Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN822D - Premio empregados/as públicos/as innovadores/as
A finalidade do premio é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia xa que fai posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía.
Convocatoria .
Convócase o II Premio empregados/as públicos/as innovadores/as para o ano 2020.
Premios .
Establécense os seguintes premios:
1. As persoas gañadoras recibirán un premio en metálico por importe de 2.000 euros se se trata dunha solicitude individual. Se a solicitude é dun equipo, o importe do premio en metálico será de 3.000 euros para o conxunto do equipo.
As persoas gañadoras deben facilitar un certificado de conta bancaria da súa titularidade e declarar sobre a veracidade dos datos relativos á dita conta en que se ingresará, mediante transferencia bancaria, a dotación do premio. O importe do premio estará suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.
2. A consellería competente en materia de Función Pública adoptará as medidas necesarias para incluír a participación nestes premios entre un dos criterios de avaliación a ter en conta para o recoñecemento do sistema de carreira profesional da Xunta de Galicia.
3. Todas as persoas premiadas das diferentes categorías do premio gozarán de recoñecemento público a través do acto de entrega, entrevistas para publicación e diploma acreditativo de tal condición.
Categorías do II Premio empregados/as públicos/as innovadores/as
a) Identificación de oportunidades: premiarase a identificación de oportunidades ou retos de innovación dentro da Administración. A/as persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberán detallar e definir unha problemática no servizo que prestan á cidadanía, así como as razóns que motivan a necesidade de interese que tería a súa resolución.
b) Proxecto coa temática máis innovadora: premiaranse proxectos innovadores xa realizados ou en curso. A/as persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberán detallar o proceso do proxecto, expoñer os puntos considerados fundamentais e xustificar as características que outorgan carácter innovador ao seu proxecto. Premiaranse aqueles proxectos coa temática máis vangardista e innovadora.
Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral, incluído no artigo 4.a), 4.c) e 4.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
- A forma de participación poderá realizarse a título individual ou conformando un equipo de traballo. O número máximo de persoas para conformar unha candidatura é de tres persoas e, neste caso, indicarase expresamente a persoa física designada como portavoz do equipo, que será a encargada das comunicacións.
- Aínda cumpridos os requisitos recollidos na convocatoria, non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas en que concorran algunhas das causas de exclusión recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nas súas normas de desenvolvemento, ou en calquera dos puntos da presente convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Programas
Rúa Airas Nunes, s/n,
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957866
Email: programas.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 11 de setembro de 2020 pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 26 de xuño de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras do II Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN822D).(DOG núm. 187 do 15 de setembro de 2020).
Resolución do 26 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do II Premio empregados/as públicos/as innovadores/as, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 140 do 15 de xullo de 2020).
Extracto da Resolución do 26 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do II Premio empregados/as públicos/as innovadores/as, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 140 do 15 de xullo de 2020).
Resolución do 15 de decembro de 2020 pola que se adxudica o II Premio aos empregados/as públicos/as innovadores/as, correspondente á convocatoria do ano 2020. (DOG núm. 25 do 8 de febreiro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
16/07/2020 00:00 - 01/10/2020 23:59
A data límite de presentación de solicitudes se amplía ata o 1 de outubro de 2020, segundo Resolución do 11 de setembro de 2020.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura no anexo I desta convocatoria dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. A/as persoa/s interesadas deberán cubrir o formulario de solicitude (anexo I) en que deben figurar os seguintes datos:
a) Datos da postulación: nome da proposta, datos, cargo e número de teléfono da persoa designada como portavoz do equipo; nomes, apelidos, correo electrónico e entidade dos/das integrantes.
b) Ficha de postulación que contará cos seguintes puntos:
– Na categoría identificación de oportunidades: resumo da postulación; campo ou problemática que se pretende resolver; explicación do impacto, beneficios e efecto dinamizador sobre o escenario actual; e posibilidade de dar resposta á oportunidade detectada.
– Na categoría proxecto coa temática máis innovadora: resumo da postulación; explicación do grao de innovación do proxecto; identificación da repercusión do proxecto sobre o servizo público que se ve mellorado ou sobre a efectividade ou a calidade do traballo desenvolvido polo/a empregado/a público/a; explicación das capacidades do equipo técnico; explicación da utilidade que o proxecto pode ter noutro ámbito da Administración ou das sinerxías que se poden xerar con outras iniciativas.
2. A/as persoa/s interesada/s poderán achegar, de xeito opcional, xunto co formulario de solicitude (anexo I), unha memoria en formato libre que achegue máis información sobre a súa candidatura.
3. No caso de que se trate dunha candidatura en equipo, os seus membros, exceptuando o representante, deberán cubrir o anexo II referente á pluralidade de persoas solicitantes.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento, e logo da autorización dos/das interesados/as, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) DNI ou NIE das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes, no caso de tratarse de candidaturas en equipo.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria da persoa solicitante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia da persoa solicitante.
g) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes, no caso de tratarse de candidaturas en equipo.
h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes, no caso de tratarse de candidaturas en equipo.
i) Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes, no caso de tratarse de candidaturas en equipo.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario normalizado de solicitude que figura no anexo I ou no anexo II referente á pluralidade de persoas solicitantes e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"