Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS303C - Prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social.
A presente orde ten por obxecto convocar en réxime de concorrencia competitiva a oferta de prazas e bolsas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2020/21, e establecer as bases para a súa concesión.
O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias xuvenís é a seguinte:
Cidade Residencia Prazas
Lugo Centro Residencial Xuvenil LUG 4 Home/muller
Ourense Florentino L. Cuevillas 5 Home/muller
Vigo Altamar 6 Home/muller
Poderán solicitar as bolsas para as residencias xuvenís as persoas físicas que cumpran os requisitos.
Obrigas das persoas colaboradoras bolseiras
1. As persoas colaboradoras bolseiras, como residentes, teñen as seguintes obrigas:
a) Incorporarse á residencia xuvenil o día de inicio do curso académico, segundo o plan de estudos de cada persoa colaboradora bolseira e, como máximo, o 16 de outubro de 2020, salvo causa de forza maior debidamente acreditada.
En caso contrario, perderán o dereito á praza adxudicada e cubrirase a vacante conforme a lista de agarda nos termos do artigo 12.
b) Respectar e cumprir as normas de réxime interno da residencia xuvenil. O seu incumprimento, logo da tramitación do expediente disciplinario no cal se respectará en todo caso o trámite de audiencia, poderá dar lugar, de ser o caso, á perda da condición de residente.
c) Deixar os cuartos libres, inescusablemente, o día que finalice o calendario académico e, en todo caso, o prazo máximo será o 31 de xullo de 2021.
Os danos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios da residencia xuvenil serán de responsabilidade individual das súas persoas autoras ou, colectivamente, de quen teña asignadas as dependencias concretas ao seu uso, e terase que aboar o seu custo.
2. As persoas colaboradoras bolseiras, como perceptoras da axuda, teñen as seguintes obrigas:
a) A condición de persoa colaboradora bolseira obriga a esta nos termos previstos no artigo 14.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
b) Cumprir cos obxectivos do proxecto de actividades de conformidade co establecido no artigo 4.1.j).
c) Participar no programa Correspondentes xuvenís 3.0 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dentro das actividades de información xuvenil e asumindo as obrigas e dereitos derivados do referido programa.
1. Poderán solicitar as bolsas para as residencias xuvenís as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento de presentación da solicitude.
b) Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro de 2020.
c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
d) Non ter perdido con anterioridade a condición de persoa colaboradora bolseira por causa imputable á persoa solicitante.
e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade na residencia xuvenil.
f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples, en diante IPREM, do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 10.1.b).
2. Ademais, as persoas beneficiarias destas bolsas teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881238
Fax: 881881237
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294599
Fax: 982294339
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Avda. da Habana, 81 baixo
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386120/ 988386113
Fax: 988386119
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986817781/ 986817782
Fax: 986817082
Dirección Xeral de Xuventude
Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso académico 2020/21 (DOG núm. 153 do 31 de xullo de 2020).
Extracto da Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso académico 2020/21 (DOG núm. 153 do 31 de xullo de 2020).
Resolución do 16 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 15 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, para o curso académico 2020/21 (DOG nº 205 do 9 de outubro de 2020).
Resolución do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 25 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e bolsas, a lista de agarda e lista de exclusión no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2020/21 (DOG nº 205 do 9 de outubro de 2020).
Resolución do 1 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 28 de setembro de 2020, ditada no procedemento BS303C de convocatoria de prazas de persoas colaboradoras-bolseiras na Residencia Xuvenil Altamar para o curso académico 2020/21 (DOG nº 209 do 16 de outubro de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
01/08/2020 00:00 - 31/08/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.
O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas solicitantes que estean cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, e sempre que o prazo de presentación non rematase, requirirásalle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. En todo caso, a solicitude non será admitida a trámite se a presentación electrónica se realiza despois de rematado o prazo de presentación de solicitudes.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
3. As persoas solicitantes que estean cursando estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia de todas as follas do libro de familia onde figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar.
b) Copia do título de familia numerosa cando non fose expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.
c) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, no caso de que non se achegase xa certificado de residencia onde conste este dato.
d) Outros documentos que acrediten oficialmente a nova situación económica no caso de que se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos declarados na solicitude de praza, variacións que deberán ter unha duración mínima de catro meses consecutivos para ser tomadas en consideración.
e) Certificación médica acreditativa do estado de xestación no momento de presentación da solicitude, no caso de ser muller xestante.
f) A situación de violencia de xénero, de ser o caso. Esta situación acreditarase, por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que son:
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
g) A situación de orfandade: certificado da acta de defunción do/dos causante/s falecido/s, copia do libro de familia ou o documento estranxeiro equivalente, certificado literal de nacemento da persoa solicitante, de ser o caso.
h) Discapacidade: certificado acreditativo do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, cando os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade autónoma.
i) Certificación académica: copia na cal figuren as notas correspondentes ao último curso académico en que estivo matriculado ou, de ser o caso, da proba de obtención de título. Na certificación deberá constar a nota media.
j) Proxecto de actividades que debe desenvolver na residencia xuvenil.
O proxecto de actividades centrarase nos seguintes ámbitos: información xuvenil, participación e dinamización e convivencia. Así, debe responder, por parte da persoa solicitante, ao cumprimento dos seguintes obxectivos:
1º. Difundir entre as persoas residentes a información relativa a actividades impulsadas desde a Xunta de Galicia que poidan ser de interese para a xuventude.
2º. Fomentar a participación das persoas residentes nos programas e actividades impulsados desde a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
3º. Propoñer e dinamizar actividades a realizar na residencia xuvenil centradas nas áreas do ocio e tempo libre, novas tecnoloxías, cultura e deporte.
4º. Incentivar un bo clima de convivencia entre os residentes.
5º. Apoiar os residentes durante a súa estancia na residencia xuvenil.
6º. Apoiar o bo funcionamento da residencia xuvenil a través da execución do seu proxecto.
k) Certificado de monoparentalidade, de ser o caso.
l) Anexo II relativo á comprobación de datos de terceiras persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso.
2. Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia en que radique a residencia xuvenil requirirá a persoa solicitante para que no prazo de dez (10) días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de resolución, que será ditada nos termos do artigo 11.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas solicitantes interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. De conformidade coa normativa reguladora de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, tanto os indicados no anexo I para a persoa solicitante como no anexo II para os demais membros que compoñen a unidade familiar:
a) DNI/NIE da persoa solicitante e, se é o caso, da persoa representante e demais membros que compoñen a unidade familiar.
b) Certificado de residencia con data de última variación do padrón da persoa solicitante.
c) Datos do imposto da renda das persoas físicas, en adiante IRPF, da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa solicitante faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Datos do título de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia.
b) Certificado do grao de discapacidade da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar, recoñecida pola Xunta de Galicia.
c) Desemprego. Acreditación da situación legal de desemprego sen prestación económica da persoa solicitante e, de ser o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.
3. No caso de que as persoas solicitantes, o/a titor/a ou representante legal o os demais membros que compoñen a unidade familiar se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I (solicitude por parte de persoa solicitante ou titor/a ou representante legal) e no anexo II (comprobación de datos de terceiras persoas que compoñen a unidade familiar) e achegar os documentos correspondentes.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas solicitantes, á titor/ra ou representante legal e aos demais membros que compoñen a unidade familiar, a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas solicitantes realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa solicitante. Cando as persoas solicitantes non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"