Guía de procedementos e servizos

BS303G

Prazas xuvenís, programa campaña de verán (prazas reservadas discapacidade-individual).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 26/04/2018 00:00 - 18/05/2018 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2018 que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/

Servizos ofertados.

1. A participación na oferta da Campaña de verán 2018 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

2. As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

3. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 15.00 e as 17.00 horas.

Cando a incorporación aos campamentos e albergues teña lugar fóra de Galicia, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión do/a participante, será responsabilidade dos pais/nais ou titores/as legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

Os/as adxudicatarios/as das prazas están obrigados/as:

1. A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.

2. A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a comparecencia dos/as pais/nais ou titores/as, ou persoa debidamente autorizada por estes/as, e será responsabilidade destes/as o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen, tal e como se especifica no artigo 2.2. desta orde.

3. A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia. Poderán ser expulsadas do campamento as persoas participantes que non respecten as citadas normas e cando o seu comportamento dificulte ou impida a convivencia.

4. A praza é intransferible.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999025 / 881999194 / 981545293 / 881999314

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881240 / 881881238 / 881881241/ 881881239

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294224 / 982294353 / 982294923

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Avda. da Habana, 81 baixo

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386120 / 988386116 / 988386113

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817078 / 986817080 / 986817781 / 986817656

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

26/04/2018 00:00 - 18/05/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2018, cómpre destacar o seguinte:

- Os/as nacidos/as no ano 2000 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.

- Os/as nacidos/as no ano 2009 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio e saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no artigo 3.5 desta orde.

Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

Persoas con  discapaidade.

As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

a) Facer constar a súa condición no apartado que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios se os precisara.

b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na páxina web de xuventude (http://xuventude.xunta.es/ ).

En función do tipo de discapacidade, poderá excepcionarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto, o/a menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.

As persoas solicitantes con discapacidade que cumpran os requisitos sinalados deben optar, de conformidade co artigo 4 desta orde, por unha destas dúas vías: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos procedementos.

  • As persoas con discapacidade que non presenten a súa solicitude individual pola vía xeral (procedemento BS303A) e opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión (as incluídas no anexo I B) deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).

  • Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

    • a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A, B e C, desta orde.

    • b) Os datos do/a solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos/as os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

    • c) As solicitudes deberanas asinar os/as pais/nais ou titores/as dos/as menores solicitantes.

    • d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

    • e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, quedando o/a solicitante fóra do sorteo.

  • Transcorrido un mes desde a publicación da orde, a persoa interesada deberá comprobar, na páxina web http://xuventude.xunta.es/ , a correcta mecanización da súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos das solicitudes. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI do/a pai/nai ou titor/a que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados ou non atopan a solicitude, deben chamar a calquera dos números de teléfono da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, contra os erros ou omisións de solicitudes non procederá reclamación ningunha.

  • Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar no prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ao da realización do sorteo, preferiblemente por vía electrónica, a seguinte documentación (os modelos estarán dispoñibles na páxina web http://xuventude.xunta.es/ ):

    • a) Xustificación de pagamento.

    • b) Se o /a menor non dispuxera de DNI deberá achegarse a copia do libro de familia.

    • c) Tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

    • d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI).

    • e) Declaración responsable de que sabe nadar.

  • No caso de persoas con discapacidade, ademais:

    • a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, cando os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade autónoma.

    • b) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI), con todos os apartados cumprimentados e a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, se é o caso. (Non se prestará ningún tipo de atención que non se reflicta neste documento ou en informes complementarios que acompañen á solicitude).

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

  • a) DNI da/s persoa/s solicitante/s.

  • b) NIE da/s persoa/s solicitante/s.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

  • a) Certificado de discapacidade.

  • b) Título de familia numerosa.

  • c) Certificado de familia monoparental.

  • d) Carné xove.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de abril de 2018 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2018 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 80 do 25 de abril de 2018).

Outros procedementos relacionados

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS303A

Prazas xuvenís, Programa campaña de verán.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 02/05/2025 00:00 - 15/05/2025 23:59

BS306B

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano