Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS631G
Axudas para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade por concellos e mancomunidades da comunidade autónoma de galicia, ao abeiro do plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola unión europea- NextGenerationEU.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Política Social e Igualdade
Establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2023 de axudas económicas destinadas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos de emisión cero, tipo eco ou etiqueta C verde, se é o caso, adaptados a persoas con mobilidade reducida, que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou persoas con discapacidade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) nº 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia
Concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade
Servizo de Programas para a Discapacidade
Avda. Fernando de Casas Novoa, 35
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544640
Email: PROGRAMAS.DISCAPACIDADE@XUNTA.GAL
Prazo de presentación: PECHADO
30/06/2023 00:00 - 31/07/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.
Poderán ser beneficiarios das axudas os concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes, segundo o último informe publicado polo Instituto Galego de Estatística (en diante, IGE) na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias aquelas entidades que incorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Os concellos e mancomunidades beneficiarios deberán observar o disposto na normativa aplicable en materia de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación para a adquisición dos vehículos subvencionables.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Na solicitude, anexo I, asinada polo/a representante da entidade, deberán figurar os datos identificativos e acreditativos dos aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable.
3 .Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo improrrogable de dez días (10) hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Documentación complementaria.
1. Os concellos e mancomunidades solicitantes deberán achegar, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, a seguinte documentación:
a) Solicitude (anexo I).
b) Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude da subvención.
c) Orzamento detallado do vehículo que se propón adquirir, emitido pola empresa concesionaria.
d) Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (anexo II).
e) Declaración responsable sobre principios transversais Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo IV).
f) Declaración de aceptación da cesión e tratamento de datos, en relación coa execución e actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia derivado da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro (anexo V).
g) Declaración do compromiso en relación coa execución de actuación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VI).
h) Factura de compra do vehículo subvencionado e xustificante de telo pagado, no caso de que o vehículo fose adquirido con antelación á publicación desta orde.
i) Documentación acreditativa da representación.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente polo concello solicitante ante calquera Administración. Neste caso, o concello interesado deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electrónicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa do concello solicitante.
De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá requirirse novamente ao concello solicitante a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. Se algún dos concellos e mancomunidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Os concellos e mancomunidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo concello solicitante, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que o concello solicitante se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade.
c) Certificado de estar ao día no pagamento nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento nas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta da inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
2. No caso de que os concellos e mancomunidades solicitantes se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do concello solicitante para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar aos concellos e mancomunidades solicitantes a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que os concellos e mancomunidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá do concello solicitante, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Certificación emitida e firmada pola persoa secretaria da entidade solicitante (Anexo II)
- Declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do (PRTR) (Anexo VI)
- Declaración responsable sobre o (PRTR) (Anexo IV)
- Declaración de cesión e tratamento de datos e de ausencia de conflito de intereses (PRTR) (Anexo V)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 123 do 29 de xuño de 2023).
-
Extracto da Orde do 19 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 123 do 29 de xuño de 2023).
-
Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 28 de setembro de 2023 da concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOG nº 192 do 9 de outubro de 2023).
-
Orde do 29 de novembro de 2023 de modificación da Orde do 19 de xuño de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 230 do 4 de decembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano