Guía de procedementos e servizos

BS214A

Concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de azhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 11/03/2023 00:00 - 10/04/2023 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Establecer as bases reguladoras do concerto social para a xestión integral do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica, en centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o período 2023-2027 (código de procedemento BS214A), destinadas a entidades que desenvolvan prestacións, programas, servizos ou xestionen centros no ámbito obxecto desta convocatoria de concerto e cumpran os requisitos exixidos no artigo 4 desta orde.

As entidades prestadoras de servizos sociais.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores

Edfif. Administrativo San Caetano, Edif. 8B

15705  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545650

Email: subxmaiores.politicasocial@xunta.gal

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Prazo de presentación: PECHADO

11/03/2023 00:00 - 10/04/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como última día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. De conformidade co artigo 6 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, poderán solicitar e acceder ao réxime de acción concertada as entidades prestadoras de servizos sociais que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras De Servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia (en diante, RUEPSS).

b) Contar coa correspondente acreditación administrativa dos servizos prestados.

c) Acreditar a súa solvencia económica e financeira e unha experiencia mínima de atención ao colectivo destinatario do obxecto deste concerto, segundo o establecido no artigo 5 desta convocatoria.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lles sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

f) Contar cun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura non inferior a 150.000 euros.

g) Non estar incursa nas prohibicións que establece o artigo 7 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

2. Os requisitos das alíneas a) e b) serán comprobados de oficio polo órgano competente para a formalización do concerto social.

3. As entidades solicitantes deberán cumprir os requisitos sinalados no número un na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se considerarán desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Presentarase unha solicitude por cada centro e cada solicitude deberá ser á totalidade das prazas dese centro.

4. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da entidade solicitante da totalidade do contida desta convocatoria, sen ningunha excepción ou reserva.

5. No anexo I constan as seguintes declaracións responsables:

a) Que, de acordo co artigo 38 do Decreto 219/2022, do 17 de decembro, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas, a entidade non solicitou outras axudas para o financiamento dos servizos ou prestacións obxecto deste concerto.

b) Que a entidade dispón da solvencia económica e financeira, e técnica ou profesional, e da experiencia mínima, segundo se establece no artigo 5 da convocatoria.

c) Que a entidade non está incursa en ningunha causa de prohibición para concertar, segundo o disposto no artigo 7.1 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

d) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

e) Que a entidade participante acepta a totalidade das condicións establecidas nesta convocatoria e no prego técnico.

f) Que a entidade participante acepta expresamente, no caso de resultar concertada ao abeiro desta convocatoria, a rescisión automática dos contratos que teña asinados coa Consellería de Política Social e Xuventude, relativos ás mesmas prazas contratadas, no caso de que coincida o número de prazas concertadas e o de prazas contratadas. No caso de concertación dun número de prazas inferior ás actualmente contratadas, a entidade participante acepta expresamente unha modificación do contrato asinado, consistente nunha redución de prazas nun número idéntico ao de prazas concertadas.

Documentación complementaria.

1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa de que a entidade ten contratada unha póliza de seguro de responsabilidade civil cunha cobertura non inferior aos 150.000 euros, para garantir a obriga de indemnizar as persoas usuarias polos danos que se lles poidan ocasionar como consecuencia da execución do concerto.

b) Documentación acreditativa da solvencia económica e financeira nos termos previstos no artigo 5.1 desta convocatoria.

c) Documentación acreditativa da solvencia técnica ou profesional e da experiencia mínima segundo se establece no artigo 5.2 desta convocatoria.

d) Anexo II, criterios de valoración.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Inscrición da entidade solicitante no RUEPSS.

d) Certificado de que a entidade solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta dos datos a que se refiren as alíneas a), b), e d), deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia, para o período 2023-2027, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 49 do 10 de marzo de 2023).

    • Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 21 de abril de 2023 de asignación do concerto social da prestación do servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, e dos programas comunitarios de alzhéimer vinculados ao servizo de atención diúrna terapéutica nos centros da Rede pública autonómica de centros de día de atención social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, de titularidade da Xunta de Galicia para o período 2023-2027 (DOG nº 82 do 28 de abril de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano