Guía de procedementos e servizos

BS402B

Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 16/05/2020 00:00 - 30/07/2021 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

1. Esta resolución ten por obxecto convocar, para o curso 2020/21, o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia en escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais da localidade onde presta servizos (código de procedemento BS402B). As ditas escolas infantís son as seguintes:

a) Escola infantil de Vite en Santiago de Compostela.

b) Escola infantil Santa María de Oza na Coruña.

c) Escola infantil Catabois en Ferrol.

d) Escola infantil Sagrado Corazón en Lugo.

e) Escola infantil Antela en Ourense.

f) Escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra.

g) Escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo.

2. Para os efectos desta resolución, considérase persoal da Xunta de Galicia o persoal que presta servizos na Presidencia, nas consellerías e nas entidades instrumentais do sector público autonómico.

Calendario e horario de apertura das escolas.

1. Nas escolas infantís 0-3 a que se refire esta resolución, o curso escolar dará comezo o día 4 de setembro de 2020.

Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os considerados festivos no calendario laboral e os días 24 e 31 de decembro de 2020.

Así mesmo, con carácter xeral, todos os centros permanecerán pechados durante os períodos seguintes:

– Os días 28, 29 e 30 de decembro de 2020.

– Os días 29,30 e 31 de marzo de 2021.

– O mes de agosto correspondente ao curso.

No caso da evolución positiva da situación epidemiolóxica, de conformidade co establecido pola autoridade sanitaria, a Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais poderá ditar as oportunas instrucións para a apertura dun centro por localidade.

O alumnado das outras escolas da mesma localidade que permanezan pechadas poderá ser atendido na que permaneza aberta.

Nestes supostos a familia deberá xustificar con base en motivos laborais ou de saúde a necesidade de levalo ao centro durante os citados períodos.

No mes de agosto de 2021, no caso de producirse a apertura dun centro por localidade, esta efectuarase sempre que exista unha demanda igual ou superior aos 15 alumnos/as. Nestes casos, o seu peche diario realizarase ás 17.00 horas.

O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2020/21.

Para o caso da apertura autorizada das escolas infantís durante todo o ano, poderase admitir a asistencia do neno ou da nena durante os 12 meses do ano en casos excepcionais debidamente xustificados.

A apertura das escolas infantís obxecto desta resolución nos períodos anteriormente citados estará condicionada pola súa participación no sistema de quendas, que se establecerá para estes efectos entre as escolas de titularidade da Axencia Galega de Servizos Sociais nas respectivas localidades.

2. A permanencia do alumnado no centro será, con carácter xera,l dun máximo de oito (8) horas diarias, coincidentes co horario laboral da persoa solicitante, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas.

Fillos e fillas do persoal dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia en escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais da localidade onde presta servizos.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545666

Fax: 981544634

Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185755

Fax: 981185737

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo

Ronda da Muralla, 70

2707  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 981294354

Fax: 982294386

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense

Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386595

Fax: 988386131

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo

Concepción Arenal, 8-1º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817704

Fax: 986817049

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

16/05/2020 00:00 - 30/07/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Admitiranse, con carácter excepcional ata o 30/07/2021, as solicitudes fóra do prazo establecido  no artigo 7.2  e nos seguintes casos:

a) Nacemento, acollemento ou adopción da nena ou do neno con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

b) Cambio de concello de destino da persoa solicitante.

c) Outras circunstancias que motivadamente aprecie a persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais ou da xefatura territorial que corresponda en función da localidade de prestación de servizos da persoa solicitante.

As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ir acompañadas da xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así mesmo, estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena no centro onde se solicita a praza.

Acórdase o levantamento da paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento, nos termos previstos na Resolución da Axencia Galega de Servizos Sociais, do 27 de abril de 2020.

Serán requisitos imprescindibles para ser persoa adxudicataria de praza nas escolas infantís 0-3 obxecto desta resolución:

a) Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e sexa fillo ou filla, calquera que sexa a súa filiación, ou estea en situación legal de acollemento por persoal da Xunta de Galicia que preste servizo nos servizos centrais ou por persoal dos servizos periféricos que preste os seus servizos nas xefaturas territoriais da Coruña con sede nesta cidade ou na cidade de Ferrol, nas xefaturas territoriais de Lugo, nas xefaturas territoriais de Ourense e nas xefaturas territoriais da provincia de Pontevedra con sede nesta cidade ou na cidade de Vigo.

b) Que o neno ou nena teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2020.

c) Estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, respecto daquelas familias que xa escolarizasen un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede Galiña Azul.

1. As solicitudes para a renovación de praza do alumnado escolarizado durante o curso 2019/20 presentarase no modelo normalizado de solicitude segundo o anexo I, marcando a opción que corresponda, que estará dispoñible no enderezo electrónico https://sede.xunta.gal.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, e autorización para a presentación da solicitude de praza.

b) Documentos que acrediten cambios de carácter socioeconómico na unidade familiar, de ser o caso.

2. As solicitudes de novo ingreso presentaranse segundo o modelo normalizado establecido no anexo I, marcando a opción que corresponda. Os impresos estarán dispoñibles no enderezo electrónico https://sede.xunta.gal.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, e autorización para a presentación da solicitude de praza.

b) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, se é o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil, acreditada por un equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.

e) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.

f) Se procede, outros documentos en que consten incidencias sociofamiliares computables no baremo:

1º. Xustificante de ocupación actualizada da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso, no caso de persoas traballadoras que non estean no réxime xeral da Seguridade Social.

2º. Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paternofiliais ou certificado administrativo de monoparentalidade expedido por outra comunidade autónoma.

3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Documentos que acrediten oficialmente a situación económica cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20% no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) correspondente ao ano 2018.

- Non será necesario achegar os documentos que xa tivesen sido presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

- A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Comprobación de datos

1. De conformidade coa normativa de aplicación, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade/número de identificación de estranxeiro (DNI/NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) correspondente ao ano 2018 da persoa solicitante, da persoa cónxuxe ou parella ou doutros membros da unidade familiar, de ser o caso.

c) Situación física do posto de traballo do Rexistro Central de Persoal da Dirección Xeral de Función Pública da Consellería de Facenda.

2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Grao de discapacidade e/ou de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acollemento ou garda con fins adoptivos do neno ou da nena para quen se solicita praza, formalizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Familia numerosa recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e no anexo II, e achegar os correspondentes documentos acreditativos.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Presentación de solicitudes

1. As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

  • Todos os trámites que as persoas interesadas deben realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2020/21 (DOG nº 94 do 15 de maio de 2020).

    • Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se acorda levantar a paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21 e do procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2020/21 e a súa continuación. (DOG nº 93 do 14 de maio de 2020).

    • Resolución do 14 de xullo de 2020 pola que se publican as resolucións do 13 de xullo de 2020 polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia admitidas/os e da lista de espera para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia (DOG nº 144 do 20 de xullo de 2020).

    • Resolución do 7 de decembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2020/21 (DOG nº 251 do 15 de decembro de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS401E

Solicitude adopción internacional

Aberto todo o ano

BS401F

Solicitude de adopción nacional.

Aberto todo o ano

BS401G

Solicitude de acollemento familiar

Aberto todo o ano

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59