Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE209F - Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas.
Regular a convocatoria para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar aos bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, no mar e nas praias.
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros, cooperativas do mar e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras. As entidades serán sen ánimo de lucro e terán ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Cando as actividades de recollida de residuos e de arribazóns de algas que poidan afectar os bancos marisqueiros sexan realizadas no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo, só poderán ser beneficiarios das subvencións as entidades de interese colectivo do sector que sexan titulares do plan de xestión.
3. Non poderán obter a condición de beneficiario aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) As persoas sinaladas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As persoas incursas nas circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) Os operadores que se encontren nalgún dos supostos establecidos no artigo 11.1 e 3 do Regulamento (UE) nº 2021/1139.
d) As persoas que non estean ao día no pagamento das súas obrigas tributarias ao Estado, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
4. As entidades poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente entre elas, como unha agrupación de entidades. As entidades que concorran conxuntamente deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiario lle corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.
5. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente cando non sexa posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un deles.
6. A agrupación non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8 desta lei.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546147
Email: galp.cm@xunta.gal
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 29 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (DOG nº 175 do 11 de setembro de 2024).
Extracto da Orde do 29 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (DOG nº 175 do 11 de setembro de 2024).
Corrección de erros. Orde do 29 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (DOG nº 183 do 23 de setembro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
12/09/2024 00:00 - 11/10/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Forma de presentación de solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). A presentación da solicitude nun formulario distinto será causa de inadmisión.
De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Se a emenda deste concreto defecto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución en que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 20.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para a presentación electrónica poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As persoas solicitantes realizarán as seguintes declaracións responsables, empregando para o efecto o formulario do anexo I:
a) Que respecta a Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.
b) Que ten en conta e promove a igualdade entre mulleres e homes.
c) Que evita calquera discriminación por razón de xénero, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual.
d) A veracidade de todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan.
e) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
g) Estar ao día nas obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 11.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co artigo 10 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) Non se encontra en ningún dos supostos do artigo 11.1 e 3 do Regulamento (UE) 2021/1139, é dicir:
1º. Non cometeu infraccións graves conforme o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou conforme outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC;
2º. Non estivo involucrado na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008, ou dalgún buque con pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, segundo se establece no artigo 33 do dito regulamento, ou
3º. Non se determinou por medio dunha resolución definitiva que cometeu fraude, tal como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371, no contexto do FEMP ou do FEMPA.
i) A condición de ser ou non ser poder adxudicador nos termos da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
j) Que o IVE soportado é recuperable ou non polo promotor.
k) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para levar a cabo o proxecto para o cal se solicita a axuda.
l) Que a operación presenta a mellor relación entre o importe da axuda, as actividades emprendidas e a consecución dos obxectivos.
m) Dispor dos recursos e mecanismos financeiros necesarios para cubrir os custos de funcionamento e mantemento das operacións, no caso de que estas impliquen investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos e para garantir a súa sustentabilidade financeira.
n) Estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
ñ) No caso de investimentos en infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco (5) anos, cúmprese co principio de protección fronte ao cambio climático.
o) A operación non inclúe actividades que forman parte dunha operación suxeita a relocalización, de conformidade co artigo 66, ou que constitúan unha transferencia dunha actividade produtiva, de conformidade co artigo 65.1.a, ambos os dous do Regulamento (UE) 2021/1060.
p) Os investimentos non foron iniciados, agás, de ser o caso, o informe de residuos mariños no caso da pesca activa e o informe de técnico competente relativo á protección fronte ao cambio climático.
q) Os bens inventariables para os cales se solicita a subvención dos gastos de amortización, corresponden a investimentos rexistrados na contabilidade da entidade beneficiaria e non foron adquiridos por ningún tipo de subvención, xa sexa europea, nacional, autonómica ou local.
r) Cumpre a normativa comunitaria, nacional e autonómica vixente, en particular a lexislación en materia de accesibilidade para as persoas con discapacidade, e en materia ambiental, de ser o caso.
3. As solicitudes estarán asinadas polo/a representante legal da entidade solicitante. A presentación das solicitudes non asinadas polo/a representante legal será causa de inadmisión.
4. As entidades solicitantes realizarán unha declaración responsable sobre a aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade, de acordo co sinalado no anexo I bis.
5. A presentación da solicitude de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade das declaracións anteriores, por calquera medio ou rexistro dispoñible. No caso da declaración de cumprimento do artigo 11 do Regulamento (UE) 202/1139, a autorización terá validez nos cinco (5) anos posteriores á concesión da axuda.
6. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, como organismo intermedio de xestión, recollerá información sobre os titulares reais dos perceptores do financiamento da Unión Europea, de conformidade cos datos que figuran no anexo XVII do Regulamento (UE) 2021/1060, e con base no establecido no artigo 62.2 do dito regulamento.
De conformidade co artigo 5, número 8, do Regulamento do Rexistro Central de Titularidades Reais, aprobado polo Real decreto 609/2023, do 11 de xullo, a información contida no Rexistro será accesible, de forma gratuíta e sen restrición, unicamente para o desenvolvemento das súas misións específicas, ás autoridades e organismos nacionais que xestionen, verifiquen, paguen ou auditen fondos europeos, e cuxas funcións veñan determinadas nun regulamento comunitario en que veña establecido que a información sobre titulares reais do/da beneficiario/a dos fondos se pode cumprir empregando os datos almacenados nos rexistros a que se refire o artigo 30 da Directiva (UE) nº 2015/849; no caso de España, o Rexistro Central de Titularidades Reais.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da personalidade: certificación do órgano competente na cal se acredite o desempeño actual do cargo por parte da persoa asinante e se especifique o acordo polo cal se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actúa en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
b) Copia dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro correspondente.
Non será necesario achegar este documento cando xa conste nos arquivos da Consellería do Mar por telo presentado nun procedemento administrativo nos últimos cinco (5) anos. Neste caso, deberán indicarse o procedemento, a data de presentación e o órgano ante o cal se presentou.
Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores.
c) Proxecto que permita determinar a súa viabilidade e realizar a valoración conforme os criterios establecidos nos artigos 21 e 22 desta orde.
Forman parte do proxecto a memoria e o orzamento que conteña unha descrición del conforme o modelo que figura na páxina web https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/proxectos-colectivos/fempa. A presentación en modelo diferente será causa de inadmisión.
A memoria do proxecto deberá conter, polo menos:
1º. Datos das entidades solicitantes, e representante, de ser o caso.
2º. Descrición da entidade: experiencia da entidade na xestión de proxectos financiados pola Unión Europea nos tres (3) últimos anos naturais. Experiencia da entidade en proxectos relacionados coa recollida de lixo mariño nos cinco (5) últimos anos naturais, de ser o caso. Equipo que a entidade vai destinar para a xestión do proxecto, concretando quen será a persoa supervisora. Elementos que aseguran a capacidade técnica e administrativa da entidade para a realización do proxecto.
3º. Explicación das necesidades que se pretenden cubrir. Identificar o obxectivo xeral do proxecto, que debe describir que é o que o proxecto pretende conseguir. Identificar os obxectivos específicos do proxecto. Explicar quen se beneficiará directamente do proxecto, é dicir, o/os grupo/s obxectivo/s que se verán beneficiados dos resultados dos investimentos, e indicar o número de persoas pescadoras que participarán directamente no proxecto.
No caso dos investimentos recollidos no artigo 6.3.g).2º que se encontren fóra de solos urbanos o urbanizables ordenados ou sectorizados, as infraestruturas deberán estar xeorreferenciadas.
4º. Descrición das liñas de actuación e accións segundo o establecido nos números 2 e 3 do artigo 6 desta orde que se pretenden acometer en cada unha delas.
Nas actuacións indicarase:
i. Ámbito xeográfico de actuación do proxecto e zonas de traballo en que se levarán a cabo as accións de limpeza. Localización cartográfica (planos sobre mapas) e xeorreferenciación das zonas de traballo en que se realizará a limpeza, indicando as superficies destas (en km2) e a superficie total. Nas zonas de traballo identificaranse os bancos marisqueiros concretos (denominación completa) conforme se denominan no plan de xestión, de ser o caso. Características da zona.
ii. Nas actuacións de pesca de lixo activa: coñecemento probado da existencia de residuos. Xustificación de que a recollida se realiza en zonas de maior acumulación de lixo ou zonas especificamente vulnerables, conforme o informe de residuos mariños presentado. Xustificación de que non se produce unha pesada carga ambiental derivada da actividade de recollida; por exemplo, un uso excesivo de combustible para a dita recollida. Relación de embarcacións pesqueiras e/ou persoas mariscadoras a pé que realizarán a recollida de lixo mariño.
iii. Nas actuacións de recollidas de arribazóns: información das limpezas efectuadas nos últimos tres (3) anos naturais no ámbito do plan de xestión marisqueiro; en particular, grupos ou especies principais de algas, nº de días, estimación das cantidades recollidas (en quilogramos), número estimado de persoas mariscadoras que participaron na recollida, número de embarcacións participantes no plan que participaron e número doutras embarcacións. Zonas previstas de recollida. Xustificación da posible afección aos bancos marisqueiros. No caso de recollida en zonas de proliferación anormalmente alta de algas, xustificación de que non se produce unha pesada carga ambiental derivada da actividade; por exemplo, un uso excesivo de combustible para a dita recollida. Relación de embarcacións pesqueiras e/ou persoas mariscadoras a pé que realizarán a recollida.
iv. Plan de traballo en que se indiquen os procesos e as tarefas, os axentes implicados, as súas responsabilidades, os protocolos de traballo, os medios ou elementos que se van empregar, as actividades de transporte, almacenamento, manexo, clasificación, caracterización e reciclaxe, de ser o caso. Elementos de transporte que empregarán propiedade da entidade. que empregarán. Descrición do traballo que van realizar as persoas pescadoras e mariscadoras na zona de recollida e na zona de depósito. No caso da pesca de lixo activa, número de días de recollida e horario da xornada de recollida polas embarcacións ou persoas mariscadoras a pé. No caso da limpeza de algas, número de días de recollida e estimación das horas de traballo polas embarcacións ou persoas mariscadoras a pé. Planos da zona de depósito onde se efectuará o almacenamento temporal de residuos ou argazos. Descrición do destino final do recollido e como se realizará a xestión de residuos. Descrición dos permisos necesarios en actividades concretas, de ser o caso.
No caso da recollida con artefacto específico, xustificarase a súa elección en función das características e condicións da zona de traballo e da ausencia de impacto negativo no hábitat. Incluirase plano ou esbozo.
v. Descrición das entidades colaboradoras que prestarán apoio no proxecto e concreción deste. Considerase entidade colaboradora a que apoia o proxecto realizando achegas non monetarias a este (por exemplo, cesión de espazos, materiais ou servizos) sempre que se poña de manifesto por escrito.
vi. Accións de divulgación, sensibilización e formación en materia de loita contra o lixo mariño, co obxecto de fomentar a prevención e a redución do lixo e promover o papel do sector pesqueiro na dita loita, que inclúa obxectivos, contidos, metodoloxía, programación, etc.
5º. Plan de comunicación. Descrición das accións de comunicación, información e publicidade do proxecto.
O plan de comunicación consistirá en actuacións de comunicación e publicidade; entre outras, desenvolvemento dunha epígrafe explicativa do proxecto na páxina web da entidade, estratexia de difusión en redes sociais, difusión en medios de comunicación, organización e participación de actos públicos e elaboración dunha memoria ou un resumo executivo ao remate do proxecto.
6º. Calendario de realización das accións previstas.
7º. Orzamento detallado de cada unha das accións propostas, en que o IVE deberá vir separado. No caso de incluír decimais, só se poderán empregar dous.
O orzamento da memoria deberá estruturarse en conceptos detallados e coincidentes cos orzamentos ou facturas pro forma recollidos no artigo 10.4 e número 1.d) deste artigo.
De ser o caso, incluirase a relación de ofertas solicitadas e elixidas.
O cadro que consigne os datos relativos aos gastos de amortización dos elementos de transporte conterá a seguinte información:
i. Valor de adquisición do elemento e valor.
ii. Data de entrada en funcionamento. No caso de diferir da data de factura de compra, xustificarase debidamente.
iii. Data de remate da vida útil do elemento.
iv. Porcentaxe de amortización aplicada, dentro de los límites establecidos nas táboas oficiais de coeficientes máximos de amortización establecidos para o imposto de sociedades, e conforme o dato que figure rexistrado na contabilidade da entidade.
v. Cantidade anual amortizable.
vi. Número de días imputados á operación.
vii. Número de días de emprego anual.
viii. Custo total imputado en concepto de amortización.
8º. Información relativa aos indicadores conforme o previsto nos Criterios de selección de operacións do programa FEMPA 2021-207 para España:
CR10-número de intervencións que contribúen ao bo estado ambiental, en particular de recuperación e conservación da natureza, protección de ecosistemas, biodiversidade, saúde e benestar animal.
9º. Estudo económico-financeiro externo acreditativo da viabilidade económica do proxecto ou resultado da ferramenta de autoavaliación da viabilidade, que se pode consultar na páxina web da Consellería do Mar https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/proxectos-colectivos/fempa
d) Documentación xustificativa de todos os custos incluídos (orzamentos, facturas pro forma, contratos, etc.) cunha información detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, equipos ou sistemas que os integran. Na presentación de ofertas terase en conta o disposto no artigo 10.4.
As ofertas deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, enderezo, e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe unitario por concepto (especificando se inclúe ou non IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados. Non se admitirán conceptos de orzamentos sen desagregar, tales como «outros», «imprevistos» ou similares.
As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para seren comparables.
Non é preciso a presentación de orzamentos no caso dos gastos de amortización e das compensacións ás persoas pescadoras e mariscadoras pola da pesca de lixo activa ou a recollida de arribazóns en zonas de proliferación anormalmente alta de algas.
No caso de ter que presentar tres (3) ofertas, a elección entre elas achegarase coa solicitude de subvención, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e xustificarase expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
e) As facturas de adquisición dos elementos de transporte ou equipos para o movemento de cargas a nome da entidade, no caso de solicitar gastos de amortización.
f) Documento da entidade colaboradora, que inclúa as actuacións que apoiará no proxecto, conforme o previsto na memoria.
g) Declaración responsable sobre a aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade, conforme o anexo I bis.
h) Informe de técnico competente que garanta a protección fronte ao cambio climático dos investimentos en infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco (5) anos, de ser o caso.
i) Informe de residuos mariños que xustifique que se trata dunha zona de maior acumulación de residuos mariños ou zonas especificamente vulnerables con presenza de lixo, no caso da pesca activa recollida no artigo 6.2.a).1º, de ser o caso.
j) Calquera outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.
2. No caso da pesca de lixo activa ou recollida de arribazóns en zonas de proliferación anormalmente alta de algas, declaración responsable de cada unha das persoas armadoras das embarcacións pesqueiras e das persoas mariscadoras a pé conforme non se encontran en ningún dos supostos establecidos nos números 1 e 3 do artigo 11 do Regulamento (UE) 2021/1139, de acordo co anexo III-A ou anexo III-B, segundo corresponda.
3. No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das alíneas a) e b) do número 1 por cada un dos solicitantes, e engadirase:
1º. Un acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.
2º. A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.
3º. Declaración responsable de cada unha das entidades, de acordo co anexo IV.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación dos documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante e/ou da entidade representante.
b) DNI ou NIE do representante da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
f) Concesións doutras subvencións e axudas.
g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración responsable de cada unha das persoas armadoras das embarcacións pesqueiras de acordo co (Anexo III-A)
- Declaración responsable sobre a aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade, de acordo co (Anexo I-bis)
- Declaración responsable de cada unha das persoas mariscadoras a pé de acordo co (Anexo III-B)
- Declaración responsable (Anexo IV)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.
Axudas autonómicas para proxectos colectivos para mellorar a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras.
Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños
Axudas ás entidades xestoras de lonxa pola caída de ingresos como consecuencia da pandemia covid-19 e a declaración do estado de alarma efectuada polo real decreto 463/2020, do 14 de marzo
Axudas ás persoas armadoras de buques pesqueiros conxeladores do censo unificado de palangre de superficie con porto base en Galicia para paliar as dificultades de comercialización ocasionadas como consecuencia da pandemia Covid-19
Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca