Guía de procedementos e servizos

CT404E

Modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais, Entidades locais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 22/03/2024 00:00 - 22/04/2024 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e convocalas para o ano 2024.

Establécense dúas categorías de persoas beneficiarias desta convocatoria:

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarias ou posuidoras de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Os gastos subvencionables unicamente serán os que determinan as bases reguladoras no seu artigo 5. Polo que de ter cuberto o punto 8 do Anexo IV, non serán tidos en conta.

Prazo de presentación: PECHADO

22/03/2024 00:00 - 22/04/2024 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

De acordo co artigo 1 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non se atopaban en crise no momento do estudo das solicitudes presentadas tras o remate do prazo da súa presentación, circunstancia que será comprobada pola Agadic.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións:

a) As asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

b) As persoas ou entidades públicas ou privadas en que concorran algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, que figura no anexo II.

3. As persoas solicitantes para poder ser consideradas beneficiarias, ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a organización ou desenvolvemento de espectáculos de artes escénicas ou musicais no suposto de persoas xurídicas ou estar dado de alta na epígrafe do IAE correspondente con esta actividade no caso da persoa física autónoma.

b) Documentación acreditativa da propiedade do inmoble, arrendamento ou calquera outro título válido en dereito de dispoñibilidade do espazo escénico ou musical sobre o que se vai realizar o investimento da axuda solicitada.

c) Dispor da licenza de actividade adecuada á actividade escénica ou musical que habilite o espazo para o desenvolvemento da súa actividade aberta ao público.

d) Cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes.

a) Contar cun establecemento en propiedade ou ser arrendatario ou posuír calquera outro título de dispoñibilidade do espazo escénico ou musical, na Comunidade Autónoma de Galicia, habilitado para o desenvolvemento da actividade escénica musical profesional aberta ao público. Quedan excluídos espazos como pavillóns polideportivos, salóns de conferencias ou espazos similares que non reúnan as condicións necesarias para o desenvolvemento da actividade profesional.

b) A Administración local deberá ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das últimas contas xerais que correspondan. E, no suposto de agrupacións ou asociacións de concellos, deberán cumprir con este requisito todos eles.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa súa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a firme en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.1.4. Declaración de axudas (anexo V).

1.1.5. Alta no IAE (no caso de persoas físicas autónomas), nunha epígrafe relacionada coa a organización ou desenvolvemento de espectáculos de artes escénicas ou musicais.

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto (anexo III). A memoria deberá indicar o nome do espazo, incluída a lista de material técnico existente, non poderá superar as 10 follas de extensión e deberá conter como máximo 3.500 palabras.

1.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV).

1.2.3. Licencia municipal do espazo escénico ou musical.

1.2.4. Documentación acreditativa da capacidade permitida no espazo.

1.2.5. Documentación acreditativa do total de actuacións profesionais realizadas no espazo nos últimos tres anos.

1.2.6. Documentación acreditativa do volume de contratación estable ou temporal en nómina entre o 31 de decembro de 2022 e a data de publicación desta convocatoria.

1.2.7. Copia da escritura de propiedade, contrato de alugueiro ou outros documentos válidos en dereito que amose a dispoñibilidade do espazo por parte da persoa solicitante. O contrato de alugueiro ou outro documento válido en dereito deberá ter unha vixencia de polo menos tres anos contados a partir da data de finalización da xustificación da subvención.

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes.

2.1. Documentación administrativa:

2.1.1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa responsable da secretaría da entidade, ou cargo asimilable, en que se faga constar o acordo adoptado polo órgano competente para solicitar a subvención.

2.1.2. Normas de creación e estatutos de constitución, no suposto de entidades do sector público.

2.1.3. Acreditación do cumprimento de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio que corresponda no suposto de entidades locais.

2.1.4. No suposto de entidades do sector público, a rendición de contas anuais ante o seu órgano de goberno.

2.2. Documentación específica:

2.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto (anexo III). A memoria deberá indicar o nome do espazo, incluída a lista de material técnico existente, non poderá superar as 10 follas de extensión e deberá conter como máximo 3.500 palabras.

2.2.2. Documentación acreditativa da capacidade permitida no espazo.

2.2.3. Documentación acreditativa do total de actuacións profesionais realizas no espazo nos últimos tres anos.

2.2.4. Documentación acreditativa do persoal e/ou das empresas de servizos contratadas desde o 31 de decembro de 2022 ata a data de publicación desta convocatoria.

2.2.5. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV).

2.2.6. Certificado do secretario ou cargo asimilable da entidade solicitante en que manifeste a propiedade do inmoble onde se vai realizar o investimento ou, de ser o caso, da documentación que acredite a súa dispoñibilidade, que deberá estar vixente polo menos tres anos a partir da data final de xustificación da subvención.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 58 do 21 de marzo de 2024).

    • Extracto da Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 58 do 21 de marzo de 2024).

    • Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2024 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2025).

    • Corrección de erros. Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2024 (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2025).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT115A

Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT116A

Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano