Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AU230M
Exención no Canon da auga para centros de entidades de iniciativa social
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Mediante este modelo as entidades de iniciativa social, tanto públicas como privadas, sen ánimo de lucro que presten servizos directos a persoas en risco ou en situación de exclusión social poden solicitar a exención no canon da auga para os centros onde se realicen ditos servizos.
Entidades de iniciativa social, tanto públicas como privadas, sen ánimo de lucro que presten servizos directos a persoas en risco ou en situación de exclusión social.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 544560/ 981 545081
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Todo o ano.
Os requisitos que deben cumprir as entidades de iniciativa social son as seguintes:
a) Ser unha entidade sen ánimo de lucro.
b) Prestar servizos directos a persoas en risco ou en situación de exclusión social.
c) Figurar inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da consellaría en materia de servizos sociais.
- Solicitude normalizada segundo o Anexo XII
- Xunto cos modelos de solicitude deberán presentar:
a) Copia da última factura da auga (no caso de ter subministro municipal).
- Fase de solicitude
- Documento de solicitude (Anexo XII)
Prazo de resolución:
6 meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).
-
Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).
-
Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2022).
-
Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria (BOE nº 302, de 18 de decembro de 2003).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano