Guía de procedementos e servizos

BS631E

Subvencións pola que se conceden axudas ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal, afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes no ámbito da Comunidade de Galicia, e se procede a súa convocatoria

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 06/01/2023 00:00 - 06/02/2023 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para a concesión dunha axuda económica, durante seis meses consecutivos, ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes.

2. A concesión destas axudas tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria e por tramitación anticipada de gasto.

3. O código deste procedemento é BS631E.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Inclusión Social

Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545615

Email: sxinclusion.dxis@xunta.gal

Dirección Xeral de Inclusión Social

Prazo de presentación: PECHADO

06/01/2023 00:00 - 06/02/2023 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

a) Que estean en posesión do estatuto de protección temporal, de conformidade co Real decreto 1325/2003, do 24 de outubro, polo que se aproba o Regulamento sobre réxime de protección temporal no caso de afluencia masiva de persoas desprazadas, e da Orde PCM/169/2022, do 9 de marzo, pola que se desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína, e pola Orde PCM/170/2022, do 9 de marzo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, do 8 de marzo de 2022, polo que se amplía a protección temporal outorgada en virtude da Decisión de execución (UE) nº 2022/382 do Consello, do 4 de marzo de 2022, a persoas afectadas polo conflito en Ucraína que poidan atopar refuxio en España.

b) Que figuren como empadroadas nalgún concello de Galicia.

c) Que acrediten a carencia de recursos económicos, nos termos do Real decreto 220/2022, do 29 de marzo, polo que se aproba o Regulamento polo que se regula o sistema de acollida en materia de protección internacional.

d) Que, no momento de presentar a solicitude, a persoa beneficiaria non ocupe praza nin obteña recursos ou medios do dispositivo de emerxencia da Secretaría de Estado de Migracións para atender persoas desprazadas nin de ningún dos programas que forman parte do itinerario de acollida.

Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo).

2. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, de ser o caso:

a) Para acreditar o vínculo da persoa destinataria coa persoa menor de idade a cargo, deberase achegar copia da resolución pola que se concede o réxime de protección temporal de maneira conxunta, e empadroamento conxunto coa persoa menor de idade.

b) Declaración responsable, que estará incluída no formulario de solicitude, anexo, relativa aos seguintes datos:

1º. Que obtivo o estatuto de protección temporal de conformidade co Regulamento sobre réxime de protección temporal no caso de afluencia masiva de persoas desprazadas, aprobado polo Real decreto 1325/2003, do 4 de outubro, de acordo co procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito de Ucraína.

2º. Que consta empadroada nun concello de Galicia.

3º. Que non dispón de medios económicos suficientes nos termos do Regulamento polo que se establece o sistema de acollida en materia de protección internacional, aprobado polo Real decreto 220/2022, do 29 de marzo.

4º. Que, no momento de presentar a solicitude, non ocupa praza nin obtén recursos ou medios do dispositivo de emerxencia da Secretaría de Estado de Migracións para atender persoas desprazadas nin de ningún dos programas que forman parte do itinerario de acollida.

5º. Que non está incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria de subvencións, sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

6º. Que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

7º. Que non mantén débedas ou sancións de natureza tributaria en período executivo coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, salvo que se atopen aprazadas, fraccionadas ou cuxa execución estea suspendida e así mesmo, está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións coa Administración da Comunidade Autónoma.

8º. Que é titular da conta corrente en que desexa recibir a axuda.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

3. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) Documento nacional de identidade ou número de identidade estranxeiro da persoa solicitante.

b) Documento nacional de identidade ou número de identidade estranxeiro da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día coa Seguridade social.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de vida laboral.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites posteriores

1. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Se a solicitude non reúne algúns dos requisitos exixidos, conforme o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o órgano instrutor requirirá os solicitantes para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se considerará que desisten da súa petición, logo da correspondente resolución.

3. As solicitudes ou actuacións que non cumpran as exixencias contidas nesta orde ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución desestimatoria ou de inadmisión, que deberá ser motivada.

4. O procedemento para outorgar estas subvencións é o de concorrencia non competitiva conforme o artigo 19.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución pola que se concede unha subvención directa a la Comunidad Autónoma de Galicia para financiar a prestación dunha axuda económica directa ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, en virtude do disposto no Real Decreto 673/2022, de 1 de agosto.

    • Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de concesión dunha axuda económica ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 4 do 5 de xaneiro de 2023).

    • Extracto da Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de concesión dunha axuda económica ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 4 do 5 de xaneiro de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 673/2022, do 1 de agosto, polo que se regula a concesión directa de subvencións ás comunidades autónomas para financiar a prestación dunha axuda económica directa ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes (BOE nº 184 do 2 de agosto de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS631A

Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 11/07/2023 00:00 - 10/08/2023 23:59

BS631B

Subvencións a entidades de iniciativa social destinadas ao financiamento de gastos extraordinarios nos centros e programas de inclusión social, ocasionados pola crise sanitaria do COVID-19.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 04/07/2020 00:00 - 03/08/2020 23:59

BS631C

Subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 11/10/2022 00:00 - 10/11/2022 23:59

BS631D

Axudas para a creación de novos centros sociais de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, remodelación e adaptación de equipamentos existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia de titularidade de entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/09/2022 00:00 - 05/10/2022 23:59