Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
AU301A - Axudas para a adquisición e instalación de equipos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia.
1. O obxecto desta resolución é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de dispositivos de medición do caudal captado en sistemas de abastecemento de titularidade local da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo AU301A).
2. A finalidade das axudas é contribuír a que as entidades competentes xestionen os recursos hídricos coa maior dilixencia, eficacia e eficiencia posibles.
Actuacións subvencionables .
1. Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 11 de xaneiro de 2020 na adquisición e instalación de equipos de medición do caudal en sistemas de abastecemento en alta de auga potable de titularidade pública.
O abastecemento de auga en alta ou adución inclúe a captación, o abrollamento e o represamento dos recursos hídricos e a súa xestión, incluído o tratamento de potabilización, o transporte por arterias principais e o almacenamento en depósitos reguladores de cabeceira dos núcleos de poboación.
2. Subvencionaranse tantos equipos como sexan necesarios para medir o caudal en alta do sistema, ou a existencia de perdas ou fugas, coa única limitación do importe máximo por solicitude establecido no artigo 6 desta Resolución.
Para ser subvencionables, as actuacións deberán incluír equipos de medición antes da entrada á estación de tratamento de auga potable (ETAP), de forma que se rexistre de forma individualizada o caudal detraído da captación de auga. No caso de sistemas con varios puntos de captación, poderá instalarse un único equipo que rexistre o caudal detraído polo conxunto das tomas existentes.
Os equipos subvencionados poderán ser caudalímetros ultrasónicos ou electromagnéticos ou contadores mecánicos, sempre que estean homologados para o uso ao que van destinados de acordo á normativa comunitaria e estatal vixente sobre metroloxía. A súa instalación realizarase de acordo coas recomendacións do fabricante recollidas no certificado de homologación e, na medida do posible, permitirá a realización de medidas de contraste para comprobar o seu funcionamento, ben sexa a través dun tramo recto para o uso de equipos de ultrasóns non intrusivos ou deixando tomas para a inserción de sondas electromagnéticas ou ultrasónicas.
3. Cando a entidade local preste o servizo a través dunha entidade concesionaria, organismo autónomo local, entidade pública empresarial ou sociedade mercantil local, non serán subvencionables aquelas actuacións incluídas nos plans de investimentos ou mellora aos que estean obrigados esas entidades concesionarias, ou nas súas obrigas de conservación e substitución de infraestruturas.
4. Non serán subvencionables con cargo a esta axuda os gastos de execución doutras intervencións dirixidas á redución de perdas na rede, nin gastos correntes das entidades, tales como material funxible, luz, auga, teléfono, alugueiros de locais e similares, nin a adquisición de elementos decorativos ou ornamentais, mesmo se calquera deles está relacionado coa compra ou coa instalación dos dispositivos subvencionados.
Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos, as mancomunidades, os consorcios e outras entidades locais recollidas na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, responsables de sistemas de abastecemento de auga potable que dean servizo a menos de 50.000 habitantes.
Obrigas dos beneficiarios .
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:
1. Cumprir o obxectivo da axuda e co contido indicado nesta resolución.
2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real.
3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
4. Proceder ao reintegro das cantidades percibidas, se as houber, xunto cos xuros de demora correspondentes, segundo o procedemento establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes supostos:
a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención.
b) Incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos nesta resolución.
c) Incumprimento da obriga, se é o caso, de achegar os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deba ter solicitado a entidade beneficiaria e/ou falta ou insuficiente acreditación de que a elección recaeu na oferta economicamente máis vantaxosa.
d) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ou en calquera outro que resulte da normativa aplicable.
5. No suposto de concertar con terceiros a execución parcial ou total das actuacións obxecto da subvención, tramitar e adxudicar os contratos necesarios conforme as prescricións contidas na lexislación sobre contratación administrativa do sector público e, especificamente, a que rexe as contratacións das administracións públicas.
6. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
7. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme ao previsto na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.
8. En relación coa subvención concedida, someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
1. Para obteren a condición de beneficiarias, todas as entidades solicitantes deberán cumprir, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
a) Cumprir os requisitos recollidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
c) Se é o caso, ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio orzamentario antes da finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.
2. Para obteren a condición de beneficiarias, ademais do anterior, todas as mancomunidades e consorcios locais solicitantes deberán estar formalmente constituídos de acordo coa normativa vixente.
3. Se unha entidade local das previstas nos artigos 1 e 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia figurase en máis dunha solicitude, terase en conta a primeira solicitude correctamente presentada. As sucesivas solicitudes quedarán en reserva e poderán ser atendidas, se é o caso, segundo o previsto no artigo 5 desta resolución.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Dirección de Augas de Galicia
Subdirección Xeral de Réxime Xurídico
Plaza Camilo Díaz Baliño, 7 e 9
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999090
Email: sx.augas@xunta.gal
Subdirección Xeral de Réxime Xurídico
Resolución do 12 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 83 do 4 de maio de 2021).
Extracto da Resolución do 12 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 83 do 4 de maio de 2021).
Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 12 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convoca para o ano 2021 (DOG nº 61 do 29 de marzo de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
05/05/2021 00:00 - 01/09/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de setembro de 2021.
Forma de presentación de solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algún dos solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Coa solicitude (anexo I) a entidade local acepta e declara o seguinte:
a) Que a entidade que solicita a subvención acepta as condicións e demais requisitos exixidos nesta resolución de convocatoria.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.
c) O conxunto de todas as subvencións ou axudas das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, solicitadas ou concedidas para as mesmas actuacións financiadas ao abeiro desta resolución e o compromiso de comunicar de contado cantas subvencións ou axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
d) Que está ao día na remisión ao Consello de Contas de Galicia da conta xeral da entidade local no momento da presentación da solicitude de subvención.
e) Que está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Que cumpre os requisitos que para poder obter a condición de beneficiaria se recollen nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3 As solicitudes e os trámites posteriores deberán estar asinados:
a) Se a entidade solicitante é un concello, pola persoa titular da Alcaldía-Presidencia ou persoa en quen estea delegada a competencia.
b) Se a entidade solicitante é unha mancomunidade ou consorcio local, pola persoa titular da presidencia ou persoa que teña delegada a competencia.
4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
1. As entidades interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a) Resolución do órgano competente da entidade local solicitante pola que se acorda a solicitude da subvención ao abeiro desta resolución na que conste expresamente que se aceptan todas as condicións e requisitos establecidos na resolución de convocatoria.
b) Documentación acreditativa da remisión ao Consello de Contas da conta xeral da entidade local correspondente ao exercicio orzamentario 2019.
c) Documentación acreditativa da titularidade ou dispoñibilidade da infraestrutura.
d) No caso de prestarse o servizo a través dunha entidade concesionaria, entidade pública empresarial ou sociedade mercantil, deberá presentarse documentación acreditativa de que a adquisición, instalación e renovación de contadores en alta non consta entre as obrigas da dita entidade.
e) Memoria valorada na que se indique, como mínimo:
1º. O concello ou concellos aos que dá servizo o sistema de abastecemento obxecto da actuación.
2º. Os datos principais de cada un dos dispositivos de medición de caudal previstos, incluíndo como mínimo:
• A súa localización prevista, representada sobre planos a escala de suficiente detalle (1:10.000 ou menor), indicando se permite a realización de medicións de contraste que validen o seu funcionamento.
• O modelo de equipo seleccionado, indicando expresamente o diámetro e caudal considerados na súa selección e a súa homologación de acordo á normativa vixente.
3º. Equipos de medición de caudal en alta existentes e xustificación da necesidade de instalar máis.
4º. Orzamento estimado da adquisición e instalación do dispositivo de medición do caudal, e a documentación que avale esa estimación (por exemplo, factura pro forma ou orzamento achegado pola empresa subministradora).
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Toda a documentación achegada polos solicitantes no marco desta axuda considerarase presentada ante Augas de Galicia para os efectos de comprobación e/ou actualización dos seus inventarios de infraestruturas de abastecemento e de presións sobre os recursos hídricos.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa física que compareza como representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificacións sobre o cumprimento de obrigas que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificacións sobre o cumprimento de obrigas fronte á Seguridade Social que deba emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificacións sobre o cumprimento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que deban emitir a Consellería de Facenda.
f) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
g) Concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Presentación de documentación xustificativa da subvención (Anexo II)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración
Axudas para a adquisición e instalación de dispositivos de medición do caudal por comunidades de usuarios de abastecemento para consumo humano na Comunidade Autónoma de Galicia.
Axudas para a realización de auditorías municipais de abastecemento para minimizar as perdas de auga.
Axudas para a realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións
Subvencións para a execución de obras para minimizar as perdas de auga en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Subvencións a asociacións sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actuacións e actividades de educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.