas que a Cidade da Cultura de Galicia teña convenio.
No caso de solicitantes da modalidade B «proxecto innovador para o desenvolvemento de proxectos na área do deseño e da creación artística e plástica no ámbito cultural», o espazo cedido só poderá ser empregado para a creación intelectual do deseño, dado que a Cidade da Cultura de Galicia non dispón de instalacións que permitan a execución material dos devanditos procesos.
Será requisito inescusable para a percepción dos premios non ter iniciado unha actividade empresarial e/ou profesional para a posta en funcionamento da «idea emprendedora» premiada a que se refire o artigo 5 das presentes bases, sempre que medien máis de seis meses desde o inicio da dita actividade empresarial e/ou profesional e o momento da adxudicación do premio.
O aboamento do premio realizarase unha vez publicada a resolución definitiva.
Cando o proxecto ou memoria se tivese elaborado por varios promotores, pero a idea emprendedora fora posta en marcha unicamente por unha parte deles, deberá presentarse acta notarial ou declaración responsable na que os promotores que abandonen recoñezan o dereito dos demais á continuación e explotación da empresa, e renuncien a calquera reclamación ou dereito sobre o proxecto ou empresas resultantes.
Calquera emprendedor, persoa física ou xurídica, maior de idade, de calquera nacionalidade.
1. Poderá participar nesta convocatoria calquera emprendedor, persoa física ou xurídica, maior de idade, de calquera nacionalidade, que desexe implantar a súa idea ou desenvolver o seu proxecto dentro do ámbito das industrias culturais e creativas, co fin de converter a idea nunha actividade sustentable.
2. Non poderán participar na convocatoria aquelas persoas solicitantes que teñan iniciado unha actividade empresarial e/ou profesional para a posta en funcionamento da «idea emprendedora» á que se refire o artigo 5 das presentes bases, sempre que medien máis de seis meses desde o inicio da dita actividade empresarial e/ou profesional.
3. Non ter o carácter de persoa incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da devandita lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia
Gaiás - Cidade da Cultura de Galicia-Edificio CINC, terceiro andar (Monte Gaiás)
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997567
Fax: 881997577
Email: cidade.cultura@xunta.es
Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia
Orde do 12 de setembro de 2019 pola que se autoriza a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para convocar os premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco, de conformidade coas bases reguladoras establecidas para a súa convocatoria (DOG nº 182 do 25 de setembro de 2019).
Extracto do Anuncio polo que se convocan os premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
05/10/2019 00:00 - 04/11/2019 23:59
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se fose festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, excepto para os suxeitos indicados no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, posto que, neste caso, a presentación de solicitudes por vía electrónica é obrigatoria.
- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no Rexistro da Fundación Cidade da Cultura de Galicia ou poderán enviar por correo postal ou mensaxería ao seguinte enderezo: Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Cinc, terceiro andar, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
- Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente no rexistro da Fundación Cidade da Cultura de Galicia situado na Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Cinc, terceiro andar, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), ou por correo postal ou mensaxería á mesma dirección.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- 1. Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (anexo II).
- 2. Memoria da idea emprendedora (anexo III).
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude indicados no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedimento administrativo común das administracións públicas. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no Rexistro da Fundación Cidade da Cultura de Galicia ou por correo postal ou mensaxaría ao seguinte enderezo: Fundación Cidade da Cultura de Galicia ubicado na Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Cinc, terceiro andar, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
- Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se a persoa solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través do rexistro da Fundación. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- Despois de comprobar que as persoas solicitantes cumpren os requisitos, a relación das inscricións admitidas comunicaranse individualmente ás persoas solicitantes.
- Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
1) Anexo I:
1º. DNI ou NIE da persoa solicitante.
2º. DNI ou NIE da persoa representante.
3º. NIF da entidade representante.
4º. Títulos universitarios da persoa solicitante.
5º. Títulos non universitarios da persoa solicitante.
6º. Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria respecto da persoa solicitante.
7º. Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social respecto da persoa solicitante.
8º. Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia respecto da persoa solicitante.
2) Anexo II:
1º. DNI ou NIE de terceiras persoas interesadas.
2º. Títulos universitarios de terceiras persoas interesadas.
3º. Títulos non universitarios de terceiras persoas interesadas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos. Igualmente, no caso de que as terceiras persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario anexo II e achegar unha copia dos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderanse solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"