Guía de procedementos e servizos

BS613A

Prestacións sociais e económicas para persoas con discapacidade (LISMI).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Trátase dun conxunto de prestacións destinadas á protección de persoas discapacitadas que por non desenvolver actividad laboral non están comprendidas no campo de aplicación da Seguridade Social.

Axudas que establecen:

. Subsidio de mobilidade e Compensación por Gastos de Transporte

. Asistencia Sanitaria e Prestación Farmaceútica (ASPF)

Cidadáns españois e nacionais doutros paises, con residencia legal en España que cumpran os requisitos que para cada prestación se citan a continuación, advirtindo que estos Subsidios son compatibles entre sí e incompatibles con outras prestacións públicas, sempre que sexan de igual natureza e finalidade, e superior contía, cando esta sexa inferior aboarase a diferencia.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Inclusión Social

Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión

Servizo de Prestacións e Acción Social

Edificio Administrativo San Caetano

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541899

Fax: 981545638

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881201

Fax: 881881202

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294437

Fax: 982294359

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Ourense

Saenz Díez, 33 baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386192

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817230

Fax: 986817294

Servizo de Prestacións e Acción Social

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Asistencia Sanitaria e Prestación Farmaceútica (ASPF)

. Non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social por non desenvolver actividade laboral

. Non ter dereito como titular ou beneficiario a estas prestacións do sistema de Seguridade Social.

. Minusvalía/Discapacidade: grado igual ou superior ó 33 %.

Subsidio de Mobilidade e Compensación por Gastos de Transporte (SMGT)

. Non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social por non desenvolver actividade laboral.

. Non ser beneficiario ou non ter dereito, por idade ou por calquera outra circunstacia a prestación ou axuda de análoga natureza e finalidade e, no seu caso, de igual ou superior contía otorgada por outro organismo público.

. Non superar o nivel de recursos económicos persoais e/ou familiares do 70%, en cómputo anual do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento. No suposto de que o beneficiario teña persoas ó seu cargo ou dependa dunha unidade familiar, dito importe incrementarase nun 10%, por cada membro distinto do beneficiario ata o tope do 100% do citado salario.

. Idade: ter tres ou mais anos

. Minusvalía/Discapacidade: grao igual ou superior ó 33%

. Grave dificultade para utilizar transportes colectivos

. Non encontrarse imposibilitado para desplazarse fóra da casa.

. Si está internado nun centro, sair ó menos dez fins de semana ó ano.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Anexo II para a comprobación de datos das persoas que integran a unidade familiar.

  • Copia do libro de familia no caso de persoas menores de idade que integran a unidade familiar e que non teñan DNI ou NIE.

  • Certificado de convivencia.

  • Copia da sentenza xudicial que declare a incapacidade legal.

  • Documento que acredite a representación legal cando a solicitude se suscriba por persoa distinta á posible persoa beneficiaria.

  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.

  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar, cando proceda e cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.

  • Outra documentación.

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa solicitante

  • Certificado de residencia da persoa solicitante

  • Certificado de discapacidade recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia

  • Situación actual de desemprego

  • Certificado de importes por prestacións de desemprego a data actual

  • Certificado de importes por prestacións de desemprego percibidos nun período

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

SÓ NOS CASOS SI SE SOLICITA O SUBSIDIO DE MOBILIDADE E COMPENSACIÓN POR GASTOS DE TRANSPORTE

  • Declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos (BOE nº 103 do 30 de abril de 1982).

    • Real Decreto 383/1984, do 1 de febreiro, polo que se establece e regula o sistema especial de prestacións sociais e económicas previsto na Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos (BOE nº 49 do 27 de febreiro de 1984).

Outros procedementos relacionados

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS604A

Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS605A

Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS611B

Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano