Guía de procedementos e servizos

BS618D

Axudas de inclusión social (AIS).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. De acordo co establecido nos números 1 e 6 do artigo 47 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, as axudas de inclusión social son prestacións económicas non periódicas que teñen como finalidade posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas ou familias afectadas polas características referidas no artigo 3, así como atender ás situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social.

2. De conformidade co previsto no artigo 2.2.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado o seu carácter de prestación social, as axudas de inclusión social non teñen carácter de subvención.

3. Así mesmo, constitúen prestacións económicas non periódicas, de pagamento único, aínda que no caso das axudas para necesidades primarias de alimentación, vestido e enxoval doméstico, cando o seu importe supere a contía dun terzo do seu límite máximo, poderanse aboar en dous ou máis pagamentos fraccionados, de acordo co disposto no artigo 87.2 deste Decreto.

Persoas ou familias vulnerables.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Inclusión Social

Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión

Servizo de Prestacións e Acción Social

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547440/ 981545466

Fax: 981545638

Email: dxinclusion.politicasocial@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Coruña

Gregorio Hernández, nº 2 (Espazo Amizar)

15011  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881246/ 881881903

Fax: 881881202

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294202/ 982294203

Fax: 982294359

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Ourense

Saenz Díez, 33 baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386192

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817231

Fax: 986817294

Dirección Xeral de Inclusión Social

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas persoas que, conforme o establecido no artigo 49 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, reúnan os seguintes requisitos:

1. Ser maior de idade.

2. Estar empadroado ou empadroada e ter residencia constatada polo traballador ou a traballadora social de referencia dos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por residencia constatada a que conste no informe social como a efectivamente habitada pola persoa solicitante.

3. Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación que xustifique a solicitude da axuda.

Considéranse ingresos insuficientes, para os efectos da aplicación desta medida, aqueles que, correspondendo ás persoas integrantes da unidade de convivencia independente, non sexan superiores ao cento vinte e cinco por cento do importe do tramo persoal e familiar da renda de inclusión que correspondería á unidade de convivencia, computando os ditos ingresos nos termos sinalados para a renda de inclusión social de Galicia, salvo no caso das axudas de inclusión social dirixidas a satisfacer necesidades primarias de alimentación, vestido e enxoval doméstico, nas cales os ingresos que se deben tomar en consideración son os efectivamente percibidos pola persoa solicitante e as restantes persoas membros da unidade de convivencia.

En todo caso, non se poderán conceder estas axudas cando a persoa solicitante ou calquera persoa membro da unidade de convivencia dispoña de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios materiais suficientes para atender os gastos obxecto destas axudas. Teranse en conta para iso as características, valoración, posibilidade de venda ou calquera forma de explotación dos bens mobles ou inmobles de que dispoña a unidade de convivencia.

Para estes efectos, considerarase que se dispón de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios materiais suficientes para atender os gastos obxecto destas axudas cando o valor dos ditos bens, calculado de acordo co previsto para a Risga, exceda o importe de multiplicar por 12 o 125 % do importe mensual do tramo persoal e familiar da renda de inclusión que correspondería á unidade de convivencia.

  • As solicitudes, dirixidas á xefatura territorial da consellería competente en materia de asistencia social de ámbito territorial do domicilio da persoa solicitante, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo VIII), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso, o modelo normalizado de solicitude será remitido ao órgano competente para resolver, con carácter urxente e prioritario, nun prazo máximo de tres días.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • No caso de que a solicitude se presente en calquera dos rexistros situados nas dependencias do concello de residencia da persoa solicitante da axuda, atendendo á problemática de extraordinaria e urxente necesidade en que se poida encontrar a persoa solicitante, o rexistro receptor comunicará inmediatamente a existencia da solicitude aos servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia e remitirá inmediatamente aquela e toda a documentación achegada pola persoa solicitante ao órgano competente para a súa tramitación.

  • O traballador ou a traballadora social de referencia dos servizos sociais comunitarios básicos dos concellos orientará e informará as persoas interesadas en todo o referente aos trámites e documentación da solicitude e, así mesmo, se for o caso, deberá rexistrar as intervencións que se realicen coa persoa beneficiaria e coas integrantes da unidade de convivencia no Sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSS).

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Contido da solicitude.

  • 1. O modelo normalizado de solicitude, que se inclúe como anexo VIII neste decreto, presentarase debidamente cuberto e asinado, co seguinte contido:

  • a) Tipoloxía da axuda que se solicita.

  • b) Datos da persoa solicitante.

  • c) Datos bancarios que acrediten a titularidade da conta bancaria con identificación da persoa titular e o IBAN.

  • d) Datos económicos da persoa solicitante e das persoas pertencentes á unidade de convivencia relativos ao ano fiscal en curso.

  • e) Relación de bens mobles ou inmobles sobre os que se posúe un dereito de propiedade, posesión, usufruto ou calquera outro de análoga natureza, con excepción da vivenda habitual.

  • f) Declaración responsable doutras prestacións ou axudas solicitadas e concedidas e que os datos son certos e da posible asunción de responsabilidades administrativas e penais no caso de falsidade ou ocultamento intencionado da información, así como da obriga de comunicar calquera variación da súa situación persoal ou económica ou das persoas con que convive.

  • g) Documentación que se presenta e, no caso de que fose presentada nun procedemento anterior, indicación deste, do seu código e do ano de presentación.

  • h) Documentación que pode ser obxecto de comprobación pola Administración e documentación que precisa autorización para a consulta. No caso de que as persoas interesadas non presten autorización, cando proceda, deberán achegar unha copia dos documentos.

  • i) Documentación mínima que deben achegar os servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia da persoa solicitante.

  • j) Información sobre o tratamento de datos persoais.

  • k) Lexislación aplicable.

  • l) Sinatura da persoa solicitante ou representante.

  • 2. Para os efectos deste decreto, poden acumularse nunha mesma solicitude as diversas necesidades da unidade de convivencia susceptibles de ser cubertas polos diferentes tipos de axuda.

Documentación complementaria necesaria que debe achegarse xunto coa solicitude.

  • A documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento é a seguinte:

    • a) Certificado de convivencia.

    • b) Certificado de discapacidade da persoa solicitante cando estea na dita situación e non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • c) Certificado de discapacidade, no caso de que algunha das persoas que integran a unidade familiar estea na dita situación e non lle fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • d) Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, no caso de vivenda familiar en propiedade.

    • e) Extracto de movementos de todas as contas bancarias de que sexa titular calquera das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os doce meses anteriores á presentación da solicitude.

    • f) Informe emitido polo persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde nos casos en que solicite unha axuda de inclusión social que teña que ver coa saúde da persoa solicitante ou co/coa menor de idade ao seu cargo.

    • g) Orzamento dos gastos para os cales se solicita a axuda.

    • h) Comprobación de datos das persoas que integran a unidade familiar e das que sexan parentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao (anexo II).

    • i) Autorización a presentación electrónica da solicitude e demais documentación por parte de persoal empregado público, se for o caso (anexo IV).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para la comparación da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os seguintes documentos:

    • a) Copia do pasaporte.

    • b) Copia do libro de familia, só no caso dos ou das menores integrantes da unidade familiar sen DNI.

    • c) Copia da sentenza de separación ou divorcio e do convenio regulador.

Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar e que sexan parentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao, incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

    • a) DNI ou NIE.

    • b) Certificado de residencia con data da última variación padroal.

    • c) Certificado de discapacidade, no caso de ser expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

    • d) Certificado de ter estado tutelado/a pola Xunta de Galicia e internado/a nun centro de menores ou en acollemento familiar.

    • e) Informe de vida laboral.

  • De acordo co previsto no artigo 51.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, precísase autorización para que o órgano de resolución poida acceder aos datos, da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar e que sexan parentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao, relativos a ingresos e patrimonio contidos nos seguintes documentos:

    • a) Declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio.

    • b) Certificado de importes por prestacións de desemprego.

    • c) Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.

    • d) Certificado da titularidade catastral de bens inmobles.

    • e) Consulta de datos dos ou das condutores/as.

De non autorizarse a consulta dos anteriores documentos, deberá achegarse unha copia daqueles.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2013).

    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano