Guía de procedementos e servizos

BS402G

Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con contrato do servizo de educación infantil.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 14/09/2018 00:00 - 04/10/2018 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto convocar e establecer o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís que resultaron adxudicatarias da prestación do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada nas sete grandes cidades e nos concellos da súa área de influencia, así como no concello de Monforte de Lemos (Lugo) (código BS402G). A relación destas escolas recóllese no anexo III.

Poderá adxudicarse unha praza do servizo de educación infantil 0-3 anos en escolas infantís de titularidade privada aos nenos e nenas que estean nos seguintes supostos:

a) Os nenos e as nenas escolarizados/as nunha praza concertada durante o curso 2017/18 para a renovación de praza, sempre que non teñan cumpridos os tres (3) anos de idade o 31 de decembro de 2018 e a escola infantil en que estaban escolarizados resultase adxudicataria do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.

b) Os nenos e as nenas de novo ingreso cun/ha irmán ou irmá que renove unha praza concertada do curso 2017/18 para o 2018/19.

c) Os nenos e as nenas solicitantes de praza de novo ingreso para o curso 2018/19 nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que queden en lista de espera por falta de prazas dispoñibles.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544650 / 981545666

Fax: 981544634

Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185704

Fax: 981185737

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294442

Fax: 982294386

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense

Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386121

Fax: 988386131

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo

Concepción Arenal, 8 -1º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817044

Fax: 986817049

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

14/09/2018 00:00 - 04/10/2018 23:59

O prazo para presentar as solicitudes será de quince (15) días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil.

  • Para o procedemento de solicitude de praza, tanto de renovación como de novo ingreso, presentarase o modelo oficial de solicitude (anexo I).

Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e https://xunta.gal/politica-social e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  • a) Anexo II, relativo á comprobación de datos do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso.

  • b) Título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • c) Certificado de discapacidade do neno ou da nena, só no caso de non ser expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.

Así mesmo, no caso de terse producido cambios respecto ao que consta na declaración do IRPF correspondente ao ano 2016 que afecten a unidade familiar e que poidan incidir no cálculo da renda desta, a persoa interesada achegará, dentro do mesmo prazo de presentación de solicitudes, aqueles documentos que os acrediten ou xustifiquen.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identificación de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso.

  • b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) da persoa solicitante e do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso, correspondente ao ano 2016.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

  • a) Título de familia numerosa expedido na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • b) Discapacidade do neno ou da nena recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de agosto de 2018 pola que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2018/19 (DOG nº 175 do 13 de setembro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS401E

Solicitude adopción internacional

Aberto todo o ano

BS401F

Solicitude de adopción nacional.

Aberto todo o ano

BS401G

Solicitude de acollemento familiar

Aberto todo o ano

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59