Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT403E - Axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área de artes plásticas e visuais
Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais e, por outra, a convocatoria destas axudas para o ano 2020. Código de procedemento CT403E
A finalidade da axuda é a realización de actividades de creación-produción ou de investigación no ámbito das Artes Plásticas e Visuais, en ambos os casos cunha finalidade expositiva e divulgativa do traballo artístico realizado.
Para estas axudas, tal como recolle o artigo 3.2 do Regulamento 1407/2013 relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, o importe total concedido a unha única empresa non superará os 200.000 euros durante calquera período dos tres últimos exercicios fiscais.
Modalidades subvencionables
1. Será susceptible de subvención ao abeiro desta orde a realización de proxectos no campo das Artes Plásticas e Visuais, nalgunha das seguintes modalidades:
a) Creación-produción de obra artística cun fin expositivo.
Entenderase, para os efectos desta convocatoria, como obra artística: pintura, escultura, instalacións, videocreación ou fotografía, podendo empregar calquera técnica mixta con total liberdade técnica e formal.
b) Investigación artística, histórica, arqueolóxica ou etnolóxica con fin expositivo.
Entenderase, para os efectos desta convocatoria, nesta modalidade, a realización dun proxecto de investigación con fin expositivo que conteña: obxectivos, formulación teórica, concepto e mensaxe que se vai transmitir e principais valores e contidos e organización destes (temática, cronolóxica, funcional, técnica…); esquema organizativo do discurso en áreas, unidades temáticas ou seccións, relación de pezas para expoñer asociadas a cada área ou sección segundo o esquema organizativo con localización e identificación dos prestadores, datos identificativos e documentación gráfica de cada unha delas; proposta de elementos museográficos de apoio para información complementaria, no seu caso; programa didáctico e divulgativo asociado ao proxecto, material promocional, etc.
2. Non serán subvencionables os proxectos encamiñados á obtención dunha titulación académica.
Poderán solicitar subvencións con cargo a esta orde as persoas físicas ou xurídico privadas, que ademais de desenvolver profesionalmente algunha das actividades previstas no artigo 5 e de facelo maioritariamente en Galicia, cumpran os requisitos previstos nesta orde.
Obrigas das persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias desta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en concreto, estarán obrigadas a:
1. Destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o cal fosen concedidos. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución das axudas.
2. Facer constar en toda a publicidade xerada polo proxecto subvencionado que recibiron unha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, utilizando a normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.
3. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
4. As persoas beneficiarias deberán dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.
Non poderán acceder ás subvencións previstas nesta orde as entidades públicas nin as privadas cuxo capital, patrimonio fundacional ou participación nos órganos de goberno ou de dirección sexa maioritariamente pública.
Non se poderán beneficiar das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura s/n
Teléfono: 981545934
Dirección Xeral de Cultura
Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 192 do 22 de setembro de 2020).
Extracto da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 192 do 22 de setembro de 2020).
Orde do 28 de setembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 11 de setembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das artes plásticas e visuais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 201 do 5 de outubro de 2020)
Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 11 de setembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das artes plásticas e visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 247 do 9 de decembro de 2020).
Resolución do 21 de decembro de 2020 pola que se procede á publicación da relación das/dos beneficiarias/os e do importe das axudas concedidas en virtude da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 262 do 31 de decembro de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
23/09/2020 00:00 - 23/10/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
1. Só se admitirá unha solicitude por persoa beneficiaria, que se presentará conforme ao modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de modo presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos de forma separada da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados en formato electrónico accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:
1. Documentación relativa á persoa solicitante:
a) No caso de persoas xurídicas, escritura de constitución e estatutos, así como acreditación da súa inscrición nos rexistros públicos correspondentes.
b) Copia do último recibo do pagamento do imposto de actividades económicas ou do certificado de exención do pagamento do imposto de actividades económicas ou declaración responsable de exención do pagamento do imposto de actividades económicas.
c) De ser o caso, documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
d) As empresas, de telas recibido, deberán achegar declaración das axudas de minimis recibidas durante os dous anos anteriores e o ano en curso, segundo figura no anexo I. As subvencións que se concedan a entidades empresariais están sometidas ao réxime de minimis conforme o previsto no Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión de 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (Diario Oficial núm. L 351/1, do 24.12.2013) que establecen que ningunha empresa poderá ser beneficiaria dun conxunto de axudas que superen os 200.000 euros nos tres últimos exercicios fiscais.
e) Currículo da persoa creadora ou investigadora (que non poderá superar unha cara dun folio de extensión) e traxectoria profesional coas actividades realizadas nos cinco últimos anos segundo o modelo do anexo II.
Indicaranse os proxectos realizados, exposicións individuais e colectivas nos que teñan participado, con indicación de título, lugar e datas e documentación acreditativa destes.
f) Declaración responsable onde conste que o proxecto obxecto da subvención é de autoría propia, inédita e non premiado nin subvencionado con anterioridade, segundo modelo que figura como anexo III.
2. Documentación relativa ao proxecto.
a) Documentación acreditativa de ter asinado, no momento da solicitude, contrato, invitación ou compromiso para a/as exposición/s do obxecto subvencionado por parte do equipamento cultural que corresponda, ben en museos ou centros especializados na exposición de arte, ou ben en galerías de arte, centros culturais e noutros espazos de carácter expositivo.
b) Ficha resumo do proxecto segundo o modelo que figura como anexo IV da convocatoria.
c) Memoria detallada da actividade (anexo V), que deberá incluír unha descrición en profundidade na que se indicará o/os obxectivo/s para alcanzar (que se quere realizar), así como as accións concretas para levalos a cabo.
No caso de proxecto de investigación con fin expositivo, deberá conter ademais os aspectos relacionados no número 5.1.b) desta convocatoria.
d) Orzamento desagregado e detallado do proxecto que inclúa previsión de gastos e ingresos previstos así como a cantidade que se solicita, segundo o anexo VI.
e) Relación doutras solicitudes de subvención instadas para o mesmo obxecto e situación na que se atopan, segundo figura no anexo I.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
e) Estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.
f) Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
g) Alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. De forma excepcional, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"