Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS402G
Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con contrato do servizo de educación infantil.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Esta orde ten por obxecto convocar e establecer o procedemento de adxudicación de praza nas escolas infantís que resultaron adxudicatarias da prestación do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada nas sete grandes cidades e nos concellos da súa área de influenza, así como no concello de Monforte de Lemos (Lugo) (código do procedemento administrativo BS402G). A relación destas escolas recóllese no anexo III.
Poderá adxudicarse unha praza do servizo de educación infantil 0-3 anos nas escolas infantís de titularidade privada que se relacionan no anexo aos nenos e nenas que estean nos seguintes supostos:
a) Os nenos e as nenas escolarizados/as nunha praza do servizo de educación infantil en escolas 0-3 privadas durante o curso 2019/20 para a renovación de praza, sempre que non teñan cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro de 2020.
b) Os nenos e as nenas de novo ingreso cun irmán/á que renove unha praza deste servizo do curso 2019/20 para o curso 2020/21.
c) Os nenos e as nenas solicitantes de praza de novo ingreso para o curso 2020/21 nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou na escola infantil municipal de Monforte de Lemos, que queden en lista de espera por falta de prazas dispoñibles e que nas solicitudes das correspondentes convocatorias marcasen a opción de candidato/a a unha praza deste servizo de educación infantil en escolas 0-3 privadas.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación
Servizo de Conciliación Familiar
Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544650/ 981545666
Fax: 981544634
Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185704
Fax: 981185737
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294442
Fax: 982294386
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386121
Fax: 988386131
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo
Concepción Arenal, 8 -1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817044
Fax: 986817049
Prazo de presentación: PECHADO
16/05/2020 00:00 - 29/05/2020 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Acórdase o levantamento da paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento, nos termos previstos na Resolución da Consellería de Política Social, do 27 de abril de 2020.
1. Para o procedemento de solicitude de praza, tanto de renovación como de novo ingreso (no caso de nenos/nenas cun irmán/á que renove unha praza deste servizo), presentarase o modelo normalizado de solicitude (anexo I).
Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal e https://xunta.gal/politica-social e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, e autorización para a presentación da solicitude de praza.
b) Título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Certificado de discapacidade do neno ou da nena, só no caso de non ser expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.
d) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
Así mesmo, no caso de terse producido cambios que supoñan unha diminución ou incremento dos ingresos de máis do 20 % no cómputo anual respecto aos que constan na declaración do IRPF correspondente ao ano 2018, que afecten a unidade familiar e que poidan incidir no cálculo da renda desta, a persoa interesada achegará, dentro do mesmo prazo de presentación de solicitudes, aqueles documentos que os acrediten ou xustifiquen.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identificación de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso.
b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao ano 2018.
2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Título de familia numerosa expedido na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Discapacidade do neno ou da nena recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e no anexo II, segundo o caso, e achegar os correspondentes documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible, anexo I, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de abril de 2020 pola que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2020/21 (DOG nº 94 do 15 de maio de 2020).
-
Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se acorda levantar a paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento polo que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2020/21 e a súa continuación. (DOG nº 93 do 14 de maio de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude adopción internacional
Aberto todo o ano
Solicitude de adopción nacional.
Aberto todo o ano
Solicitude de acollemento familiar
Aberto todo o ano
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59