Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CO301A
Selección dunha entidade colaboradora para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos Bonos Activa Comercio.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Convocatoria.
Convócase o procedemento para a selección da entidade colaboradora que participará na entrega e distribución das axudas económicas que se farán efectivas a través dos bonos Activa comercio de acordo coa orde da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación pola que se estableza o procedemento de concesión destes (código de procedemento CO301A).
Obxecto da colaboración.
O obxecto da colaboración é a entrega e distribución das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.
Para estes efectos, subscribirase o oportuno convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, segundo o modelo que figura como anexo I desta orde.
As entidades financeiras privadas con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, validamente constituídas.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995529/ 981544530
Prazo de presentación: PECHADO
04/10/2022 00:00 - 08/10/2022 23:59
O prazo máximo de presentación das solicitudes será de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Poderán ser entidades colaboradoras as entidades financeiras privadas con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, validamente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
– Ter oficinas comerciais abertas, cando menos, nos concellos de máis de 20.000 habitantes das catro provincias galegas.
– Ter colaborado na xestión financeira da Xunta de Galicia nos últimos dous anos.
A entidade financeira colaboradora actuará en nome do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, entregando e distribuíndo os fondos públicos aos comercios adheridos ao programa.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se inclúe como anexo II desta orde.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
– Escritura de constitución/modificación.
– Poder acreditativo da representación da persoa que asina a solicitude de participación.
– Proposta técnica, memoria e toda a documentación que, ao xuízo da entidade solicitante, lle permita á Administración valorar a solicitude conforme os criterios obxectivos fixados no artigo 6 desta orde.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:
1. NIF da entidade solicitante.
2. DNI/NIE da persoa representante.
3. Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.
4. Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
5. Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de setembro de 2022 pola que se convoca o procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2022).
-
Extracto da Orde do 21 de setembro de 2022 pola que se convoca o procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Bonos Activa comercio.
Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano