Guía de procedementos e servizos

BS626F

Renda de inclusión social de Galicia (RISGA).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 24/08/2015 00:00 - 20/03/2019 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
A renda de integración social de Galicia confórmase como unha prestación social destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como acadar a súa autonomía e integración normalizada mediante a execución dun proxecto personalizado de inserción.

En canto prestación económica, terá caracter alimenticio persoal e non transmisible.

Persoas nas que concorra unha problemática específica de integración.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Inclusión Social

Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión

Servizo de Prestacións e Acción Social

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547440 / 981545466

Fax: 981545638

Email: dxinclusion.politicasocial@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881201

Fax: 881881202

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294202 / 982294203

Fax: 982294359

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Ourense

Saenz Díez, 33 baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386192

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817231

Fax: 986817294

Servizo de Prestacións e Acción Social
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

24/08/2015 00:00 - 20/03/2019 23:59

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

- Ter unha idade entre os 25-65 anos. Excepcións ver DOG.

- Ser maior de 18 anos e minusválido.

- Ser maior de 18 anos e ter sido tutelado pola Xunta de Galicia e internado en centros de protección de menores.

- Ser maior de 18 anos en situación de orfandade absoluta.

- Estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma durante, como mínimo, o ano inmediatamente anterior á presentación da solicitude.

Excepcións ver DOG.

- Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada á persoa solicitante.

- Ter constituído unha unidade económica independente.

- Dispoñer duns recursos económicos inferiores á contía da prestación económica da RISGA que, no seu caso, lle correspondera.

- Ter exercitadas as accións pertinentes para o cobro de calquera crédito que puidese corresponderlles.

- Que non existan familiares legalmente obrigados e con posibilidade real de prestarlles alimentos.

  • Solicitud según el Anexo I.

  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.

  • Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI.

  • Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de non autorizar a consulta ou que nos últimos seis meses residira en mais dun concello de Galicia.

  • Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.

  • No caso de persoas emigrantes retornadas que fixasen a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán presentar copia da súa baixa consular.

  • Certificación de convivencia.

  • No caso de ser vítima de violencia domestica ou de xenero, deberá acreditar esta situación nos termos que sinala a normativa específica (artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xenero).

  • No caso de persoas refuxiadas, acreditación de ter recoñecida esta condición polo organismo competente da Administración xeral do Estado, ou no caso de non dispoñer deste recoñecemento, autorización da permanencia en España por razón humanitarias ou de interese social.

  • No caso de persoas vítimas de trata de seres humanos ou de mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xenero, para os efectos da exención do requisito xeral de residencia e empadroamento, acreditación de ditos extremos e autorización de residencia ou disposición dun traballo por circunstancias excepcionais, nos termos que estableza a normativa de apliación en materia de estranxería.

  • Certificación de titularidade de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade e denegar a súa consulta.

  • Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade.

  • No caso de residir nunha vivenda alugada, copia do contrato de aluguer en vigor.

  • No caso de residir nun establecemento hoteleiro, pensión ou nunha casa particular en rexime de pensión debe achegar copia da factura ou recibo correspondente.

  • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.

  • Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os doce meses anteriores á formulación da solicitude.

  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.

  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.

  • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.

  • Documentación acreditativa da titularidade de vehículos da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Documentación acreditativa da titularidade de vehículos, das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.

  • Xustificación documental da titularidade doutros bens mobles da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar.

  • Para os casos de persoas solicitantes menores de 25 anos e maiores de 18 anos deberán acreditar algunhas das seguintes situacións:

    • Estar en situación de orfandade absoluta.

    • Proceder dun centro de internamento de institucións penitenciarias.

    • Levar tres anos vivindo nun domicilio independente, no caso de que non se autorizara a consulta de datos de empadroamento ou no caso de que nos tres anos anteriores á data de presentación da solicitude cambiara de domicilio.

  • Documentación mínima que deben achegar os servizos sociais comunitarios do concello de residencia da persoa solicitante:

    • Informe de valoración social con proposta de idoneidade da Renda de inclusión social de Galicia.

    • Proposta de proxecto de integración das persoas que integran a unidade de convivencia que procedan e, no seu caso, como anexo, a proposta do acordo de integración socioeducativa das persoas menores de idade.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Orde do 26 de maio de 2015 pola que se aproba o modelo de informe social para a área da inclusión (ISI) e a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 131 do 14 de xullo de 2015).

    • Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2013).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS215A

Axudas dirixidas a persoas con esclerose lateral amiotrófica ou dos seus fenotipos.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/07/2025 00:00 - 03/11/2025 23:59

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano