Guía de procedementos e servizos

BS323A

Incorporación ao consello asesor e consultivo de xuventude de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve
O Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, creado pola Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, é un órgano colexiado de participación, representación e consulta das políticas públicas da Xunta de Galicia en materia de xuventude.

O Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia está integrado na consellería competente en materia de xuventude, sen prexuízo da súa autonomía, pero non participa na estrutura xerárquica da consellería.

A consellería competente en materia de xuventude facilitará ao Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia os medios persoais e materiais necesarios para o exercicio das funcións recollidas na Lei 6/2012, do 19 de xuño, dentro das dispoñibilidades orzamentarias da consellería competente en materia de xuventude.

O Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia terá como fins os seguintes:

a) Representar a xuventude galega a través da súa condición de membro de pleno dereito no Comité Galego de Políticas de Xuventude.

b) Emitir os informes que afecten a xuventude e lle sexan solicitados polo Comité Galego de Políticas de Xuventude ou polo órgano de dirección competente en materia de xuventude.

c) Emitir informe sobre o impacto na xuventude dos proxectos de disposicións normativas promovidas pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que afecten a mocidade.

d) Analizar, con carácter permanente, a situación da xuventude en Galicia, facilitando así a toma de decisións, e especialmente as problemáticas que incidan maiormente na xuventude galega, a través do Observatorio Galego da Xuventude.

e) Elevar anualmente ao Parlamento unha memoria en que se reflicta a situación da xuventude como grupo social e, ao tempo, propoñer as medidas legais que xulgue necesarias.

f) Contribuír á institucionalización do movemento asociativo xuvenil de Galicia, consolidando, por un lado, o xa existente e, por outro, promovendo a creación de asociacións xuvenís de distinta natureza.

g) Garantir a participación activa e dinámica da xuventude en todas as ordes da vida social, educativa, laboral, política, económica, deportiva, de lecer, de tempo libre e cultural de Galicia.

h) Representar a xuventude de Galicia no Consello da Xuventude de España, así como noutros organismos de ámbito estatal, europeo e internacional dos que poida ser membro, participando así na articulación das políticas de xuventude nos distintos niveis.

i) Establecer relacións de cooperación e colaboración con outros consellos da xuventude do Estado.

j) Elevar propostas de acción á consellería competente en materia de xuventude.

k) Defender os intereses da xuventude presentando ante os organismos públicos e privados correspondentes as medidas tendentes a facer efectivos os intereses que corresponden á xuventude.

Quen pode solicitalo
a) As asociacións xuvenís de calquera natureza legalmente constituídas que, carecendo de ánimo de lucro, figuren rexistradas e clasificadas no Rexistro de Entidades Xuvenís de Galicia como asociacións de ámbito autonómico.

b) As federacións, confederacións ou unións de asociacións xuvenís inscritas no Rexistro de Entidades Xuvenís de Galicia, de ámbito estatal, autonómico ou local, compostas, como mínimo, por tres asociacións con organización e implantación propia en Galicia.

A súa incorporación exclúe a dos seus membros de xeito independente.

c) Os consellos locais de xuventude.

d) As seccións ou organizacións xuvenís dos partidos políticos.

e) As seccións ou organizacións xuvenís dos sindicatos e asociacións empresariais.

f) As organizacións estudantís que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) As seccións xuvenís das demais asociacións de ámbito autonómico de calquera natureza que figuren rexistradas e clasificadas no Rexistro de Entidades Xuvenís de Galicia, sempre que estatutariamente teñan recoñecidas autonomía funcional, organización e goberno propio para as materias especificamente xuvenís.

Os/as membros do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia terán as seguintes obrigas:

a) Asistir ás xuntanzas da Asemblea Xeral, así como ás dos órganos do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia de que sexan membros.

b) Acatar as normas establecidas no presente regulamento, así como os acordos validamente adoptados polos órganos do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.

c) Colaborar e participar activamente nos órganos do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia de que formen parte, contribuíndo ao cumprimento dos fins do Consello.

d) Respectar as opinións e manifestacións expresados polos/as demais membros do Consello, non proferir palabras nin verter conceptos ofensivos ao decoro ou dignidade dos/as demais membros do Consello.

e) Respectar a orde e a cortesía no desenvolvemento dos debates.

f) As demais que deriven, para os membros de órganos colexiados, da Lei 16/2010, do 17 de decembro.

Requisitos

As entidades interesadas en formar parte do consello deberán solicitar a súa admisión ao Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia nos termos sinalados neste regulamento.
Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Xunto coa solicitude, as entidades que desexen formar parte do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia deberán presentar a seguinte documentación:

    • a) Certificación do rexistro administrativo onde se atope inscrita a entidade.

    • b) Copia compulsada dos estatutos.

    • c) Memoria de actividades do último ano.

    • d) Certificado do/a secretario/a da entidade en que conste a representación legal da persoa que asina a solicitude e o acordo do órgano competente polo que se nomean representante e substituto/a no Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.

    • e) De ser unha federación, confederación ou unión de asociacións xuvenís, declaración responsable de que os seus membros non forman parte do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia de xeito independente. De cambiar esta circunstancia en calquera momento, deberase notificar á Secretaría do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia.

  • As entidades xa incluídas no Rexistro de Entidades Xuvenís de Galicia estarán exentas de presentar a documentación recollida nas letras a) e b) do número anterior.

  • As solicitudes poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e irán dirixidas á Secretaría do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, adscrita á consellería competente en materia de xuventude.

    Así mesmo, e de acordo co establecido no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e unha vez aprobada por Orde do 15 de setembro de 2011 a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia, as persoas interesadas poderán presentar electronicamente as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos. As mencionadas imaxes electrónicas carecerán de carácter de copia autentica.

Anexos

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Tres meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo. 

Isto significa que a solicitude se considera aprobada. 

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude). 

Como recibirás a resposta da Administración?

A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.

Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.

Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957057/ 981544866

Fax: 981545843

Órgano responsable

Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 57/2014, do 8 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia (DOG nº 101 do 28 de maio de 2014). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros. Decreto 57/2014, do 8 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia (DOG nº 104 do 3 de xuño de 2014). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS319A

Carné Xove

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS325A

Certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI460A

Indemnizacións para vítimas de violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/01/2026 00:00 - 01/12/2026 23:59