Guía de procedementos e servizos

BS402G

Adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 concertadas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 09/03/2017 00:00 - 10/04/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta orde ten por obxecto convocar e establecer o procedemento de adxudicación de praza nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada que resultaron adxudicatarias do concerto de prazas do primeiro ciclo de educación infantil nas sete grandes cidades e nos concellos da súa área de influencia (código BS402G). A relación destas escolas recóllese no anexo III.
Poderá adxudicarse unha praza concertada aos nenos e nenas que estean nos seguintes supostos:

a) Renovación de praza.

Nenos e as nenas escolarizados/as nunha praza concertada durante o curso 2016/2017, sempre que non teñan cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro de 2017.

b) Novo ingreso.

1º. Nenos e nenas cun irmán/á que renove praza concertada durante o curso 2017/2018.

2º. Nenos e nenas solicitantes de praza para o curso 2017/2018 nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que queden en lista de espera por falta de prazas dispoñibles e que nas respectivas solicitudes marcaran a opción de candidato/a a praza concertada.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544650 / 981545666

Fax: 981544634

Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185704

Fax: 981185737

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294442

Fax: 982294386

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense

Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386121

Fax: 988386131

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo

Concepción Arenal, 8 -1º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817044

Fax: 986817049

Servizo de Conciliación Familiar

Prazo de presentación: PECHADO

09/03/2017 00:00 - 10/04/2017 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

  • A solicitude tanto no suposto de renovación como de novo ingreso previsto no artigo 2. b) 1º, presentarase segundo o modelo oficial (anexo I desta orde), que estará dispoñible nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal e http://politicasocial.xunta.gal e que tamen se facilitará nos propios centros nos que se solicite praza e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • a) Anexo II, relativo á comprobación de datos do/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.

  • b) Título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Así mesmo, no caso de terse producido cambios respecto ao que consta na declaración do IRPF correspondente ao ano 2015 que afecten á unidade familiar e que poidan incidir no cálculo da renda desta, a persoa interesada achegará, dentro do mesmo prazo de presentación de solicitudes, aqueles documentos que os acrediten ou xustifiquen.

    Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

    A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

    No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou tivera un formato non admitido pola dita sede, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma prevista no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • As solicitudes xunto coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamen poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se convoca e establece o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con prazas concertadas para o curso 2017/18 (DOG nº 47 do 8 de marzo de 2017).

Outros procedementos relacionados

BS401E

Solicitude adopción internacional

Aberto todo o ano

BS401F

Solicitude de adopción nacional.

Aberto todo o ano

BS401G

Solicitude de acollemento familiar

Aberto todo o ano

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59