Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS605A
Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
A regulación das condicións aplicables para o ingreso e traslado nos servizos destinados a persoas maiores, a persoas con discapacidade e a persoas en situación de dependencia, aos que se refire o artigo seguinte, dentro da rede pública de servizos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto no caso de que se xestionen de forma directa, como indirectamente a través das diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos establecidas na normativa reguladora dos contratos do sector público.
O ámbito de aplicación desta orde esténdese a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos da regulación contida nesta orde, a rede pública de servizos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia comprende os seguintes servizos:
a) Atención residencial.
b) Atención diúrna.
c) Atención nocturna.
d) Servizos de supervisión e apoios puntuais prestados desde os equipamentos especiais regulados polo Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.
Enténdese por estancia temporal o desfrute por tempo limitado dun servizo residencial ou dun servizo de supervisión e apoio puntual prestado desde os equipamentos especiais. Durante este desfrute, as persoas beneficiarias terán os mesmos dereitos e obrigas que as persoas usuarias que ocupan praza de forma permanente.
Poderán acceder a este servizo as persoas maiores e/ou con discapacidade que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
a) Que a persoa coidadora non lle poida prestar á persoa dependente a atención axeitada por causa dunha enfermidade, un accidente ou unha intervención cirúrxica.
b) Que a persoa beneficiaria viva soa e precise dun período de convalecencia logo dunha enfermidade, un accidente ou unha intervención cirúrxica.
c) Necesidade dun período de descanso da persoa coidadora para evitar unha situación de esgotamento físico ou psíquico.
As estancias temporais terán unha duración máxima de dous meses ao ano, podéndose fraccionar en períodos semanais ou quincenais.
Personas mayores, a personas con discapacidad y a personas en situación de dependencia.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de Dependencia da Coruña
R/Concepción Arenal, 7-9
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881504
Fax: 981881506
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Dependencia de Lugo
R/ Serra de Ancares, 68 baixo
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294427
Fax: 982889162
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Dependencia de Ourense
R/ Sáenz Díez, nº 33
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386199
Fax: 988386159
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Dependencia de Vigo
Praza da Estrela, s/n - 3º Andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817217
Fax: 986817637
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta Orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. *Consultar o último parágrafo do apartado documentación.
a) Ser persoa maior e/ou con discapacidade, e estar nunha situación de dependencia, estea ou non recoñecida formalmente.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Non requirir tratamento hospitalario.
d) Non padecer trastornos mentais ou condutuais graves, e non compensados, que poidan alterar a normal convivencia.
e) Non estar sancionado coa revogación da adxudicación da praza pública de xeito definitivo, conforme a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Solicitude nomalizada segundo o Anexo III desta orde, acompañada da seguinte documentación:
Anexo IV: comprobación de datos de terceiras persoas (segundo o sinalado no artigo 32.2.h, i)
Anexo V: declaración responsable acerca do patrimonio (segundo o sinalado no artigo 32.2.i)
Acreditación da representación
Informe de condicións de saúde
Informe social
* As solicitudes deberán ser presentadas ao menos cun mes de antelación á data indicada para o seu ingreso no servizo, excepto nos casos de urxencia imprevisible nos que non haberá prazo mínimo previo para a presentación da solicitude.
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI o NIE da persoa solicitante
DNI o NIE da persoa representante
Certificado de empadroamento
Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidad Temporal e Maternidade
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.
Nivel de Renda
NIF da persoa representante
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG nº 91 do 14 de maio de 2014).
-
Corrección de erros. Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG nº 103 do 2 de xuño de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Programa Benestar en balnearios
Prazo aberto: 17/06/2025 00:00 - 16/07/2025 23:59
Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)
Aberto todo o ano