Guía de procedementos e servizos

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 09/03/2017 00:00 - 10/04/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2017/18.

As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación:

1º. As dos fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai/ pai, a persoa acolledora ou o titor/a legal.

2º. As de nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o que solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.

3º. As de menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.

4º. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo V.

Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2017.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544650 / 981545666

Fax: 981544634

Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185704

Fax: 981185737

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294442

Fax: 982294386

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense

Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386121

Fax: 988386131

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo

Concepción Arenal, 8 -1º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817044

Fax: 986817049

Servizo de Conciliación Familiar

Prazo de presentación: PECHADO

09/03/2017 00:00 - 10/04/2017 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

a) Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.

b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2017. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.

c) Respecto daquelas familias que xa escolarizasen un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

  • As solicitudes de novo ingreso presentaranse segundo o modelo oficial establecido (anexo I desta resolución). Neste impreso poderá solicitarse praza para un máximo de dous centros, indicando a orde de preferencia.

    Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e http://www.politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamen nos propios centros en que se solicite praza e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Anexo II relativo á comprobación de datos do/da cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar.

    • b) Anexo III, no caso de optar á axuda do programa Bono Concilia.

    • c) Anexo IV, no caso de optar a unha praza concertada nunha escola infantil de titularidade privada adscrita a este programa.

    • d) Copia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

    • e) Certificado de discapacidade ou do grao de dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza, se e o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

    • f) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.

    • g) Xustificación de ocupación ou desemprego da nai/pai, titor/a legal ou acolledor/a actualizada:

      • 1º. No caso de persoas traballadoras por conta allea: copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral.

      • 2º. No caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no rexime especial de traballadores autónomos ou da correspondente mutualidade.

      • 3º. No caso das persoas desempregadas: certificación de ser demandante de emprego (con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución).

    • h) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:

      • 1º. Certificado de discapacidade ou do grao de dependencia da nai/pai, acolledor/a, titor/a legal, ou outros membros da unidade familiar cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

      • 2º. Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais ou certificado administrativo de monoparentalidade expedido por outra comunidade autónoma.

      • 3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • i) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xenero mediante calquera dos seguintes documentos:

      • 1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada pola secretaría xudicial.

      • 2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xenero.

      • 3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

      • 4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

      • 5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

      • 6º. Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

    • j) Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes, que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza, nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas.

    • k) Cando se produzan variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2015, deberán comunicarse e presentarse os documentos que acrediten oficialmente a situación económica.

      A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nas letras e), g), h) e i) dentro do prazo de solicitude e emenda suporá a non valoración, na correspondente epígrafe do baremo que se recolle no anexo V, de calquera das circunstancias alegadas.

  • As solicitudes de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Tamen se poderán presentar estas solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamen poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 28 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2017/18 (DOG nº 47 do 8 de marzo de 2017).

Outros procedementos relacionados

BS401E

Solicitude adopción internacional

Aberto todo o ano

BS401F

Solicitude de adopción nacional.

Aberto todo o ano

BS401G

Solicitude de acollemento familiar

Aberto todo o ano

BS402B

Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59