Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS402F
Renovación de praza en escolas infantís 0-3.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais (AGSS) para o curso 2020/21.
Renovación de praza.
As nenas e os nenos escolarizados durante o curso 2019/20 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza na quenda en que estivesen escolarizadas/os sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2.
Naqueles centros en que por carecer de demanda suficiente se reduzan os horarios, o alumnado con dereito á renovación de praza en xornada de tarde poderá renovala para o mesmo centro en xornada de mañá.
Traslado de centro.
As familias cun/cunha neno/a escolarizado/a nunha escola infantil da Rede Galiña Azul que xustifiquen un cambio de domicilio e/ou de lugar de traballo terán dereito preferente a unha praza no centro que soliciten sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.
Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2020.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación
Servizo de Conciliación Familiar
Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544650 / 981545666
Fax: 981544634
Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185704
Fax: 981185737
Email: administrativos.familia.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294442
Fax: 982294386
Email: xefaturaterritorial.ctb.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386121
Fax: 988386131
Email: politicasocialourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo
Concepción Arenal, 8 -1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817044
Fax: 986817049
Email: familia.ctb.vigo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
16/05/2020 00:00 - 29/05/2020 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Acórdase o levantamento da paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento, nos termos previstos na Resolución da Axencia Galega de Servizos Sociais, do 27 de abril de 2020.
Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.
As solicitudes para a renovación de praza (BS402F) do alumnado escolarizado durante o curso 2019/20 presentaranse no modelo normalizado de solicitude segundo o anexo VI, que estará dispoñible nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e
https://politicasocial/xunta.gal, así como nas propias escolas infantís 0-3.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, e autorización para a presentación da solicitude de praza.
b) Outros documentos que acrediten cambios de carácter socioeconómico na unidade familiar, de ser o caso.
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos
- De conformidade co establecido na normativa de protección de datos, consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.
b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao ano 2018.
- No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e no anexo II, segundo o caso, e achegar os correspondentes documentos acreditativos.
- Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Presentación das solicitudes
1. As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se acorda levantar a paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21 e do procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2020/21 e a súa continuación. (DOG nº 93 do 14 de maio de 2020).
-
Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21 (DOG nº 94 do 15 de maio de 2020).
-
Resolución do 26 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia da Coruña (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).
-
Resolución do 26 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Lugo (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).
-
Resolución do 26 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Ourense (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).
-
Resolución do 26 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia da Pontevedra (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).
-
Resolución do 14 de xullo de 2020 pola que se publican as resolucións do 13 de xullo de 2020, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de espera para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia (DOG nº 144 do 20 de xullo de 2020).
-
Resolución do 25 de novembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21 (DOG nº 242 do 1 de decembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude adopción internacional
Aberto todo o ano
Solicitude de adopción nacional.
Aberto todo o ano
Solicitude de acollemento familiar
Aberto todo o ano
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59