Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
AP522T - Inclusión nas listas para a cobertura temporal de postos.
Para máis información consulte esta ligazón da Dirección Xeral da Función Pública.
Regular o procedemento de presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobar e dar publicidade ao modelo normalizado de solicitude que se xunta como anexo I da Orde do 22 de febreiro de 2021 publicada no DOG núm. 39 do 26 de febreiro (código de procedemento administrativo AP522T), así como a outros modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento de presentación de solicitudes (anexos II e III da dita orde).
A todos os cidadáns que desexen solicitar a inclusión nas listas, que serán admitidos/as se cumpren os requisitos que figuran asociados a cada lista.
1. Serán requisitos indispensables para poder inscribirse nas listas posuír a titulación ou formación académica exixida para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade e os demais requisitos legalmente exixidos para participar na convocatoria pública das correspondentes probas selectivas na data de presentación da solicitude de inclusión na lista pola persoa interesada en formar parte dela, de acordo co establecido no artigo 8 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, así como, se é o caso, os requisitos establecidos para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade nas convocatorias de apertura de listas.
2. As persoas solicitantes deberán posuír, así mesmo, o nivel de coñecemento da lingua galega previsto no artigo 8 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
Edificio Administrativo San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 012
Email: dxfp.listascontratacion@xunta.gal
Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 48 do 9 de marzo de 2006).
Decreto 20/2022, do 24 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 39 do 25 de febreiro de 2022).
Resolución do 20 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 213 do 3 de novembro de 2008).
Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de saúde laboral (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de saúde laboral (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de orientación laboral (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
Resolución do 23 de abril de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo (DOG nº 94 do 15 de maio de 2024).
Para máis información consulte esta ligazón da Dirección Xeral da Función Pública.
Prazo de presentación: PECHADO
01/03/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59
16/05/2024 00:00 - 13/06/2024 23:59
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das seguintes listas de contratación temporal conforme o establecido no artigo 6.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo:
- Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de saúde laboral.
- Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.
- Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de hixiene industrial.
- Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo.
- Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Adminstración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de saúde laboral.
- Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de orientación laboral.
- Corpo de xestión da Aministración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, Seguridade no traballo.
Solicitudes .
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) No suposto de non ter nacionalidade española, documentación acreditativa de ter residencia legal en España, para a inclusión nas listas de persoal laboral temporal, e pasaporte e/ou documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regulador do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados, para a inclusión nas listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario.
b) Titulación ou formación non académica exixida para cada grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, documentación acreditativa dos requisitos legalmente exixidos para participar na convocatoria pública das correspondentes probas selectivas ou, se é o caso, dos establecidos nas resolucións de aperturas de listas que non figuren enumerados no artigo 6.
c) Certificado ou documento equivalente ao Celga 4 nas listas para os subgrupos A1, A2, C1 e grupos B, I, II e III; ao Celga 3 nas listas para o subgrupo C2 e grupo IV e, finalmente, ao Celga 2 para a agrupación profesional de funcionarios e grupo V, non expedidos polo órgano competente en materia de política lingüística.
d) Xustificante de ter aboadas as taxas administrativas por dereitos de inscrición ou, se é o caso, documentación xustificativa para a exención, total ou parcial, do pagamento das taxas (código da taxa 05/13/07/300301).
e) Para a acreditación dos méritos a que se refire o artigo 9.bis, letra a), ordinal 2º, do Decreto 37/2006, servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables, nas listas das categorías pertencentes aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais, certificación de servizos prestados segundo o modelo que figura no anexo II desta orde, debidamente cuberta, polo persoal funcionario que se determina no citado anexo.
f) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % non expedido pola Administración autonómica de Galicia, para a acreditación da exención do importe total da taxa.
g) Sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima do terrorismo, para a acreditación da exención do importe parcial da taxa (50%).
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos .
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE.
– Título/s oficial/oficiais non universitario/s.
– Título/s oficial/oficiais universitario/s.
– Documento xustificativo de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente nas listas para os subgrupos A1, A2, C1 e grupos B, I, II e III; Celga 3 ou equivalente nas listas para o subgrupo C2 e grupo IV e, finalmente, Celga 2 ou equivalente para a agrupación profesional de funcionarios e grupo V, expedidos polo órgano competente en materia de política lingüística.
– Certificación de empadroamento, para a acreditación dos méritos a que se refire o artigo 9.bis, letra b), do Decreto 37/2006, Coñecemento do terreo, nas listas das categorías pertencentes aos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente, consonte o artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia:
a) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % expedido pola Administración autonómica de Galicia, para a acreditación da exención do importe total da taxa.
b) Certificado de familia numerosa de carácter especial ou xeral, ou carné familiar en que conste o dito carácter, para a acreditación da exención do importe total da taxa ou do 50 %, respectivamente.
c) Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego, ininterrompidamente, desde polo menos seis meses antes da data da publicación da convocatoria no DOG, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa, de cumprirse, así mesmo, o requisito establecido na alínea d).
d) Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa, de cumprirse, así mesmo, o requisito previsto na alínea c).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Para máis información consulte esta ligazón da Dirección Xeral da Función Pública.
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Inclusión nas listas para a cobertura temporal de postos reservados a persoal funcionario de integrantes das listas de categorías profesionais equivalentes.
Convocatoria de bolsas de formación nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.