Guía de procedementos e servizos

BS420A

Axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 13/11/2021 00:00 - 13/12/2021 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas para escolas infantís 0-3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social coa finalidade de consolidar a oferta existente e ofrecer un servizo amplo de conciliación da vida familiar e laboral en que se preste unha atención educativa de calidade e cuns prezos homoxéneos para as familias (código de procedemento BS420A).

Estas axudas, dirixidas ao sostemento dos centros de educación infantil 0-3 anos existentes e á mellora da súa calidade, constan de dúas liñas: a liña 1 financiará gastos de mantemento destes centros e a liña 2 compensaraos pola aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa de segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar e pola gratuidade da matrícula relativa ás prazas ocupadas por quen reúnan a dita condición para o curso 2021/22.

O período subvencionable en ambas as dúas liñas é o comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de agosto de 2022.

2. Para os efectos da aplicación da bonificación do 100 % do prezo, entenderase por atención educativa a actividade realizada dentro da aula en horario ordinario. Así mesmo, os nenos e nenas deben ter a súa residencia en Galicia e entenderase por unidade familiar a formada pola/s persoa/s proxenitora/s, ou a persoa proxenitora e o/a cónxuxe ou persoa con análoga relación de afectividade, e mais:

1º. As fillas e os fillos agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente.

2º. As menores e os menores en situación de garda con fins adoptivos ou en situación de acollemento familiar por tempo superior a un ano.

Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social que teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ademais especificamente a:

a) Manter actualizados no RUEPSS todos os datos exixidos pola normativa de aplicación e, nomeadamente, os seguintes: relación nominal de traballadores/as, rexistro de persoas usuarias e prazas vacantes.

b) Asegurar o cumprimento do proxecto educativo na/s escola/s subvencionadas.

c) Remitir os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

d) Facilitar a inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Política Social respecto dos centros subvencionados.

e) Realizar a selección de solicitudes para a adxudicación de prazas na escola infantil 0-3 de acordo co baremo e puntuación establecido no anexo VIII.

f) Ter a disposición da Consellería de Política Social a documentación acreditativa de que todos os nenos e nenas matriculados na escola infantil 0-3 cumpren o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación e teñen a súa residencia na Comunidade autónoma de Galicia.

g) Prestar servizo cinco días á semana durante todo o ano, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral ou salvo causa xustificada, logo da autorización da Consellería de Política Social. Nos supostos en que se vexa afectada a actividade presencial por indicación da autoridade sanitaria observarase o disposto no artigo 21.

h) Asegurar na prestación do servizo de comedor que se proporciona unha dieta equilibrada e axeitada á idade dos nenos e nenas e poñer á disposición dos pais e das nais a relación semanal de menús; ter á disposición da Consellería de Política Social a documentación acreditativa do consumo cotián de produtos de proximidade, de ser o caso.

i) Cumprir cos contidos exixidos para o proxecto lingüístico, de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

j) Enviar á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica os seguintes certificados de ingresos e gastos (anexo III):

1º Un certificado compresivo de todo o ano 2021, que deberá ser remitido antes do 31 de xaneiro de 2022.

2º Un certificado compresivo do período subvencionable do ano 2022, que deberá ser remitido antes do 10 de setembro de 2022.

k) En relación coas solicitudes de novo ingreso para o curso 2021/22:

1º. Facilitar unha copia do modelo de solicitude de axudas que figura como anexo IV a esta orde ás persoas que lles soliciten praza, co obxecto de que poidan exercer a opción por unha axuda do Bono Concilia no caso de figurar en lista de espera no centro.

2º. Remitir á xefatura territorial da Consellería de Política Social da súa provincia, con data límite do 19 de xuño de 2021, a relación de solicitantes de prazas do centro que se encontren en lista de espera para o curso 2021/22 e que, pola súa vez, optan polo Bono Concilia. A esta relación xuntaranse todas as solicitudes de axuda do Bono Concilia (anexo IV).

l) Aplicar a bonificación do 100 % do custo por atención educativa e matrícula a todos os segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar residentes en Galicia matriculados na escola infantil 0-3 e conservar á disposición da Consellería de Política Social a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos para ter acceso á dita bonificación e mais da entrega ás familias dos xustificantes mensuais de pagamento e de matriculación, emitidos nos termos establecidos no número 5 do artigo 4.

m) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

n) Dar a adecuada publicidade das axudas percibidas a través do taboleiro de anuncios do centro e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.

o) Dar adecuada publicidade ao número de solicitudes de praza recibidas e o baremo aplicado para a súa selección a través do taboleiro de anuncios do centro e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.

2. As entidades beneficiarias teñen a obriga de subministrar información nos termos previstos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957029/ 981545666

Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: PECHADO

13/11/2021 00:00 - 13/12/2021 23:59

Segundo a Orde do 4 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 (DOG nº 218 do 12 de novembro de 2021), ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes, que será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a notificación, publicación ou silencio administrativo no mes ou ano de vencemento. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As solicitudes presentadas segundo o establecido no parágrafo anterior tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A).

As entidades que presentaran solicitude ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2020 non terán que presentar unha nova solicitude para percibiren a axuda que lle corresponda de acordo cos módulos recollidos no artigo 4.2.c).

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Que a escola infantil 0-3 para a que se solicitan as axudas cumpra os requisitos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, e mais no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, así como na normativa de desenvolvemento.

c) Que a escola infantil 0-3 pola que solicitan as axudas dispón da documentación que acredita que os nenos e nenas que asisten a ela seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación e teñen a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Que a escola infantil para a que se solicitan as axudas estea aplicando no curso 2020/21 un réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería.

- As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente, por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da personalidade e representación da persoa que solicita a axuda.

b) Datos do/s centro/s para os que se solicita a subvención (anexo II).

c) Tarifa de prezos do curso 2020/21, adaptada ao disposto na letra d) do artigo 3.

2. Documentación específica para a liña 1. Axudas para gastos de mantemento:

a) Resumo da memoria do centro do curso escolar 2019/20 (máximo de 10 páxinas) onde se aborden os seguintes contidos:

1º. Horarios e servizos que presta.

2º. Unidades en funcionamento detallando os grupos de idade, ocupación e adscrición do persoal educativo ás ditas unidades.

3º. Persoal adscrito ao centro diferenciado por categorías profesionais e xornada laboral.

4º. Descrición xeral das actividades realizadas co alumnado.

5º. Relación de protocolos con que conta.

6º. Mención ás actividades de formación do persoal, de ser o caso.

b) Proxecto lingüístico do centro.

3. Documentación específica para a liña 2. Compensación da bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa e da gratuidade da matrícula:

a) Certificado do número de prazas ocupadas por segundos fillos ou fillas e sucesivos/as á data de presentación da solicitude e da contía global mensual do prezo que corresponda pola atención educativa dos segundos fillos/as e sucesivos matriculados/as segundo o previsto no número 3 do artigo 4, asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante (anexo VI).

b) Relación nominal dos segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da escola á data de presentación da solicitude (anexo VII). Para a elaboración deste documento o órgano concedente facilitaralles ás entidades beneficiarias o modelo de ficheiro en formato adecuado para xuntar coa certificación anterior.

As entidades solicitantes beneficiarias de axuda ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS420A) só terán que presentar a documentación complementaria prevista neste número no suposto de terse producido variacións respecto da que conste no expediente da dita axuda.

4. Ademais, na epígrafe correspondente do anexo I faranse constar as seguintes declaracións:

a) O conxunto de todas as axudas concedidas para a mesma finalidade da solicitada ao abeiro desta orde.

b) Que a escola infantil indicada dispón de proxecto educativo e proposta pedagóxica, de acordo co currículo de educación infantil de Galicia, e que se encontra á disposición da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para calquera comprobación que sexa precisa.

c) Que dispón da documentación acreditativa do cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación dos nenos e nenas que asisten á escola infantil e do requisito de residencia en Galicia respecto dos que acceden á bonificación.

d) Que a escola infantil está aplicando no curso 2020/21 un réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro.

e) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan coa solicitude son certos.

f) Que non se está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

g) Que non se está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

h) Que se está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

i) Que a entidade solicitante se compromete a manter o cumprimento destes requisitos durante o período de tempo en que perciba esta subvención e a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados con anterioridade pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

8. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Inhabilitación para obter subvencións ou axudas.

d) Concesións de subvencións ou axudas.

e) Certificación de estar ao día das obrigas tributarias emitida pola Axencia estatal de Administración tributaria (AEAT).

f) Certificación de estar ao día das obrigas coa Seguridade Social.

g) Certificación de estar ao día das obrigas tributarias coa facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2021).

    • Extracto da Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2021).

    • Orde do 9 de abril de 2021 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 70 do 15 de abril de 202).

    • Orde do 4 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 218 do 12 de novembro de 2021).

    • Extracto da Orde do 4 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 218 do 12 de novembro de 2021).

    • Orde do 18 de novembro de 2022 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG nº 224 do 24 de novembro de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano