Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT211B - Subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.
1. Esta orde ten como obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións destinadas á mellora e equipamento das instalacións e locais culturais de entidades locais de Galicia destinados a actividades de carácter cultural, conforme o procedemento que a continuación se establece na presente orde.
2. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da convocatoria desta liña de axudas, pretende continuar co labor de mellorar a infraestrutura dos equipamentos culturais co fin de dotar dos medios necesarios para que as entidades locais comprometidas coa acción cultural poidan executar os seus programas culturais, así como contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan a adecuada realización das actividades culturais que promovan, garantindo o servizo público que prestan á cidadanía.
3. Serán subvencionables os proxectos constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 3 que se desenvolvan no período que comprende desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de outubro de 2019.
4. Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
5. Os proxectos poderán realizarse mediante xestión individual ou compartida segundo o previsto no artigo 3 da orde, directa ou indirectamente, mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, conforme o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No desenvolvemento desta orde observarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
d) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma.
E suplementariamente:
e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, reguladora dos requisitos de concesión e xustificacións das subvencións concedidas na Administración do Estado.
f) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que será de aplicación só nos seus preceptos básicos.
g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
h) Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta convocatoria os concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.
As agrupacións de concellos, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación, que será a receptora da asignación económica. Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 36 da citada lei.
Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.
- As entidades locais, ao abeiro desta orde, sen prexuízo do cumprimento da totalidade da normativa aplicable, deberán reunir os seguintes requisitos específicos:
1. Requisitos aplicables a todas as entidades locais:
1.a) As entidades relacionadas deberán ser titulares dos locais culturais para os cales se solicitan as axudas e os locais culturais deberán contar cunha programación cultural estable ao longo do ano ou prestar un servizo público cultural de carácter continuado, agás no caso de locais cuxo proxecto supoña a súa posta en funcionamento.
1.b) As entidades locais deberán cumprir co requisito de ter remitido as contas do exercicio orzamentario 2017 ao Consello de Contas de Galicia.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, deberán cumprir con este requisito todos os concellos integrantes.
1.c) O órgano competente da entidade deberá adoptar acordo de solicitude de subvención respecto do proxecto que se pretenda executar e no cal se acepten as condicións de financiamento e os requisitos establecidos na orde e demais normativa aplicable, así como o compromiso de cofinanciamento para a execución prevista.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, todos os concellos integrantes da agrupación deberán adoptar o acordo polo cal se solicita a subvención para os equipamentos e/ou melloras.
2. Requisitos aplicables ás entidades que presenten proxectos de xestión compartida.
Ademais dos requisitos relacionados no número 2.1 deste artigo, as agrupacións ou asociacións de concellos, mancomunidades e consorcios locais deberán cumprir as seguintes condicións:
2.a) A agrupación ou asociación deberá xestionar o servizo de forma conxunta e supor un aforro de custos respecto dos que implicaría a prestación individual; no caso de mancomunidades e consorcios locais deberá acreditarse que as actuacións se prestan de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supoñen actuacións illadas ou independentes.
2.b) A agrupación ou asociación deberá ter subscrito un convenio de colaboración entre todos os concellos integrantes co obxecto de prestar o servizo mediante a xestión compartida, con vixencia durante todo o período respecto do que se solicita a subvención e ata que transcorra o prazo establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nos termos recollidos no artigo 7, número 5.10.
No caso de mancomunidades ou consorcios locais, deberán achegar xunto coa solicitude unha certificación expedida pola secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio local e que participan no proxecto para o cal se solicita a subvención.
- Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as entidades locais nas cales concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións así como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- No caso de agrupacións ou asociacións de concellos, todos os concellos agrupados ou asociados deberán cumprir os requisitos anteriores, polo que o incumprimento por parte de algún dos concellos participantes na solicitude de subvención suporá a inadmisión desta.
- A acreditación de que as entidades locais non están incursas nas prohibicións ou circunstancias relacionadas nos números anteriores realizarase mediante declaración responsable, a través do anexo I de solicitude.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Dirección Xeral de Cultura
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544882 / 881995510
Email: xestion-administrativa.cultura@xunta.gal
Dirección Xeral de Cultura
Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2019).
Extracto da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2019).
Resolución do 13 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 27, do 7 de febreiro de 2019) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 120 do 26 de xuño de 2019)
Orde do 3 de outubro de 2019 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 200 do 21 de outubro de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
08/02/2019 00:00 - 07/03/2019 23:59
As entidades locais relacionadas no artigo 2 da orde de convocatoria que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.
- Cada entidade local poderá presentar unha única solicitude, ben sexa individual ou a través da xestión compartida, a cal debe corresponderse co proxecto de equipamento dun único local.
Para os efectos, e de acordo co establecido no artigo 2 desta orde, terán a consideración de solicitudes de xestión compartida as achegadas por agrupacións, asociacións ou entidades locais que integren varios concellos (mancomunidades e consorcios locais).
No caso de xestión compartida mediante agrupación de concellos, a solicitude presentada pola agrupación corresponderase cun único local por cada un dos concellos agrupados.
Ningún concello poderá figurar simultaneamente en solicitude de xestión individual e compartida. O incumprimento desta medida dará lugar á inadmisión da solicitude individual e considerarase efectiva a solicitude de xestión compartida.
Cando o órgano tramitador observe que unha entidade local participa en máis dunha solicitude a nivel individual ou en máis dunha solicitude a nivel de xestión compartida, porao de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo; de non o facer, non se admitirá ningunha das solicitudes presentadas.
- As solicitudes formuladas por agrupacións de concellos serán obxecto de inadmisión cando non se acredite na solicitude a realización conxunta da actuación para a cal se solicita a subvención. No caso de mancomunidades e consorcios locais, a prestación deberá xestionarse de forma mancomunada ou consorciada. En ningún caso poderá consistir en actuacións independentes dos concellos que as integran.
- As entidades locais relacionadas no artigo 2 da orde de convocatoria que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.
- A presentación realizarase da forma seguinte:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I) (https://sede.xunta.gal), de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e as entidades dela dependentes.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para presentar a solicitude poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude estará subscrita polo órgano competente do concello, mancomunidade, consorcio ou agrupación, e as declaracións contidas na solicitude, no caso de agrupación de concellos, realizaranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada un dos concellos que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento, de ser requirido polo órgano tramitador.
- As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación :
- 1. Certificación emitida e asinada electronicamente polo/a secretario/a da entidade local solicitante, na cal se faga constar:
- 1.a) O acordo do concello polo cal se solicita a subvención para os equipamentos e/ou melloras que se pretenden executar e se aceptan as condicións e requisitos establecidos na orde, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude. Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación das solicitudes. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
- 1.b) Remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario 2017. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas e non se admitirán aquelas solicitudes nas cales non se faga constar a data de remisión. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
- 1. Certificación emitida e asinada electronicamente polo/a secretario/a da entidade local solicitante, na cal se faga constar:
No caso de agrupacións ou asociacións de concellos, certificación emitida polo secretario ou secretaria do concello representante, na cal se faga constar con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos secretarios e/ou secretarias dos concellos integrantes da agrupación:
- 1.c) Que todos os concellos integrantes da agrupación adoptaron o acordo polo cal se solicita a subvención para os equipamentos e/ou melloras que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta orde, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
- 1.d) O nomeamento da persoa titular da alcaldía como representante con poder suficiente para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a da subvención.
- 1.e) Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello do exercicio orzamentario 2017 ao Consello de Contas de Galicia. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que a data da sinatura do certificado implicará que a data de remisión das respectivas contas ao Consello de Contas se efectuou, en todo caso, nunha data anterior á emisión do certificado.
Os acordos relacionados deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas, determinará a inadmisión das solicitudes.
No caso de mancomunidades ou consorcios locais, deberán achegar xunto coa solicitude unha certificación expedida pola secretaría, onde se determinen os concellos membros da mancomunidade ou consorcio e que participan no proxecto para o cal se solicita a subvención.
- 2. Anexo II (memoria resumo do proxecto de investimento), cuberto.
- 3. Memoria xustificativa detallada da necesidade das obras ou equipamentos que se pretenden realizar, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local. Coa memoria deberá xuntarse unha reportaxe fotográfica do inmoble ou local obxecto de mellora, con imaxes que recollan o estado exterior e/ou interior da infraestrutura para a cal se solicita a subvención.
- 4. Nas solicitudes de subvención para obras, deberá achegarse proxecto ou anteproxecto da obra que se vai realizar co seguinte contido mínimo: memoria explicativa, orzamento detallado e planos a escala suficiente. O proxecto ou anteproxecto das actuacións que se van realizar deberá ser asinado polo profesional técnico competente.
- 5. No caso de solicitudes de subvención para equipamentos, deberá achegarse memoria detallada e valorada do equipamento para o cal se solicita a subvención asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local solicitante, que deberá incluír a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado, con indicación das características técnicas e memoria de calidades.
- 6. No caso de agrupación ou asociación de concellos, memoria de aforro de custos estimado respecto á realización das actuacións ou proxecto de forma individualizada.
- 7. Memoria dos programas e actividades culturais desenvolvidos pola entidade local solicitante no ano 2018, nos termos do artigo 13.D.
Para agrupación ou asociación de concellos, a memoria de actividades deberá achegarse para cada un dos concellos integrantes da agrupación ou asociación.
- 8. Relación detallada e pormenorizada das actividades culturais levadas a cabo no local para o cal solicita a subvención, nos anos 2017 e 2018, nos termos do artigo 13.D.
- 9. Acreditación, mediante certificado do órgano competente asinado electronicamente, da titularidade do local onde se vai a realizar o investimento.
- 10. Convenio de colaboración ou instrumento xurídico que regule a agrupación ou asociación, co seguintes contido mínimo:
- Concellos que subscriben o convenio e a capacidade xurídica coa que actúa cada unha das partes.
- Obxecto, obxectivos e actuacións que se acorden desenvolver para o cumprimento da actuación que se vai subvencionar.
- Designación do alcalde ou alcaldesa como representante único, que actuará como coordinador/a e interlocutor/a ante a Dirección Xeral de Políticas Culturais e que recibirá e xustificará a subvención.
- Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación de concellos, que inclúan unha referencia expresa ás porcentaxes e/ou importes do financiamento que achegará cada un dos concellos participantes.
- O compromiso de non disolver a agrupación mentres non transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 65 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- 11. No caso de agrupación de concellos, anexo IV relativo á comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
Sen prexuízo de todo o anterior, a entidade solicitante poderá achegar calquera outra documentación que entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude; así mesmo, a unidade tramitadora das subvencións poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que considere pertinente.
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
- Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Dirección Xeral de Políticas Culturais poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Comprobación de datos .
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- Certificado acreditativo de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
- Certificado acreditativo de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma, emitido pola Axencia Tributaria de Galicia.
- Consulta de concesións de subvencións e axudas.
- Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, consultaranse os documentos sinalados de cada un dos concellos integrantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, as persoas interesadas declararán ter sido informadas da incorporación dos seus datos persoais ao expediente de tramitación, e no caso de opoñerse a esta consulta, deberán indicalo no correspondente formulario habilitado (anexo IV) e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
- Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"