Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT215A - Subvencións a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.
1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a financiar os gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2023, de acordo co establecido na presente orde.
2. Estas axudas contribúen á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e, en definitiva, á promoción da cultura en Galicia, por considerar que as artes escénicas e musicais son elementos claves da creatividade artística e da dinamización cultural da nosa Comunidade Autónoma.
3. Os festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais obxecto de subvención deben cumprir cos seguintes requisitos:
– Ter unha duración máxima de seis (6) días, dos cales dous (2) serán consecutivos.
– O orzamento destinado á contratación artística non superará o 50 % do orzamento do proxecto presentado e o importe por actuación non superará en ningún caso os 5.000 €.
– A programación contará, como mínimo, cun 30 % do total das actuacións artísticas a cargo de grupos e/ou compañías galegas.
– O proxecto obxecto de subvención debe ter un carácter libre e gratuíto para o público asistente.
O cumprimento destes requisitos acreditarase mediante unha declaración responsable que se xuntará á solicitude (anexo I).
3. Serán subvencionables os proxectos constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 2, que se desenvolvan no período que comprende desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de outubro de 2023.
4. Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
5. O procedemento de concesión de subvencións regulado na presente orde ten o código CT215A para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios específicos, de uso obrigatorio para os interesados.
Gastos subvencionables .
1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se inclúan entre os seguintes:
a) Gastos de difusión e publicidade en calquera soporte.
b) Alugamento de espazos e equipamentos técnicos.
c) Gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais.
d) Premios e galardóns oficiais.
e) Gastos de viaxes, aloxamento e manutención das persoas participantes nas actividades propostas. Estes gastos deberán especificarse motivadamente no orzamento.
2. Os ditos gastos deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2023.
3. En ningún caso serán subvencionables:
a) Gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade.
b) Gastos de salarios ou calquera tipo de retribución ou remuneración, seguros sociais ou retencións de impostos do promotor, se é persoa física, ou das persoas pertencentes á entidade promotora das actuacións.
c) Investimento ou adquisición de material ou equipamentos que supoñan incremento de patrimonio do solicitante.
d) Gastos protocolarios.
e) Degustacións gastronómicas e actividades complementarias que non teñan carácter cultural.
f) Os gastos excluídos no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Non se poderán subcontratar, nin total nin parcialmente, as actividades obxecto de subvención, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
5. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionalidade dos gastos será resolta pola Dirección Xeral de Cultura por propia iniciativa ou por pedimento de calquera das entidades solicitantes.
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta convocatoria as seguintes entidades:
a) Institucións sen ánimo de lucro.
b) Entidades locais.
As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.
Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.
As entidades ao abeiro desta orde, sen prexuízo do cumprimento da totalidade da normativa aplicable, deberán reunir os seguintes requisitos:
1. Requisitos aplicables a todas as entidades:
Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as entidades en que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso de agrupacións ou asociacións de concellos todos os concellos agrupados ou asociados deberán cumprir os requisitos anteriores, polo que o incumprimento por parte de algún dos concellos participantes na solicitude de subvención suporá a inadmisión desta.
Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
A acreditación de que as entidades non están incursas nas prohibicións ou circunstancias relacionadas nas epígrafes anteriores realizarase mediante declaración responsable, a través do anexo I de solicitude.
2. Requisitos específicos aplicables ás institucións sen ánimo de lucro:
a) Ademais dos requisitos establecidos no número 2.1 deste artigo, as institucións sen fin de lucro deben reunir os seguintes requisitos específicos:
– Ter representación na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ter como obxecto social o fomento e dinamización da cultura galega.
– Desenvolver a maior parte das súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes institucións sen fin de lucro:
– Entidades ou asociacións que pertenzan ao ámbito educativo.
– Asociacións ou federacións de veciños e da terceira idade.
b) As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
3. Requisitos específicos aplicables ás entidades locais:
a) As entidades locais deberán cumprir co requisito de ter remitido as contas do exercicio orzamentario 2021 ao Consello de Contas de Galicia.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, deberán cumprir con este requisito todos os concellos integrantes.
b) As agrupacións ou asociacións de concellos deberán xestionar o servizo de forma conxunta e supoñer un aforro de custos respecto dos que implicaría a prestación individual; no caso de mancomunidades e consorcios locais deberá acreditarse que as actuacións se prestan de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supoñen actuacións illadas ou independentes.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Dirección Xeral de Cultura
Servizo de Promoción da Cultura
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544856/ 881999782
Email: axudas.cultura@xunta.gal
Dirección Xeral de Cultura
Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 24 do 3 de febreiro de 2023).
Extracto da Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 24 do 3 de febreiro de 2023).
Corrección de erros. Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2023).
Resolución do 15 de xuño de 2023 pola que se realiza unha redistribución entre créditos orzamentarios para a concesión das axudas recollidas na Orde do 12 de xaneiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 118 do 22 de xuño de 2023).
Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 24, do 3 de febreiro), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2023)
Prazo de presentación: PECHADO
04/02/2023 00:00 - 03/03/2023 23:59
As entidades solicitantes relacionadas no artigo 3 da orde de convocatoria que desexen acollerse a estas axudas, deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.
Forma e lugar de presentación de solicitudes .
1. As solicitudes de participación para estas axudas deberán respectar as seguintes condicións:
a) Para as institucións sen fin de lucro, cada entidade só poderá presentar unha única solicitude cun único proxecto.
b) Para as entidades locais, cada entidade poderá presentar unha única solicitude, ben sexa individual ou a través da xestión compartida, a cal debe corresponderse co proxecto do mesmo evento cultural de carácter afeccionado.
No caso de xestión compartida mediante agrupación de concellos, a solicitude presentada pola agrupación corresponderase co proxecto do mesmo evento cultural de carácter afeccionado para cada un dos concellos agrupados.
Ningún concello poderá figurar simultaneamente en solicitude de xestión individual e compartida. O incumprimento desta medida dará lugar á inadmisión da solicitude individual e considerarase efectiva a solicitude de xestión compartida.
c) Cando o órgano tramitador observe que unha institución sen ánimo de lucro participa en máis dunha solicitude; ou, no caso de entidades locais, cando unha entidade local participa en máis dunha solicitude a nivel individual ou en máis dunha solicitude a nivel de xestión compartida, poñerao de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo; de non o facer, non se admitirá ningunha das solicitudes presentadas.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Documentación xeral:
a) Certificado de acordo de solicitude da axuda, que deberá recoller a aceptación das condicións e requisitos establecidos na orde, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
O certificado irá asinado electronicamente polo órgano competente da entidade solicitante. No caso de agrupacións de concellos, a certificación será asinada polo/a secretario/a da entidade representante, na cal se fagan constar os anteriores preceptos con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación.
b) Declaración responsable de que o proxecto para o cal se solicita a subvención cumpre cos requisitos establecidos no artigo 1.3 da orde.
c) Remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario 2021. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de agrupacións de concellos, deberán cumprir con este requisito todos os concellos integrantes da agrupación.
d) No caso de fundacións, acreditación de atoparse ao día no cumprimento das obrigas de presentación das contas do padroado, de acordo coa normativa específica que rexa a entidade.
e) Acreditación da representación da persoa que asina a solicitude en nome da entidade.
f) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.
1.2. Documentación específica.
a) Ficha do proxecto (anexo II).
b) Memoria da traxectoria e interese cultural e artístico do evento en edicións anteriores, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 14.1.A, os seguintes aspectos:
– Antigüidade do evento.
– Premios e recoñecementos acreditados.
– Asistencia de público, con achega de datos de participación presencial.
– Calidade das programacións, facendo explícitos os seus aspectos innovadores e creativos.
– Repercusión nos medios de comunicación e no territorio.
A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas e máxima de doce a dobre cara co seguinte formato: letra Arial tamaño 12, entreliñado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.
c) Memoria completa e detallada do proxecto que se vai realizar, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 14.1.B, os seguintes aspectos:
– Interese, singularidade e relevancia artística e cultural da edición.
– Contribución e estratexias de captación ou creación de novos públicos.
– Programación de actividades culturais complementarias vinculadas ao proxecto presentado.
– Plan de comunicación.
– Repercusión territorial.
– Contribución ao desenvolvemento e difusión da cultura e lingua galegas, o establecemento do uso da lingua non suporá un límite ao establecemento ou prestación das actuacións.
A memoria deberá expoñer con claridade o carácter musical ou escénico do proxecto e concretará os obxectivos que se perseguen, os resultados esperados, así como a temporización e localización do evento.
A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas e máxima de doce a dobre cara co seguinte formato: letra Arial tamaño 12, entreliñado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.
d) Memoria de aforro de custos estimado respecto á realización das actuacións ou proxecto de forma individualizada (no caso de agrupación ou asociación de concellos).
e) Convenio de colaboración ou instrumento xurídico que regule a agrupación ou asociación.
2. Sen prexuízo de todo o anterior, a entidade solicitante poderá achegar calquera outra documentación que entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude; así mesmo, a unidade tramitadora das subvencións poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que considere pertinente.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderá requirir as entidades solicitantes para que acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación do procedemento.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
• NIF da entidade solicitante.
• DNI/NIE da persoa representante.
• Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
• Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
• Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
• Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
• Consulta de concesións de subvencións e axudas.
• Consulta de concesións pola regra de minimis.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, consultaranse os documentos sinalados para cada un dos concellos integrantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"