Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS631D - Axudas para a creación de novos centros sociais de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, remodelación e adaptación de equipamentos existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia de titularidade de entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas para a creación de novos centros de atención residencial e diúrna para persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, así como a remodelación e adaptación de equipamentos existentes no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, titularidade de entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro (código de procedemento BS631D), así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022.
2. As axudas previstas nesta orde tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Accións e gastos subvencionables
1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse gastos subvencionables aqueles que de forma indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable e se realicen no prazo establecido nestas bases.
2. Será subvencionable a construción de novos centros de atención residencial e diúrna destinados a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, así como a remodelación, modernización, mellora e adaptación dos equipamentos xa existentes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, orientados ao novo modelo asistencial centrado na persoa, cunha disposición de espazos interiores e exteriores que favoreza a accesibilidade e unha distribución modular das estancias, agrupándose en unidades de convivencia máis reducidas.
No caso de equipamentos residenciais para persoas maiores, a zona residencial distribuirase en unidades de convivencia dun máximo de 25 prazas e cun mínimo dun 75 % das prazas en cuartos individuais. Estes requisitos non serán exixibles no caso de centros cuxo proxecto xa conte coa autorización de creación por parte da consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais e que conten con menos de 60 prazas e cun mínimo dun 20 % de prazas en cuartos individuais.
3. Serán subvencionables as seguintes operacións:
a) Construción de novo equipamento, acondicionamento e urbanización de inmobles para destinalos á atención a persoas maiores, dependentes e/ou con discapacidade, levadas a cabo en terreos propiedade da entidade solicitante ou sobre os cales esta teña un dereito de superficie, concesión administrativa, cesión ou dereito de explotación similar, ou un contrato de arrendamento cunha vixencia mínima de 5 anos, contados desde a posta en marcha da infraestrutura.
b) Adquisición de terreos, edificacións ou construcións, condicionadas á finalidade de uso asistencial, por un importe que non exceda o 10 % do investimento total subvencionable. Poderá superarse esta porcentaxe no caso de que a operación consista, atendendo ao seu obxecto e finalidade, na adquisición de edificacións xa existentes para seren rehabilitadas ou postas a punto para un novo propósito de atención asistencial, de modo que o terreo en que estas se asentan non constitúa o elemento principal da adquisición. Non se considerará que a edificación constitúe o elemento principal dunha adquisición, calquera que sexa o obxecto ou a finalidade da operación, cando o valor de mercado do solo exceda o valor de mercado da edificación no momento da compra.
c) Obras de reforma que impliquen a modernización, a mellora, a remodelación ou adaptación de equipamentos existentes de atención a persoas maiores, dependentes e/ou con discapacidade, levadas a cabo en edificios ou terreos propiedade da entidade solicitante ou sobre os cales esta teña un dereito de superficie, concesión administrativa, cesión ou dereito de explotación similar, ou un contrato de arrendamento cunha vixencia mínima de 5 anos, contados desde a posta en marcha da infraestrutura. Estas obras deberán axustarse en todo caso, á normativa específica de aplicación e aos permisos preceptivos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
d) Adquisición e mellora de bens de equipamento precisos para o desenvolvemento da actividade, como as instalacións específicas para a actividade, mobiliario interior e exterior, material didáctico, dotación de conexión á internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías no centro, dispositivos e instalacións que faciliten a accesibilidade universal e outros bens de equipamento relacionados coa actuación subvencionable. En todo caso o equipamento adquirido deberá cumprir as exixencias establecidas na normativa de aplicación.
e) Gastos de honorarios profesionais derivados de elaboración de anteproxectos e/ou proxectos de obra, estudos de viabilidade, memorias técnicas e outros similares relacionados coa actuación subvencionable.
f) Gastos de honorarios profesionais en concepto de dirección de obra e/ou de coordinación de seguridade e saúde e outros similares relacionados coa actuación subvencionable.
4. Nos supostos das letras a), b), e) e f), o importe total dos gastos xerais (tales como honorarios de arquitectos e enxeñeiros) non poderá superar, en todo caso, o 12 % do importe total da subvención finalmente concedida.
5. Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable pola entidade solicitante.
6. Os gastos subvencionables deberán estar realizados a partir do 1 de xaneiro de 2022, con independencia de que as obras do equipamento comezasen con anterioridade, e estar efectivamente pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación establecido no artigo 21, agás os impostos imputables á dita actuación devindicados con posterioridade á súa finalización e os gastos relacionados cos honorarios derivados da xustificación baixo a modalidade de conta xustificativa con achega de informe de auditoría recollida no artigo 20.
7. Para ter a condición de subvencionable o proxecto debe ter un orzamento mínimo de 500.000 euros.
8. Non serán subvencionables os gastos a que se refire o artigo 29.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, como non subvencionables.
9. De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía prevista para o contrato menor no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, a persoa interesada deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que se deberán achegar coa xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
10. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Así mesmo, deberán estar efectuados os pagamentos con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido no artigo 21.
11. Cada entidade unicamente pode presentar un proxecto a esta convocatoria. No caso de equipamentos tipo vivenda normalizada (vivendas comunitarias, apartamentos tutelados ou similares), un proxecto pode incluír dous ou máis destes recursos.
En caso de presentarse varios proxectos, terase en conta o que se presentase en primeiro lugar.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Roja Española, sempre que estean legalmente constituídas e reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar recoñecidas e inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (en diante, RUEPSS) da consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais, nas áreas de maiores, dependencia e/ou discapacidade.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, a entidade solicitante acreditará que non reparte beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado ou órgano de goberno desenvolven as súas tarefas con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
- Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade
Fernando de Casas Novoa, 35 BX
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544640
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 168 do 5 de setembro de 2022).
Extracto da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 168 do 5 de setembro de 2022).
Orde do 21 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 226 do 28 de novembro de 2022).
Resolución do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 244 do 26 de decembro de 2022).
Resolución do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 3 de febreiro de 2023 de rectificación de erro material na Resolución do 14 de decembro de 2022 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 22 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 34 do 17 de febreiro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
06/09/2022 00:00 - 05/10/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser entidade beneficiaria dela.
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:
a) Anexo II, relativo á memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención, en que se indique a adecuación ao obxectivo proposto, descrición de actividades concretas que se pretenden realizar, calendario de realización, adecuación dos medios estruturais, materiais e técnicos para o desenvolvemento e xestión do proxecto.
b) Anexo III, relativo á información para a valoración das entidades de acordo cos criterios de valoración establecidos no artigo 15.
c) Anexo V, relativo á declaración de aceptación da cesión e tratamento de datos, en relación coa execución e actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia derivado da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
d) Anexo VI, relativo á declaración do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia nos termos do artigo 8, punto 1.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, con especial referencia á adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo» no sentido establecido no artigo 2, punto 6), do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.
e) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade.
f) Documentación técnica segundo a natureza da actuación sobre a que se solicita a subvención, que deberá comprender:
1º. Para a execución de obras deberase achegar a seguinte documentación:
1º.1. Proxecto, anteproxecto ou memoria valorada de obra, axustados á normativa vixente de conformidade coas especificacións legais, técnicas e arquitectónicas, adecuadas ás persoas usuarias do centro.
1º.2. Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble ou, no caso de que sexan inmobles arrendados ou cedidos, contrato de arrendamento ou documento acreditativo de cesión durante o período subvencionado e autorización do propietario.
1º.3. Declaración responsable de que solicitarán as licenzas e permisos necesarios.
2º. Para a adquisición de inmobles deberase achegar a seguinte documentación:
2º.1. Orzamento detallado.
2º.2. Certificado dunha persoa taxadora independente debidamente acreditada, inscrita no correspondente rexistro oficial ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, en que se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado.
3º. Para a adquisición de subministracións e equipamento deberase achegar orzamento do provedor ou provedores, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados con anterioridade pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á entidade interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante, se é o caso.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións do solicitante rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).
e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
f) Consulta de concesións pola regra de minimis.
g) Certificación de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración tributaria.
h) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
i) Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
j) Certificado de alta no imposto de actividades económicas.
k) Inscrición da entidade solicitante no RUEPSS.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
- Fase de Solicitude
- Declaración do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia nos termos do artigo 8, punto 1.e) (Anexo VI)
- Documento informativo para a valoración das entidades (Anexo III)
- Declaración de aceptación da cesión e tratamento de datos , en relación coa execución e actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Anexo V)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"