Guía de procedementos e servizos

CT403B

Subvencións á creación escénica.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 16/05/2020 00:00 - 04/06/2020 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da produción da actividade escénica, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020. (código de procedemento CT403B).

A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica en calquera disciplina artística.

As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

– Modalidade 1: subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación, cunha dotación máxima de 70.000 euros.

– Modalidade 2: subvencións á creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia, cunha dotación máxima de 430.000 euros.

– Modalidade 3: subvencións á creación escénica no ámbito danza e artes do movemento, cunha dotación máxima de 100.000 euros.

No caso das modalidades 1, 2 e 3 a estrea deberá ser entre o 1 de abril de 2020 e o 31 de marzo de 2021.

– Modalidade 4: subvencións á actividade escénica de carácter trianual, cunha dotación máxima de 200.000 euros. Estas axudas van dirixidas a subvencionar, como máximo, dous proxectos escénicos que se desenvolveran durante os anos 2020-2022. Os proxectos deberán conter polo menos unha produción con data de estrea entre o 1 de abril de 2020 e o 1 de xaneiro de 2022 e un plan de xira de 70 funcións que consideren tanto o mercado galego como o exterior.

En todo caso, en calquera das modalidades a produción deberá iniciarse no exercicio 2020.

1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

No suposto da modalidade 1 (subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación), ademais, deberanse cumprir os seguintes requisitos:

– O equipo artístico debe estar integrado, como mínimo nun 50 %, por persoas nacidas a partir do ano 1985, inclusive. Enténdese por equipo artístico: elenco, dirección, deseño de espazo escénico, deseño de luz, deseño de espazo sonoro e deseño de vestiario.

– Antigüidade da compañía non superior aos cinco anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizaranse desde a primeira data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

No suposto da modalidade 4 (subvencións á actividade escénica de carácter trianual) deberanse cumprir os seguintes requisitos:

– Contar cunha actividade empresarial sen interrupción nos últimos 10 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizaranse desde a primeira data da alta no IAE na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

– Facturación media dos tres últimos anos de 100.000 euros como mínimo.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077 / 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Prazo de presentación: PECHADO

21/02/2020 00:00 - 20/03/2020 23:59

16/05/2020 00:00 - 04/06/2020 23:59

Continuar o prazo de presentación de solicitudes por un período de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, resultando ampliado o prazo de presentación de solicitudes regulado na base quinta da citada resolución.

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo es inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Estas bases, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no seguinte enderezo web https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Ademais da solicitude (anexo I), as persoas interesadas presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

– Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

No suposto de sociedades civís e comunidades de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia deberán nomear un representante ou apoderado legal único da agrupación, con poder bastante para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á agrupación (deberán facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda e deberán, igualmente, facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se lle aplicará a cada un).

Así mesmo, deberáselles exixir a este tipo de agrupacións sen personalidade xurídica propia o compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación complementaria:

2.1. Para as modalidades 1, 2, 3 e 4:

2.1.1. Memoria do proxecto que inclúa separadamente o tratamento, por parte das persoas solicitantes, dos seguintes puntos:

2.1.1.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.

2.1.1.2. Estratexias de difusión e promoción do proxecto.

2.1.1.3. Repercusión do proxecto na creación e fomento de públicos para as artes escénicas.

2.1.1.4. Viabilidade técnica e económica do proxecto proposto tendo en conta especialmente o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen.

2.1.1.5. Memoria de dirección que recolla todos os recursos relativos á posta en escena do espectáculo e inclúa o currículo de actores e actrices e traballo actoral e coreográfico, escenografía, vestiario ou outros aspectos plásticos, iluminación, música, así como calquera outro aspecto creativo que se considere.

2.1.2. Certificación acreditativa da titularidade dos dereitos de autor. Nun primeiro momento (e durante o trámite de presentación da solicitude da subvención), poderase achegar unicamente a acreditación da súa solicitude. Non obstante, a dita titularidade deberase acreditar con anterioridade ao aboamento da subvención.

2.1.3. Memoria da empresa (anexo II).

2.1.4. Memoria das actividades realizadas pola compañía (anexo III). Non se terán en conta os espectáculos ou funcións non recollidos no anexo.

2.1.5. Ficha de produción (anexo IV).

2.1.6. Historial do/da director/a (anexo V). Só se terán en conta os méritos que xunten a debida acreditación.

2.1.7. Plan económico financeiro (anexo VI).

2.1.8. Compromiso de contratación das persoas integrantes do equipo artístico, asinado tanto pola empresa como pola persoa traballadora, coa declaración expresa de non participación en máis de tres proxectos escénicos e cos salarios referidos ao convenio en vigor (anexo VII).

2.1.9. Acreditación documental da memoria das actividades realizadas do anexo III e do historial do director do anexo V.

2.2. Ademais, para a modalidade 1:

2.2.1. Declaración responsable de que o equipo artístico (elenco, dirección, deseño de espazo escénico, deseño de luz, deseño de espazo sonoro e deseño de vestiario) está integrado, como mínimo nun 50 %, por persoas nacidas a partir do ano 1985, inclusive.

2.3. Ademais, para a modalidade 4:

2.3.1. Declaración responsable do compromiso de realización de, como mínimo, 70 funcións, sendo polo menos 15 delas do/das espectáculo/s presentado/s a esta modalidade.

Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que vaia presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento destas axudas consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 12 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación do procedemento regulado pola Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 94 do 15 de maio de 2020).

    • Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 35 do 20 de febreiro de 2020).

    • Extracto da Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 35 do 20 de febreiro de 2020).

    • Resolución do 5 de agosto de 2020 pola que se amplía o prazo de estrea e de xustificación das modalidades 1, 2 e 3 das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica, e se convocan para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 35, do 20 de febreiro). (DOG núm. 163, do 14 de agosto de 2020)

    • Resolución do 5 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2020.(DOG núm. 12 do 20 de xaneiro de 2021).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano