Guía de procedementos e servizos

CT403E

Axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área de artes plásticas e visuais

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 23/09/2020 00:00 - 23/10/2020 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais e, por outra, a convocatoria destas axudas para o ano 2020. Código de procedemento CT403E

A finalidade da axuda é a realización de actividades de creación-produción ou de investigación no ámbito das Artes Plásticas e Visuais, en ambos os casos cunha finalidade expositiva e divulgativa do traballo artístico realizado.

Para estas axudas, tal como recolle o artigo 3.2 do Regulamento 1407/2013 relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, o importe total concedido a unha única empresa non superará os 200.000 euros durante calquera período dos tres últimos exercicios fiscais.

Modalidades subvencionables

1. Será susceptible de subvención ao abeiro desta orde a realización de proxectos no campo das Artes Plásticas e Visuais, nalgunha das seguintes modalidades:

a) Creación-produción de obra artística cun fin expositivo.

Entenderase, para os efectos desta convocatoria, como obra artística: pintura, escultura, instalacións, videocreación ou fotografía, podendo empregar calquera técnica mixta con total liberdade técnica e formal.

b) Investigación artística, histórica, arqueolóxica ou etnolóxica con fin expositivo.

Entenderase, para os efectos desta convocatoria, nesta modalidade, a realización dun proxecto de investigación con fin expositivo que conteña: obxectivos, formulación teórica, concepto e mensaxe que se vai transmitir e principais valores e contidos e organización destes (temática, cronolóxica, funcional, técnica…); esquema organizativo do discurso en áreas, unidades temáticas ou seccións, relación de pezas para expoñer asociadas a cada área ou sección segundo o esquema organizativo con localización e identificación dos prestadores, datos identificativos e documentación gráfica de cada unha delas; proposta de elementos museográficos de apoio para información complementaria, no seu caso; programa didáctico e divulgativo asociado ao proxecto, material promocional, etc.

2. Non serán subvencionables os proxectos encamiñados á obtención dunha titulación académica.

Poderán solicitar subvencións con cargo a esta orde as persoas físicas ou xurídico privadas, que ademais de desenvolver profesionalmente algunha das actividades previstas no artigo 5 e de facelo maioritariamente en Galicia, cumpran os requisitos previstos nesta orde.

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias desta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en concreto, estarán obrigadas a:

1. Destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o cal fosen concedidos. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución das axudas.

2. Facer constar en toda a publicidade xerada polo proxecto subvencionado que recibiron unha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, utilizando a normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

3. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

4. As persoas beneficiarias deberán dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos

Edificio Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura s/n

Teléfono: 981545934

Dirección Xeral de Cultura

Prazo de presentación: PECHADO

23/09/2020 00:00 - 23/10/2020 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Non poderán acceder ás subvencións previstas nesta orde as entidades públicas nin as privadas cuxo capital, patrimonio fundacional ou participación nos órganos de goberno ou de dirección sexa maioritariamente pública.

Non se poderán beneficiar das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

1. Só se admitirá unha solicitude por persoa beneficiaria, que se presentará conforme ao modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de modo presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos de forma separada da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados en formato electrónico accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

1. Documentación relativa á persoa solicitante:

a) No caso de persoas xurídicas, escritura de constitución e estatutos, así como acreditación da súa inscrición nos rexistros públicos correspondentes.

b) Copia do último recibo do pagamento do imposto de actividades económicas ou do certificado de exención do pagamento do imposto de actividades económicas ou declaración responsable de exención do pagamento do imposto de actividades económicas.

c) De ser o caso, documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

d) As empresas, de telas recibido, deberán achegar declaración das axudas de minimis recibidas durante os dous anos anteriores e o ano en curso, segundo figura no anexo I. As subvencións que se concedan a entidades empresariais están sometidas ao réxime de minimis conforme o previsto no Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión de 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (Diario Oficial núm. L 351/1, do 24.12.2013) que establecen que ningunha empresa poderá ser beneficiaria dun conxunto de axudas que superen os 200.000 euros nos tres últimos exercicios fiscais.

e) Currículo da persoa creadora ou investigadora (que non poderá superar unha cara dun folio de extensión) e traxectoria profesional coas actividades realizadas nos cinco últimos anos segundo o modelo do anexo II.

Indicaranse os proxectos realizados, exposicións individuais e colectivas nos que teñan participado, con indicación de título, lugar e datas e documentación acreditativa destes.

f) Declaración responsable onde conste que o proxecto obxecto da subvención é de autoría propia, inédita e non premiado nin subvencionado con anterioridade, segundo modelo que figura como anexo III.

2. Documentación relativa ao proxecto.

a) Documentación acreditativa de ter asinado, no momento da solicitude, contrato, invitación ou compromiso para a/as exposición/s do obxecto subvencionado por parte do equipamento cultural que corresponda, ben en museos ou centros especializados na exposición de arte, ou ben en galerías de arte, centros culturais e noutros espazos de carácter expositivo.

b) Ficha resumo do proxecto segundo o modelo que figura como anexo IV da convocatoria.

c) Memoria detallada da actividade (anexo V), que deberá incluír unha descrición en profundidade na que se indicará o/os obxectivo/s para alcanzar (que se quere realizar), así como as accións concretas para levalos a cabo.

No caso de proxecto de investigación con fin expositivo, deberá conter ademais os aspectos relacionados no número 5.1.b) desta convocatoria.

d) Orzamento desagregado e detallado do proxecto que inclúa previsión de gastos e ingresos previstos así como a cantidade que se solicita, segundo o anexo VI.

e) Relación doutras solicitudes de subvención instadas para o mesmo obxecto e situación na que se atopan, segundo figura no anexo I.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) NIF da entidade solicitante.

d) Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

e) Estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.

f) Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

g) Alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. De forma excepcional, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores  á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses 

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 192 do 22 de setembro de 2020).

    • Extracto da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 192 do 22 de setembro de 2020).

    • Orde do 28 de setembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 11 de setembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das artes plásticas e visuais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 201 do 5 de outubro de 2020)

    • Orde do 3 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 11 de setembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das artes plásticas e visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 247 do 9 de decembro de 2020).

    • Resolución do 21 de decembro de 2020 pola que se procede á publicación da relación das/dos beneficiarias/os e do importe das axudas concedidas en virtude da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao fomento de actividades de creación-produción ou investigación con fins expositivos na área das Artes Plásticas e Visuais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 262 do 31 de decembro de 2020).

Outros procedementos relacionados

CT402C

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/02/2025 09:00 - 21/08/2025 14:00

CT404D

Subvencións para a Comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializado e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 06/02/2025 00:00 - 03/11/2025 23:59

CT402D

Subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 21/11/2024 00:00 - 20/12/2024 23:59

CT402F

Subvencións á produción fonográfica.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 08/10/2021 00:00 - 08/11/2021 23:59