Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS508D
Premios Galicia de acción voluntaria.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria, coa finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que de xeito cotián desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Serán persoas destinatarias dos Premios Galicia de Acción Voluntaria, na modalidade individual ao premio persoa voluntaria do ano, aquelas persoas físicas voluntarias que desenvolvan a súa actividade e colaboren con entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria, públicas ou privadas, que se distinguisen polo seu sobresaínte labor na promoción e na xestión do voluntariado social na nosa Comunidade Autónoma.
2. Serán persoas destinatarias dos Premios Galicia de Acción Voluntaria, na modalidade colectiva ao premio entidade de acción voluntaria do ano, as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia que de xeito continuado e eficaz, desenvolvan actividades e/ou programas sociais ou de interese xeral que impliquen un compromiso social e comunitario a través de proxectos consolidados e normalizados no tempo e nos cales a acción voluntaria e as persoas voluntarias asuman un especial protagonismo.
3. Os Premios Galicia de Acción Voluntaria na modalidade de mellor proxecto de acción voluntaria corresponderán a aqueles proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, vinculados a áreas de especial interese e que supoñan unha innovación social para a nosa Comunidade Autónoma.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Servizo de Voluntariado e Participación
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957915
Email: voluntariado@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
31/10/2023 00:00 - 30/11/2023 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
1. As persoas destinatarias, tanto físicas como xurídicas, deberán contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio ao cal concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a solicitude deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.
2. Todos os requisitos exixidos ás persoas físicas e xurídicas solicitantes deberanse cumprir na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Solicitudes.
1. Poderán presentar solicitudes para a concesión dos premios as persoas físicas ou xurídicas, comprendidas no artigo 5.
2. As solicitudes da modalidade recollida no artigo 2.2.c) poderán presentarse de xeito individual por unha entidade ou por varias entidades de xeito conxunto.
3. Só se permitirá unha solicitude por cada modalidade. Unha mesma entidade non pode presentarse ás modalidades colectiva e de proxectos.
4. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I, procedemento BS508D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas que participen nas modalidades recollidas no artigo 2.2.b) e c) de esta orde.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica (modalidade artigo 2.2.a), opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e de rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Para poder optar aos Premios Galicia de Acción Voluntaria as persoas solicitantes deberán acreditar documentalmente, na forma prevista no artigo seguinte, que reúnen as cualidades que xustifiquen poder optar ao premio na modalidade de que se trate.
6. A presentación da solicitude implica a aceptación das bases da convocatoria.
Documentación complementaria.
1. As persoas solicitantes deberán achegar co impreso de solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Memoria individualizada descritiva do proxecto ou traxectoria que se presenta para optar ao premio, na modalidade de que se trate, que poña de manifesto os seus aspectos máis relevantes e valiosos e que conteña expresa mención dos méritos en que se fundamente a solicitude (anexo II).
b) Documentación oficial acreditativa dos méritos que alega emitida por organismo público ou privado, tal como diplomas, certificados ou outros documentos.
c) Relación temporal de actividades realizadas e interese social do contido destas.
d) Outra documentación que a persoa solicitante considere relevante tal como apoios á candidatura, tanto de persoas físicas como xurídicas.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
3. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo solicitante, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa solicitante se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante, no caso de solicitudes do artigo 2.2.a).
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante, no caso de solicitudes do artigo 2.2.b) e c).
d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas solicitantes se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas solicitantes a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén se poderán realizar os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Iniciación
- Descripción do proxecto ou traxectoria (Anexo II)
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 18 de outubro de 2023 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2023 e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2023).
-
Extracto da Orde do 18 de outubro de 2023 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2023 e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2023).
-
Resolución do 18 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se conceden os Premios Galicia de Acción Voluntaria, convocados pola Orde do 18 de outubro de 2023 (código de procedemento BS508D), publicada no Diario Oficial de Galicia número 206, do 30 de outubro de 2023 (DOG nº 243 do 26 de decembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano