Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT403D
Subvencións ao impulso do sector escénico galego
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic de apoio ao sector escénico, dentro do marco das competencias deste organismo, a través de distintas liñas de subvención, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.
Modalidades
Modalidade 1: subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada, cunha dotación máxima de 100.000 euros.
Modalidade 2: subvencións ao sector escénico no ámbito da danza e artes en movemento, cunha dotación máxima de 100.000 euros.
Modalidade 3: subvencións ao sector escénico no ámbito do teatro, novo circo e maxia, cunha dotación máxima de 300.000 euros
Gastos subvencionables
Son gastos subvencionables os relativos ao desenvolvemento do proxecto conforme o plan económico financeiro presentado.
Modalidade 1:
1) Gastos de persoal artístico contratado por obra ou servizo asociado ao proxecto.
2) Gastos de persoal fixo incluídos no proxecto (admitiranse as nóminas do persoal fixo, así como gastos das persoas socias da empresa por un período máximo de catro meses (máximo 60 % do total do proxecto).
3) Gastos de alugueiro de equipamento técnico e servizos de produción técnica asociados.
4) Gastos xerais de mantemento e xestión durante un período máximo de catro meses (luz, auga, teléfono, seguros) (máximo 7 % do total do proxecto).
5) Gastos de promoción e publicidade, de acordo co orzamento presentado (máximo, 15 % do proxecto).
6) Gastos do rexistro documental do proxecto relativos a gravación, elaboración de textos, etc. (máximo 15 % do total do proxecto).
7) Alugueiro dos locais de ensaio (máximo tres meses). Até un 15 % do proxecto. Máximo 2.000 € por mes de aluguer.
8) Gastos derivados das residencias, exhibición e outras actividades contidas no proxecto (cachés, actividades de consultoría e servizos análogos).
9) Axudas de custo, transporte e/ou outras indemnizacións, conforme as tarifas máximas establecidas no convenio colectivo de actores e actrices de Galicia (máximo 10 % do total do proxecto).
Modalidades 2 e 3:
1) Gastos de persoal artístico contratado por obra ou servizo asociado ao proxecto.
2) Gastos de persoal fixo incluídos no proxecto (admitiranse as nóminas do persoal fixo, así como gastos das persoas socias da empresa por un período máximo de catro meses (máximo 60 % do total do proxecto).
3) Gastos de aluguer de equipamento técnico e servizos de produción técnica asociados.
4) Gastos xerais de mantemento e xestión durante un período máximo de catro meses (luz, auga, teléfono, seguros) (máximo 7 % do total do proxecto).
5) Gastos de promoción e publicidade, de acordo co orzamento presentado (máximo, 15 % do proxecto).
6) Gastos do rexistro documental do proxecto relativos a gravación, elaboración de textos etc. (máximo 15 % do total do proxecto).
7) Alugueiro dos locais de ensaio (máximo un mes). Ata un 15 % do proxecto (máximo 2.000 € por mes de aluguer).
8) Gastos derivados das residencias, exhibición e outras actividades contidas no proxecto (cachés, actividades de consultoría e outros servizos análogos).
9) Axudas de custo, transporte e/ou outras indemnizacións, conforme as tarifas máximas establecidas no convenio colectivo de actores e actrices de Galicia (máximo 10 % do total do proxecto).
Admitiranse desviacións ata un máximo do 20 %, debidamente motivadas, entre as diferentes partidas de gasto.
4. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas segundo as distintas modalidades:
Modalidade 1: persoas físicas (autónomas) ou xurídicas dedicadas profesionalmente á xestión de salas de artes escénicas de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia con capacidade igual ou inferior a 150 localidades.
Modalidades 2 e 3: persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.
Obrigas dos beneficiarios
1. Os beneficiarios destas axudas adquiren as obrigas que se reflicten nesta resolución e no resto da normativa de aplicación e as que se relacionan a seguir:
– Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da Administración estatal ou da Unión Europea, aos cales se facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento, e conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control e de conformidade co procedemento recollido nos artigos 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
– Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
– Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, tanto nos actos públicos coma no material de difusión que se elabore, comprometéndose a facer mención expresa da colaboración da Xunta de Galicia no desenvolvemento das actividades subvencionadas. O beneficiario comprométese a utilizar en todo o material de difusión que realice a imaxe corporativa do Xacobeo 2021 e a da Xunta de Galicia, seguindo as normas respectivas en materia de identidade corporativa, marcas que deben ser descargadas do web da Xunta de Galicia: https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal e https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/xacobeo-2021 respectivamente.
2. O incumprimento dos anteriores deberes previstos e obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á exixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da indicada Lei galega 9/2007, sen prexuízo do disposto na cláusula décimo sétima destas bases.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura. Monte Gaiás
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Prazo de presentación: PECHADO
27/08/2020 00:00 - 28/09/2020 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:
– Modalidade 1: subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada, cunha dotación máxima de 100.000 euros.
O obxecto desta modalidade é a realización de residencias artísticas na sala. O proxecto deberá conter un mínimo de dúas e un máximo de catro residencias artísticas, cunha duración mínima de cinco días e máxima de dez (10) días por cada unha. O proxecto será plurianual e desenvolverase nas anualidades 2020 e 2021.
– Modalidade 2: subvencións ao sector escénico no ámbito da danza e artes en movemento, cunha dotación máxima de 100.000 euros.
O obxecto é a reactivación de espectáculos de danza xa producidos a través da realización de residencias artísticas dunha duración mínima de cinco días e máxima de dez. O proxecto será plurianual (2020/2021) e deberá conter, como mínimo:
• Unha actividade de exhibición resultado da residencia ou unha actividade de mediación na localidade onde se realice a residencia.
• Un plan de documentación do desenvolvemento de todo o proceso.
– Modalidade 3: subvencións ao sector escénico no ámbito do teatro, novo circo e maxia, cunha dotación máxima de 300.000 euros.
O obxecto é a reactivación de espectáculos de teatro, novo circo e maxia xa producidos a través da realización de residencias artísticas dunha duración mínima de cinco días e máxima de dez. O proxecto será plurianual (2020/2021) e deberá conter, como mínimo:
• Unha actividade de exhibición resultado da residencia ou unha actividade de mediación na localidade onde se realice a residencia.
• Un plan de documentación do desenvolvemento de todo o proceso.
En calquera das modalidades o proxecto deberá iniciarase no exercicio 2020 e finalizarse no exercicio 2021.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de forma presencial, será requirida, para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Estas bases, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no enderezo web https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).
3. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de forma electronica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. Ademais da solicitude (anexo I), as persoas interesadas presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:
– Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.
– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
No suposto de sociedades civís e comunidades de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, deberán nomear un representante ou apoderado legal único da agrupación, con poder bastante para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, corresponden á agrupación (deberán facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda e deberán, igualmente, facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se lle aplicará a cada un).
Así mesmo, deberáselles exixir a este tipo de agrupacións sen personalidade xurídica propia o compromiso de non disolución ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación específica:
2.1. Modalidade 1:
A. Memoria do proxecto que inclúa os seguintes puntos:
A.1. Descrición de cada unha das residencias artísticas propostas.
A.2. Duración das residencias, coa indicación dos meses en que se van desenvolver.
A.3. Actividades previstas para a presentación ao público.
A.4. Viabilidade técnica e económica do proxecto proposto tendo en conta o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen.
A.5. Repercusión do proxecto na creación e fomento de públicos para as artes escénicas.
B. Ficha do proxecto (anexo II).
C. Plan económico financeiro (anexo IV).
D. Copia de escritura, contrato de aluguer ou calquera documento válido en dereito que acredite a dispoñibilidade da sala.
E. Licenza de apertura da sala.
F. Declaración responsable de que os datos recollidos no anexo II son veraces.
2.2. Modalidades 2 e 3:
A. Memoria do proxecto que inclúa os seguintes puntos:
A.1. Descrición de cada unha das residencias artísticas propostas.
A.2. Duración das residencias, coa indicación dos meses en que se van desenvolver.
A.3. Actividades previstas para a presentación ao público.
A.4. Viabilidade técnica e económica do proxecto proposto tendo en conta o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen.
A.5. Repercusión do proxecto na creación e fomento de públicos para as artes escénicas.
B. Ficha do proxecto (anexo III).
C. Plan económico financeiro (anexo IV).
D. Declaración responsable de que os datos recollidos no anexo III son veraces.
3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. A documentación complementaria deberá presentarse por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación do procedemento destas axudas consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– DNI/NIE da persoa solicitante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitee a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase xustificación
- Memoria económica (Anexo V)
- Declaración de axudas (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 21 de agosto de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ao impulso do sector escénico galego, e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 172 dp 26 de agosto de 2020).
-
Extracto da Resolución do 21 de agosto de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ao impulso do sector escénico galego, e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 172 do 26 de agosto de 2020).
-
Resolución do 5 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2020.(DOG núm. 12 do 20 de xaneiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano