Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT402D
Subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional, das salas de artes escénicas de titularidade privada e así fomentar a súa estabilidade e consolidación e aprobar a convocatoria para o ano 2021.
Gastos subvencionables.
1. Considéranse gastos subvencionables os necesarios para o desenvolvemento do proxecto e que se realicen entre 1 de novembro do ano 2020 ata o 31 de outubro do ano 2021. Terán a consideración de gastos subvencionables:
1.1. Gastos que de forma indubidable estean vinculados á programación tales como (remuneracións por espectáculo, gastos por servizos asociados á programación, dereitos de autor, gastos de difusión e publicidade) e cando a situación sanitaria non permita a realización de representacións con público, estas poderanse realizarse en streaming, coa condición de que se efectúen desde a propia sala e permitindo o acceso ao público a través de plataformas en liña, os gastos vinculados ás representacións en streaming.
Tamén se incluirán neste punto gastos relativos á contratación de persoal especialmente vinculado ao proxecto.
1.2. O 10 % de custos indirectos, tales como alugueiros, subministracións, gastos correntes e de servizos, gastos financeiros, de xestoría e seguros recollidos no artigo 29 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
De conformidade co punto 9 do citado artigo os custos indirectos sempre que sexan imputados polo beneficiario á actividade subvencionada farase de conformidade cos principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.
2. Non serán subvencionables os gastos relativos a:
2.1. Aos xuros debedores das contas bancarias.
2.2. Ao imposto sobre o valor engadido, así como aos impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.
2.3. A calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto da subvención.
3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
4. En canto á subcontratación haberá que aterse ao disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As persoas físicas (autónomas) e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 150 localidades.
Obrigas específicas dos beneficiarios.
As persoas beneficiarias das subvencións adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da presente convocatoria:
a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada, de conformidade co proxecto presentado ou, se é o caso, ao modificado coa autorización da Agadic.
b) Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, aos cales se facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento, e conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control e de conformidade co procedemento recollido nos artigos 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
c) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Facer constar na súa publicidade, incluída a realizada a través de páxinas web, ou na información que xeren en relación ao proxecto subvencionado, o financiamento dos seus proxectos pola Xunta de Galicia a través da Axencia galega das Industrias Culturais. Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta do beneficiario.
Así mesmo, farase constar a marca Xacobeo 2021, da cordo co manual de identidade, aprobado polo Decreto 167/2018, do 28 de novembro, polo que se regula a utilización da marca Xacobeo 2021 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2019).
e) Inscribir a programación da sala na plataforma de xestión www.galescena.gal, nos prazos establecidos pola Axencia.
f) Cumprir coas esixencias establecidas e publicadas na páxina web da Agadic en canto ao funcionamento e programación da Rede Galega de Salas dado que como beneficiarios destas axudas conformarán a Rede Galega de Salas (RGS).
2. O incumprimento dos anteriores deberes previstos e obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á esixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da indicada Lei galega 9/2007, sen prexuízo do disposto na cláusula décimo sétima destas bases.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais
Departamento de xestión
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996070
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
11/03/2021 00:00 - 12/04/2021 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Poderán acceder as axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 150 localidades, que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2021, debendo probar a dispoñibilidade da sala mediante copia de escritura, contrato de alugueiro ou calquera documento válido en dereito, así como estar en posesión da licenza de apertura para a cal solicita a axuda e que realizaran un mínimo de 30 representacións no ano 2020.
2. Poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades enumeradas no parágrafo anterior que se atopen na situación que fundamenta a concesión da subvención e concorran as circunstancias previstas na presente convocatoria.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estar incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
4. Exclúense salas cuxa titularidade pertenza a asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. Ademais da solicitude (anexo I) as persoas interesadas nesta subvención presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:
1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
2. As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación específica:
2.1. Ficha do proxecto de programación (anexo II).
2.2. Plan económico financeiro (anexo III).
2.3. Plan de comunicación e xestión de públicos coa explicación detallada dos obxectivos, das accións previstas para a fidelización de público e as accións previstas para a formación e captación de novos públicos.
2.4. Escritura de propiedade, contrato de aluguer ou outros documentos válidos en dereito que amose a dispoñibilidade da sala por parte do solicitante.
2.5. Licenza de apertura do espazo.
2.6. Contratos laborais do persoal vinculado ao proxecto.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes conrporativas corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maniera motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica, superase os tamaños máximos establecidos ou tiverase un formato non admitido pola sede electrónica permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas coa Comunidade Autónoma.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámtes administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberá ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 24 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 47 do 10 de marzo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 24 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 47 do 10 de marzo de 2021).
-
Resolución do 24 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2021 (DOG nº 26 do 8 de febreiro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano