Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS404A
Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación:
1º. As dos fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai, o pai, a persoa acolledora ou a titora ou o titor legal.
2º. As de nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o cal solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.
3º. As de menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.
4º. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo V. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas dentro dos criterios de prioridade para adxudicación de prazas previstos no artigo 14.1 do Regulamento de réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio:
En primeiro lugar, obterán praza nas escolas os/as nenos/as empadroados no concello en que se sitúe a escola. En segundo lugar, de existiren prazas vacantes, poderán obter praza os/as fillas/os de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no concello en que se localice a escola. En terceiro lugar, poderán acceder tamén persoas dos concellos limítrofes.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)
Prazo de presentación: PECHADO
09/03/2017 00:00 - 10/04/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2017. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
c) Respecto daquelas familias que xa escolarizasen outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.
As solicitudes de novo ingreso presentaranse segundo o modelo oficial establecido (anexo I desta resolución). Neste impreso poderá solicitarse praza para máis dunha escola, indicando a orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na escola que se indique como primeira opción.
Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org e facilitaranse tamen nos propios centros en que se solicite praza.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II, relativo á comprobación de datos do/a cónxuxe ou parella ou doutros membros da unidade familiar.
b) Anexo III, no caso de optar á axuda do programa Bono Concilia.
c) Anexo IV, no caso de optar a unha praza concertada nunha escola infantil de titularidade privada adscrita a este programa.
d) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
e) Certificado de discapacidade ou do grao de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, se e o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma.
f) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.
g) Xustificación de ocupación ou desemprego da nai/pai, titor/a legal ou acolledor/a actualizada:
1º. No caso de persoas por conta allea: copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral.
2º. No caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no rexime especial de traballadores autónomos ou da correspondente mutualidade.
3º. No caso das persoas desempregadas, certificación de ser demandante de emprego (con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución).
h) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:
1º. Certificado de discapacidade ou do grao e nivel de dependencia da nai/pai, acolledor/a, titor/a legal ou doutros membros da unidade familiar cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.
2º. Certificado de convivencia e, se e o caso, sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais ou certificado administrativo de monoparentalidade expedido pola Comunidade Autónoma.
3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xenero mediante calquera dos seguintes documentos:
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada pola secretaría xudicial.
2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xenero.
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social
j) Certificado de empadroamento do/da neno/a e dun dos proxenitores ou representante legal que será expedido polo concello en que residan (con efectos desde o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).
k) Nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algún dos proxenitores ou representante legal do/da neno/a teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.
l) Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza, nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas.
m) Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2015, deberán comunicarse e presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica.
A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nas letras e), g), h) e i) dentro do prazo de solicitude e emenda suporá a non valoración, na correspondente epígrafe do baremo que se recolle no anexo V, de calquera das circunstancias alegadas.
As solicitudes de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Tamen se poderán presentar estas solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamen poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao seguinte día hábil, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Anunció.- Resolución do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2017/18 (DOG nº 47 do 8 de marzo de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude adopción internacional
Aberto todo o ano
Solicitude de adopción nacional.
Aberto todo o ano
Solicitude de acollemento familiar
Aberto todo o ano
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59