Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR852A - Axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laboráis.
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 da concesión de subvencións, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia (código de procedemento TR852A).
Liñas.
Liña 1: formación e actividades de asesoramento e sensibilización en materia de prevención de riscos laborais de carácter intersectorial.
As axudas desta liña están destinadas á realización de accións formativas e ás actividades de asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais por parte dos gabinetes técnicos de seguridade e saúde laboral das entidades que resulten beneficiarias.
Liña 2: formación e outras actividades de fomento en materia de prevención de riscos laborais de carácter sectorial.
As axudas desta liña están destinadas a cursos de formación sectoriais e á realización de xornadas de sensibilización de carácter sectorial, así como estudos de carácter tamén sectorial.
1. Liña 1: poderán ser beneficiarias desta liña:
As asociacións empresariais e as organizacións sindicais, intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
Esta liña ten un orzamento de 800.000 euros con cargo a aplicación orzamentaria 09.40.324A.481.1 código de proxecto 2015 00507.
2. Liña 2: poderán ser beneficiarias desta liña:
a) As asociacións empresariais galegas sectoriais ou intersectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
b) As organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
c) As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva o de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
d) Asociacións profesionais de traballadores e traballadoras autónomos/as rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.
Esta liña ten un orzamento de 690.000 euros con cargo a aplicación orzamentaria 09.40.324A.481.1 código de proxecto 2015 00507.
Entidades non beneficiarias.
a) Aquelas entidades en que concorra algunha das circunstancias a que se refire o artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
Requisitos e gastos das liñas 1 e 2.
Accións non subvencionables.
1. Cursos e xornadas de sensibilización que non se realicen integramente de forma presencial.
2. Cursos que conten cun número de alumnos menor a 8.
3. Na liña 2, os cursos de nivel básico, previstos no artigo 35 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.
4. Accións formativas que supoñan o cumprimento de obrigas legais en materia preventiva das persoas integrantes das entidades solicitantes e, en particular o cumprimento do artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
5. No caso dos estudos non serán subvencionables aqueles que consistan exclusivamente en traducións, adaptacións ou adecuacións de publicacións en calquera formato así como os subvencionados en anos anteriores ou os que xa estean realizados por outras entidades cuxos resultados estean publicados e accesibles ao público por calquera medio.
Requisitos de asistencia aos cursos.
1. Exixirase un mínimo de 15 asistentes aos cursos de formación, sectorial e intersectorial.
2. En casos excepcionais, debidamente motivados e coa autorización expresa da Secretaría Xeral de Emprego poderán levar a cabo estas accións cun menor número de asistentes, en todo caso, non menor a oito. Esta autorización será solicitada pola entidade beneficiaria por correo electrónico á dirección seguridade-saude-laboral@xunta.gal e a resposta será comunicada pola mesma vía ao solicitante.
3. Durante a execución das accións non se permitirá a ausencia a máis dun 20 % do tempo total de duración desta. No caso de que a acción se desenvolvese por módulos, non se permitirán ausencias de máis dun 10 % en ningún dos módulos.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957759 / 981544615
Fax: 981957751
Email: seguridade-saude-laboral@xunta.gal
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2019 (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).
Extracto da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2019 (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).
Resolución do 28 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2019 (DOG nº 47 do 10 de marzo de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
29/01/2019 00:00 - 28/02/2019 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación no DOG. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes e se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1. Documentación acreditativa da representación legal suficiente para actuar en nome da entidade solicitante.
2. Designación dunha única persoa responsable e de contacto co órgano instrutor, para o seguimento e control dos aspectos técnicos de todas as accións incluídas na solicitude, que se identificará no anexo I polo seu nome, teléfono e correo electrónico.
Documentación para as solicitudes de cursos e xornadas e estudos das liñas 1 e 2.
1. Acción solicitada, segundo o anexo II. No caso de que un mesmo proxecto implique distintas accións, cubrirase un anexo por cada acción. No encabezamento de cada unha delas deberá constar:
a) A liña de axudas a que se opta.
b) Na denominación da acción proposta, terase que definir o contido da acción evitando títulos xenéricos ou de carácter publicitario ou comercial.
2. Presentarase unha memoria que deberá de conter a actividade que a solicitante quere desenvolver, sinalando de forma independente e separada as accións que se van levar a cabo e co contido mínimo que a continuación se indica.
Se unha acción formativa se desenvolve en varias edicións ou sesións, na mesma ou distintas localidades, presentarase unha única memoria, pero indicando o número de edicións ou sesións que se van realizar e a localidade onde se desenvolverá cada unha delas.
Cada memoria exporá de forma numerada e separada, o contido dos seguintes elementos:
1º. Denominación da organización ou entidade solicitante.
2º. A denominación da acción proposta acorde co seu contido.
3º. Descrición da acción formativa solicitada, indicando o seu obxectivo, necesidade no sector en que se vai impartir e sinalando a finalidade perseguida na prevención de riscos laborais.
4º. Planificación temporal da acción ou accións solicitadas.
5º. Número de sesións ou edicións que se van impartir por cada acción solicitada, con indicación do municipio, onde se vai impartir cada unha delas.
6º. Se se trata dun curso ou xornada deberá indicarse ademais dos elementos indicados nos números anteriores:
a) O programa docente que se vai impartir, indicando de forma separada os seus módulos.
b) As horas de formación teórica e práctica, cando proceda, de cada módulo.
c) A titulación da persoa docente que debe impartir cada módulo.
d) O importe de cada unha das accións formativas
e) A entidade solicitante deberá sinalar por orde de prioridade as accións formativas o que se terá en conta pola comisión de valoración.
7. Se se trata dun estudo, deberase indicar o seu carácter innovador así como o seu encaixe nos obxectivos da Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2017-2020.
Documentación para as solicitudes do gabinete técnico da liña 1.
1. Acción solicitada, segundo o anexo II.
2. Se se trata dun gabinete técnico de seguridade e saúde laboral que prestará asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais deberá achegarse:
a) Unha memoria explicativa das funcións que vai desenvolver o gabinete.
b) Unha relación das persoas que van conformar o gabinete e as funcións que vai desenvolver cada un deles. As persoas integrantes do dito gabinete deberán ter unha titulación de técnico intermedio en prevención de riscos laborais e deberán ter alomenos unha persoa con titulación de técnico superior en prevención de riscos laborais.
Documentación económica liñas 1 e 2.
1. Na solicitude deberase recoller o conxunto de todas as accións solicitadas individualizando por cada unha delas no anexo II, especificando o seu custo. Indicarase se a entidade colabora no financiamento e, se é o caso, a cantidade que achegue. De colaborar no financiamento do custo total, para o caso de que se concedan importes inferiores, debe manterse, polo menos, a porcentaxe de cofinanciamento inicial.
2. Orzamento total do solicitado por accións (anexo III).
3. De conformidade co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa que en nome e representación da entidade solicita a concesión da subvención.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia estatal da Administración tributaria.
d) Certificado de estar ao día das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), conforme ao anexo I.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
3. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teñan un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
5. Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes entenderanse cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Programa de axudas á contratación en Organismos Intermedios
Cualificación previa de estatutos sociais de cooperativas.
Axudas destinadas a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais.
Rexistro de coordinadores/as en materia de seguridade e saúde nas obras de construción da Comunidade Autónoma de Galicia.