Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT143A
I premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
1. En cumprimento do seu obxectivo de promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións e favorecer a comunicación social das artes plásticas, o CGAC vén desenvolvendo un importante traballo editorial no eido da arte contemporánea, recollendo e documentando tanto as súas actividades e exposicións como a súa colección.
2. Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.
Poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente textos inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.
Obrigas da persoa beneficiaria.
A persoa beneficiaria queda obrigada a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado, a achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e demais obrigas establecidas no artigo 11 da citada Lei 9/2007.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC
Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC
R/ Valle Inclán, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546614 / 981546615
Email: xerencia.cgac@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
04/04/2018 00:00 - 15/06/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación destas bases e convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de xuño de 2018
- Non poderán resultar premiados os participantes, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Os textos que se presenten serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos espazos.
- Presentaranse 5 copias do texto en exemplares separados, paxinados e grampados ou encadernados, en formato DINA4, mecanografados, a dobre espazo e por unha soa cara. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato que poida identificar a persoa participante, e polo tanto, romper o anonimato. O incumprimento deste aspecto provocará a exclusión do proceso.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Cinco copias do texto en exemplares separados.
b) Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
c) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que os documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada. A información actualizada sobre os tamaños máximos e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución: Catro
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 64 do 3 de abril de 2018).
-
Extracto da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 64 do 3 de abril de 2018).
-
Resolución do 30 de outubro de 2018 pola que se concede o I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea (DOG nº 223 do 22 de novembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano