Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN317A - Subvencións a empresas privadas para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro.
1. Estas bases regulan a concesión das axudas que teñen por obxecto incentivar nas empresas mineiras a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro de Galicia.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de axuda presentadas en prazo tramitaranse por orde de entrada da solicitude no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia e ata o esgotamento do crédito.
Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non se considera necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover actuacións sobre a prevención de riscos e a seguridade dos traballadores e sobre a protección ambiental. Débese ter presente que a extrema importancia da prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde dos traballadores, así como a mellora ambiental, fai que todas as actuacións que se promovan neste senso sexan de interese público.
3. Estas axudas están orientadas a mellorar as condicións ambientais e laborais, en especial as relacionadas coa exposición ao po e ao ruído, nos establecementos de beneficio e nas explotacións mineiras reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, localizados en Galicia.
Actuacións e gastos subvencionables .
1. Serán subvencionables dúas liñas de actuación:
Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.
Liña B: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.
2. Na liña A só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan a consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental por riba dos límites establecidos nas normas da Unión Europea sobre calidade do aire ambiente ou ben permitan ao beneficiario aumentar o nivel de protección ambiental derivado das súas actividades en ausencia de normas da Unión.
3. Na liña B só serán obxecto de subvención aquelas actuacións que directamente supoñan unha mellora, sempre por riba dos requisitos normativos aplicables, das condicións laborais, especialmente as relativas á redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.
4. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
As actuacións e os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade á data de xustificación establecida no artigo 21 destas bases.
5. Para as actuacións da liña A serán gastos subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para ir alén das normas da Unión Europea ou para incrementar o nivel de protección ambiental en ausencia de normas da Unión. Determinaranse da seguinte maneira:
a) Cando os custos do investimento na mellora da calidade do ambiente atmosférico poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa protección do ambiente serán subvencionables.
b) En todos os demais casos, os custos do investimento na mellora da calidade do ambiente atmosférico determinaranse por referencia a un investimento similar, menos respectuoso co ambiente, que se podería realizar de forma crible sen a axuda; a diferenza entre os custos de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa protección ambiental e será o custo subvencionable.
Os custos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental non serán subvencionables.
6. Para as actuacións da liña B serán gastos subvencionables aqueles directamente relacionados co investimento destinado a mellorar as condicións laborais, especialmente a reducir a exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.
7. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.
8. Dado o carácter incentivador destas axudas, as actuacións obxecto delas non se poden iniciar con anterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda.
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.
Obrigas das persoas beneficiarias .
a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención, mediante a modalidade de conta xustificativa con entrega de informe de auditor.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás persoas beneficiarias en cada caso.
f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro desta orde.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, tanto na súa forma como na súa duración, e consistirán na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente (Consellería de Economía, Emprego e Industria), e nas inscricións relativas ao financiamento público en carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación, todo iso en función do tipo de actuación subvencionable.
i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.
k) Manter os investimentos subvencionados e conservar toda a documentación relacionada coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco anos desde a súa concesión. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro dese prazo de cinco anos, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre e cando a actividade económica se manteña en Galicia durante este período mínimo.
l) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.
m) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.
- Para os efectos do disposto nesta orde, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.
- Para os efectos desta orde, os conceptos de pequena e mediana empresa axustaranse á definición contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
a) Na categoría das peme, defínese mediana empresa como unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios individual non excede de 50 millóns de euros (50.000.000 de euros) ou cuxo balance xeral anual non excede de 43 millóns de euros (43.000.000 de euros).
b) Na categoría das peme, defínese pequena empresa como unha empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros (10.000.000 de euros).
c) Na categoría das peme, defínese microempresa como unha empresa que ocupa menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros (2.000.000 de euros).
- As persoas beneficiarias non poderán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma e deberán estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- As persoas beneficiarias non poderán estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, nin atoparse en situación de crise de acordo co artigo 1.4.c) e artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
- As persoas beneficiarias destas axudas deberán relacionarse en todo caso por medios electrónicos no marco da xestión destas subvencións, mesmo aquelas que teñan a condición de empresarios persoas físicas, tendo en conta a cualificación técnica e profesional das ditas persoas beneficiarias.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Subdirección Xeral de Recursos Minerais
Servizo de Xestión Mineira
San Caetano, s/n bloque 5 - 4ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 9981957092 / 981545465 / 981957090
Email: cei.dexiem.axudasminas@xunta.gal
Desde o resto do Estado: 902 12 00 12
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Orde do 28 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 114 do 12 de xuño de 2020).
Extracto da Orde do 28 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (liña de axuda A) (DOG nº 114 do 12 de xuño de 2020).
Extracto da Orde do 28 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (liña de axuda B) (DOG nº 114 do 12 de xuño de 2020).
Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se acorda ampliar o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 28 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento IN317A), publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 12 de xuño de 2020, e se modifica o artigo 21 das bases reguladoras (DOG nº 214 do 23 de outubro de 2020).
Orde do 10 de novembro de 2020 pola que se fai pública a ampliación de crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 28 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento IN317A), publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 12 de xuño de 2020 (DOG nº 231 do 16 de novembro de 2020).
Resolución do 19 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial, as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (DOG núm. 24 do 5 de febreiro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
29/06/2020 00:00 - 28/07/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o décimo día hábil posterior a aquel no que se publique esta orde no DOG e concluirá no mes de vencemento o día ordinal anterior ao día en que comezou o prazo. Se no mes de vencemento non houber día equivalente ao anterior a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
- Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).
- Presentarase unha solicitude por centro de traballo e para unha única actuación ou proxecto de investimento concreto, cun máximo de tres solicitudes por empresa. Na solicitude indicarase a problemática prioritaria de loita contra as enfermidades profesionais que se pretende resolver coa actuación ou proxecto proposto das indicadas a continuación:
I. Redución das emisións ou exposición ao po.
II. Redución das emisións ou exposición ao ruído.
III. Outras problemáticas diferentes á redución das emisións ou exposición ao po e ao ruído.
Así mesmo, indicarase, de ser o caso, se a actuación proposta ten incidencia positiva simultánea noutras das problemáticas distintas da sinalada como prioritaria.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa súa solicitude a documentación que se describe a seguir:
A) Documentación administrativa.
A.1. Documentación acreditativa de que a empresa realiza actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, para o cal presentará os estatutos da sociedade e modificación destes, debidamente legalizados, de ser o caso, ou ben acta, escritura ou documento de constitución en que se recolla que o seu obxecto social abarca a actividade para a cal se solicita a subvención.
A.2. Quen asine a solicitude en nome dunha persoa xurídica solicitante deberá acreditar a súa condición de representante legal da citada persoa xurídica, ou ben acreditar a representación en que actúa mediante poder suficiente que o habilite para realizar en nome da persoa representada todas as actuacións que se prevexan nestas bases reguladoras. Este mesmo poder deberá ser achegado por quen asine a solicitude en nome dunha persoa física solicitante.
B) Documentación técnica.
Memoria técnica-económica descritiva da actuación datada e asinada por técnico competente. A memoria adecuarase ao modelo que se inclúe como anexo III e incluirá os puntos do seguinte índice:
1. Datos da entidade solicitante.
2. Datos do centro de traballo (explotación mineira e/ou establecemento de beneficio) onde se realiza o investimento/actuación. A Administración reserva para si a facultade de comprobar as autorizacións/concesións coas que contan as devanditas explotacións mineiras e os establecementos de beneficio.
3. Diagnose da situación actual e da problemática existente que se pretende mellorar coa actuación e identificación e xustificación da liña de actuación elixida.
4. Descrición técnica das medidas propostas.
5. Xustificación da mellora das condicións ambientais ou laborais.
6. Orzamento detallado.
7. Calendario de execución.
8. Cálculo da axuda solicitada segundo os gastos subvencionables.
9. Anexos:
– Fotografías do lugar onde se prevé realizar a actuación. No caso de substitución de equipamentos existentes, deberase achegar tamén fotografías deles.
– Ofertas de provedores: tres ofertas/orzamentos de distintos provedores cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, e unha oferta/orzamento dun provedor para os demais casos. No caso de que a elección entre as tres ofertas non recaia na proposta máis vantaxosa, deberá xustificalo expresamente nunha memoria. Todo iso conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Un orzamento de referencia para as actuacións da liña A só para os supostos establecidos no artigo 4.5.b) destas bases reguladoras.
– Plano de situación onde se indique a localización da actuación que se pretende realizar, esquemas ou bosquexos que permitan unha axeitada interpretación da actuación, etc.
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e indicando os datos especificados no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa solicitante, se é o caso.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) Certificado de estar ao día nas seguintes obrigas: coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Axencia Tributaria de Galicia .
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e xuntar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Certificado de aptitude para o manexo de maquinaria mineira móbil.
Solicitude de dereito mineiro.
Declaración da condición mineral, termal e de manancial das augas
Aproveitamento de augas minerais, termais e de manancial.
Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable.
Subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental para a loita contra as enfermidades profesionais, específicamente as derivadas da exposición ao po.