Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT214A
Convocatoria dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria para o ano 2020, baixo o réxime de concorrencia competitiva, da XXV edición do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, da XI edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil e da XIV edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en dúas modalidades: para rapaces e para adultos, segundo o público a que vaian dirixidos os textos.
Poderán optar aos premios as persoas físicas maiores de idade que presenten textos teatrais inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
06/12/2019 00:00 - 04/05/2020 23:59
25/05/2020 00:00 - 06/07/2020 23:59
Reábrese o prazo de solicitudes do 25 de maio de 2020 ata o 6 de xullo de 2020 nos termos previstos na Resolución da Axencia Galega das Industrias Culturais.
O prazo comezará ao día seguinte da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 4 de maio de 2020.
- Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo para cada un dos premios.
- Non poderán presentarse textos de teatro de monicreques aos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María.
- Os ganadores da edición inmediatamente anterior non poderán presentarse ao mesmo premio (modalidade, no caso do Barriga Verde) no cal resultaron galardoados.
- Non poderá presentarse o persoal da Agadic.
- Non poderán acceder a estes premios os participantes que se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Durante o proceso de resolución desta convocatoria, os participantes teñen a obriga de comunicarlle á Agadic a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do proceso.
Presentación solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Presentación do texto
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I) o texto.
2. O texto presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar o texto presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A presentación presencial poderá facerse en formato papel ou en soporte dixital. Os textos presentados en papel deberán entregarse en tamaño A-4, paxinados, sen grampar nin encadernar. Os textos presentados en formato dixital deberán entregarse en formato pdf.
3. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema e o premio a que optan (no caso do Barriga Verde debe especificarse, ademais, a modalidade: rapaces ou adultos). Nos textos, en calquera dos formatos presentados, non poderá figurar ningún dato que poida identificar o participante e romper o anonimato. O incumprimento deste aspecto provocará a exclusión do proceso.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día do pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Resolveranse e notificaranse os premios antes do 10 de decembro de 2020
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 25 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XI Manuel María de literatura dramática infantil e XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2020 (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2019)
-
Extracto da Resolución do 25 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XI Manuel María de literatura dramática infantil e XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2020 (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2019)
-
Resolución do 15 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación do procedemento regulado pola Resolución do 25 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XI Manuel María de literatura dramática infantil e XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2020 (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
-
Resolución do 5 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2020.(DOG núm. 12 do 20 de xaneiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano