Guía de procedementos e servizos

BS650G

Pensión de xubilación non contributiva (PNC).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Solicitar pensión non contributiva de xubilación

Cidadáns españois e nacionais doutros países con residencia legal en España que cumpran os requisitos indicados no seguinte apartado e teñan fixada a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Coruña

Gregorio Hernández, nº 2 (Espazo Amizar)

15011  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881246/ 881881903

Fax: 881881202

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294202/ 982294203

Fax: 982294359

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Ourense

Saenz Díez, 33 baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386192

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817230

Fax: 986817294

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Inclusión Social

Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión

SAN CAETANO S/N

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544895

Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

1) As persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores á contía anual establecida para a pensión non contributiva e en caso de convivencia con familiares de ata o segundo grao de consanguinidade non superar o límite de ingresos establecido segundo a súa unidade de convivencia.

2) Ter 65 anos ou máis.

3) Residir en territorio español e telo feito durante un periodo de 10 anos no periodo que media entre a data de cumprimento dos 16 anos e a de devengo da pensión, dos cales 2 teñen que ser consecutivos e inmediatemente anteriores á data de solicitude.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Comprobación de datos das persoas que integran a unidade familiar segundo o anexo II.

  • Autorización á presentación electrónica da solicitude e demais documentación por parte do/a traballador/a social de referencia, se é o caso, segundo o anexo III.

  • Certificado de convivencia.

  • Acreditación de residir legalmente en territorio español durante ao menos dez anos, entre os 16 anos e o devengo da pensión, dos cales dous deberán ser consecutivos e inmediatamente anteriores a data da solicitude.

  • Copia da sentenza xudicial que declare a incapacidade legal e/ou copia do documento que acredite a representación legal cando a solicitude se suscriba por persoa distinta á posible persoa beneficiaria.

  • Outra documentación.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa solicitante

  • Certificado de residencia da persoa solicitante

  • Situación de desemprego da persoa solicitante

  • Importe de prestacións de desemprego a data actual da persoa solicitante

  • Importe de prestacións de desemprego nun período da persoa solicitante

  • Residencia legal de persoas extranxeiras da persoa solicitante

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • Nivel de renda da persoa solicitante

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á historia social única electrónica (DOG nº 141 do 27 de xullo de 2016).

    • Orde de 29 de marzo de 2017 pola que se crea un novo ficheiro de datos de carácter persoal.(DOG nº 68 do 6 de abril de 2017).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas (BOE nº 69 do 21 de marzo de 1991).

    • Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (BOE nº 154 do 29 de xuño de 1994).

    • Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación (BOE nº 280 do 20 de novembro de 2009).

    • Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social.(BOE nº 261 do 31 de outubro de 2015).

Outros procedementos relacionados

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS604A

Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS605A

Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS611B

Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano