Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR603B - Subvencións para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (liñas 1 e 2.i).
Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (Programa UNICO-Industria e empresas) previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), no marco do investimento C15.I2 do Compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Investimentos e gastos subvencionables .
1. As subvencións destinaranse a financiar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos proxectos subvencionados, acorde co estipulado nas presentes bases e convocatoria, e que se materialicen no período fixado en cada convocatoria.
2. Considéranse investimentos e gastos potencialmente subvencionables na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos os seguintes conceptos asociados ao proxecto:
a) Infraestruturas e obra civil.
b) Equipamento e outros materiais.
c) Gastos de persoal propio.
d) Outros custos xerais ou indirectos imputables ao proxecto.
3. Só serán financiables os investimentos necesarios para a creación ou adaptación das infraestruturas de rede que sexan susceptibles de ser utilizadas polos demais operadores a través do acceso por xunto a que se refire o artigo 7. Non serán elixibles as partidas de gasto asociadas a infraestruturas non relacionadas co acceso por xunto, destinadas ao seu uso exclusivo polo operador beneficiario da axuda.
4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou fornezan.
5. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables o imposto sobre o valor engadido ou outros impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de operador debidamente habilitado.
1. Poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de beneficiario as persoas físicas ou xurídicas que teñan a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios:
a) As persoas en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que, de forma preceptiva, deba efectuar o órgano instrutor.
b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices da Comisión Europea sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) Diario Oficial de la Unión Europea do 31.7.2014 e o disposto no artigo 1.4.c) e 2.18) de Regulamento (UE) n° 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado Texto pertinente para os efectos do EEE, Diario Oficial de la Unión Europea do 26.6.2014.
c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.
3. Co obxecto de facilitar a reutilización das infraestruturas existentes, todo operador que posúa ou controle unha infraestrutura susceptible de ser reutilizada no ámbito material de actuación e que desexe presentarse a algunha convocatoria deberá informar e dar acceso a esta a terceiros operadores, de acordo co previsto nos artigos 4 e 5 do Real decreto 330/2016, do 9 de setembro, relativo a medidas para reducir o custo do despregamento das redes de comunicacións electrónicas de alta velocidade, que traspón a Directiva 2014/61/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia - Ciudad de la Cultura, s/n - Monte Gaias
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545535
Fax: 981545274
Email: amtega@xunta.gal
Teléfono desde fóra de Galicia 902120012
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2022).
Extracto da Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2022).
Resolución do 18 de novembro 2022 pola que se dá publicidade da relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (DOG nº 228 do 30 de novembro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
21/06/2022 00:00 - 20/07/2022 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes é dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará o mesmo día en que se producise a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que se inicie o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.
Solicitudes .
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante e, de ser o caso, da entidade representante.
b) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude e/ou, de ser o caso, da persoa solicitante. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).
g) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:
a) Todas as solicitudes deberán de presentar:
1º. Acreditación de que a persoa solicitante reúne a condición de operador debidamente habilitado: deberase incluír a acreditación de que a persoa solicitante reúne a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións. A dita acreditación deberase realizar achegando certificación de estar rexistrado no correspondente Rexistro de Operadores regulado no artigo 7 da Lei 9/2014, ou ben indicando o nome, servizo e data de resolución que figura no devandito rexistro, para a súa comprobación polo órgano instrutor.
2º. Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo anexo V).
3º. Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión (modelo anexo VI).
4º. Acreditación de inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración tributaria foral, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolta á data de solicitude da axuda.
5º. Acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude. No caso de presentación de solicitudes por persoa representante, deberase acreditar a dita representación segundo o indicado no artigo 11.
b) Liña de actuación 1 (redes de alimentación): memoria do proxecto, que deberá axustarse á seguinte estrutura mínima:
1º. Resumo executivo cos aspectos máis destacables da proposta que faciliten un mellor entendemento desta.
2º. Alcance, detallando as zonas de actuación que se dotarán de conectividade, a solución tecnolóxica e arquitectura de rede proposta.
3º. Plan de despregamento, detallando, para cada unha das zonas ás que se dotará de conectividade, o mes en que se acadará este obxectivo.
4º. Plan de gastos e investimentos subvencionables, desagregado para cada zona a que se propoña dotar de conectividade.
5º. Datos de xeración de emprego prevista asociada ao proxecto, cuantificada como o número neto de postos de traballo anual que se crearán en Galicia asociados a este proxecto.
6º. Detalle de medidas de igualdade de xénero dispoñibles na entidade solicitante, en concreto:
Dispoñer dun plan de igualdade.
Dispoñer do distintivo «igualdade na empresa» ou outros distintivos de igualdade autonómicos.
Dispoñer de medidas de conciliación de vida laboral, familiar e persoal (flexibilidade da xornada, teletraballo, permisos…).
Outras medidas, como existencia dunha persoa responsable de igualdade na empresa, dispoñibilidade de protocolos de acoso sexual ou violencia de xénero, etc.
7º. Plan de negocio abarcando, como mínimo, cinco (5) anos desde o inicio da prestación do servizo utilizando o método do valor actual neto (VAN) e indicando a taxa anual de desconto que deberá ser contrastada coa taxa interna de retorno (TIR). Igualmente, incluiranse as hipóteses de cálculo, o plan de investimentos propio, a distribución anual das subvencións solicitadas e o plan de custos e ingresos.
c) Liña de actuación 2 (redes de distribución): memoria do proxecto, que deberá axustarse á seguinte estrutura mínima:
1º. Resumo executivo cos aspectos máis destacables da proposta que faciliten un mellor entendemento desta.
2º. Alcance, detallando as zonas de actuación ás que se dotará de cobertura, a cobertura comprometida para cada unha (indicada como número de UI conectadas), a solución tecnolóxica e arquitectura de rede proposta.
3º. Plan de despregamento, detallando, para cada unha das zonas ás que se dotará de cobertura, o mes en que se acadará este obxectivo.
4º. Plan de gastos e investimentos subvencionables, desagregado para cada zona á que se propoña dotar de cobertura.
5º. Datos de xeración de emprego prevista asociada ao proxecto, cuantificada como o número neto de postos de traballo anual que se crearán en Galicia asociados a este proxecto.
6º. Detalle de medidas de igualdade de xénero dispoñibles na entidade solicitante, en concreto:
Dispoñer dun plan de igualdade.
Dispoñer do distintivo «igualdade na empresa» ou outros distintivos de igualdade autonómicos.
Dispoñer de medidas de conciliación de vida laboral, familiar e persoal (flexibilidade da xornada, teletraballo, permisos…).
Outras medidas, como existencia dunha persoa responsable de igualdade na empresa, dispoñibilidade de protocolos de acoso sexual ou violencia de xénero, etc.
7º. Plan de negocio abarcando, como mínimo, cinco (5) anos desde o inicio da prestación do servizo utilizando o método do valor actual neto (VAN) e indicando a taxa anual de desconto que deberá ser contrastada coa taxa interna de retorno (TIR). Igualmente, incluiranse as hipóteses de cálculo, o plan de investimentos propio, a distribución anual das subvencións solicitadas e o plan de custos e ingresos.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Tramitación dos convenios de colaboración subscritos pola AMTEGA.
Adhesión de 'Aliados Dixitais'
Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.
Subvencións para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación.