Guía de procedementos e servizos

BS800B

Habilitación provisional para as categorías profesinais de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 18/01/2019 00:00 - 01/08/2022 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta orde é regular o procedemento e aprobar a convocatoria de habilitación provisional das categorías profesionais de xerocultor/a, coidador/a, auxiliar de axuda a domicilio e asistente/a persoal dos centros e servizos do Sistema para autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán obter a habilitación provisional aquelas persoas que, sen dispoñer da cualificación profesional correspondente á súa categoría profesional, realizasen traballos nos centros e servizos do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia, radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, nas categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar ou asistente/a persoal, nos termos que se establecen nesta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Vicesecretaría Xeral

Edificio administrativo de San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546989

Email: vicesx.politicasocial@xunta.gal

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

18/01/2019 00:00 - 01/08/2022 23:59

Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes dende o 01-06-2020 ata o 01-08-2022 en virtude do disposto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm.145 de 23 de maio de 2020)

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación correspondente comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2022.

Poderán solicitar a habilitación provisional (código do procedemento BS800B) as persoas que con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018 cumpran os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española, ter obtido o certificado de rexistro de cidadanía comunitaria, a tarxeta familiar de cidadanía da Unión Europea ou ser titular dunha autorización de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.

b) Ter desempeñado, con anterioridade a 1 de xaneiro de 2018, as súas funcións nas categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda a domicilio ou de asistente/a persoal sen alcanzar os requisitos para a habilitación excepcional.

c) Formular unha declaración responsable (Anexo II) comprometéndose a participar nos procesos de avaliación e acreditación da experiencia laboral, que se realicen desde o ámbito estatal ou autonómico, ou a realizar a formación vinculada aos correspondentes certificados de profesionalidade ou títulos de formación profesional, para obter a acreditación na categoría profesional antes do 1 de xaneiro de 2023. Transcorrido este prazo sen participar nos devanditos procesos ou sen realizar a formación vinculada esixida, a habilitación provisional deixará de ter efectos.

  • Solicitude segundo o Anexo II.

  • Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade á que estivesen afiliadas, onde conste a empresa, a categoría laboral (grupo de cotización) e o período de cotización (informe de vida laboral).

  • Contrato de traballo ou certificación da empresa ou empresas onde adquirisen a experiencia laboral (Anexo III), na que conste especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o número de horas traballadas, que acrediten os requisitos esixidos nos últimos 12 anos.

  • Declaración responsable na que conste a descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo no que se realizou esta (Anexo IV).

  • Modelos 036 ou 037 das declaracións censuais de alta, modificación e baixa ou simplificada, correspondentes ao censo de empresarios, profesionais e retedores.

  • Certificación da entidade de acción voluntaria, universidade ou centro de formación autorizado, segundo proceda, na que consten especificamente, as funcións realizadas, o período no que se realizaron, así como o número de anos nos que se realizaron e o número total de horas dedicadas a elas nos últimos 12 anos (Anexo V).

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude debe indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma establecida no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2019).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano