Guía de procedementos e servizos

BS900A

Axudas económicas ás entidades privadas e de iniciativa social para o mantemento dos centros de día de persoas maiores dos que son titulares durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do covid-19

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 13/06/2020 00:00 - 13/07/2020 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión dunha liña de axudas económicas ás entidades privadas e de iniciativa social titulares de centros de día de persoas maiores e de centros de día específicos de alzheimer, para contribuír ao seu sostemento debido á falta de ingresos toda vez que a súa actividade está suspendida pola situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19,

Serán subvencionables os seguintes gastos xerais:

a) Alugueiro ou préstamo hipotecario do local.

b) Gastos de subministración eléctrica, de combustible, de telefonía, de gas ou de agua.

c) Primas de seguros.

d) Servizos profesionais independentes de asesoría, xestoría e similares.

e) Outros gastos xerais derivados do mantemento e funcionamento do centro.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades de iniciativa privada e de iniciativa social, inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), que sexan titulares de centros de día de persoas maiores autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa actividade está suspendida segundo o disposto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Obrigas das persoas beneficiarias

As entidades beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e especificamente a:

a) Manter a actividade do centro como mínimo durante un período de 6 meses dende a reapertura do mesmo, salvo causa de forza maior debidamente xustificada.

b) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios. Para este fin achegarase canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Comunicar calquera variación que se produza que poida dar lugar a modificación ou perda da axuda.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

R/Concepción Arenal, 7-9

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881504

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

R/ Serra de Ancares, 68 baixo

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294427

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

R/ Sáenz Díez, nº 33

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386199

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817669

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

13/06/2020 00:00 - 13/07/2020 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

No caso de entidades titulares de máis dun centro, deberán de presentar unha solicitude por cada un deles.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa coa desagregación dos custos fixos do centro e a súa vinculación cos gastos subvencionables sinalados no artigo 3.3, conforme o modelo recollido como anexo II.

b) Declaración de que non incorre en inhabilitación para a concesión de subvencións e axudas, segundo se sinala no anexo I.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. De conformidade co establecido na normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento acreditativo da personalidade da persoa solicitante, consistente no NIF no caso de persoas xurídicas e no DNI ou NIE no caso de persoas físicas.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Xustificante de que o centro está inscrito no RUEPSS, e da súa titularidade.

d) Certificación de estar ao corrente das obrigas tributarias emitida pola Axencia estatal de Administración tributaria (AEAT).

e) Certificación de estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.

f) Certificación de estar ao corrente das obrigas tributarias coa facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Concesións de subvencións e axudas.

h) Inhabilitación para obter subvencións ou axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da Xunta de Galicia da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

Prazo de resolución:

Será de 10 días hábiles dende o día seguinte á data de presentación da solicitude no rexistro do órgano competente.

Sentido do silencio:

Negativo.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas ás entidades privadas e de iniciativa social para o mantemento dos centros de día de persoas maiores dos que son titulares durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19 (DOG nº 11-Bis do 12 de xuño de 2020).

    • Extracto da Orde do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas ás entidades privadas e de iniciativa social para ou mantemento dos centros de día de persoas maiores dos que son titulares durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19 (DOG nº 114-Bis do 12 de xuño de 2020).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano