Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT701A - Autorización de obras e actuacións na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre
1. Requirirán autorización autonómica sectorial en materia de costas as obras, instalacións e actividades promovidas por persoas físicas e xurídicas distintas da propia Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e entidades do sector público autonómico que, con carácter ordinario, constitúen usos permitidos na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre segundo a lexislación estatal de costas.
2. Os usos e actuacións referidos deberán ser conformes co planeamento urbanístico e co réxime xurídico que, segundo o tipo de solo en que se sitúen, se establece na lexislación urbanística e na normativa sectorial que, de ser o caso, resulte de aplicación.
Actuacións suxeitas a autorización autonómica en materia de costas
1. Con carácter ordinario e sen prexuízo do disposto noutra normativa sectorial que resulte de aplicación, na zona de servidume de protección, regulada na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, soamente se autorizarán, de conformidade co planeamento urbanístico en vigor:
a) As obras, instalacións ou actividades que, pola súa natureza, non poidan ter outra localización, como establecementos de cultivo mariño ou salinas marítimas, aquelas que presten servizos necesarios ou convenientes para o uso do dominio público marítimo-terrestre, así como as instalacións deportivas descubertas.
b) Os desmontes, terrapléns e muros de contención, debidamente xustificados, cunha altura inferior a 3 metros, sempre que non prexudiquen a paisaxe e se realice un axeitado tratamento dos seus noiros con plantacións e recubrimentos. A partir da dita altura, deberá realizarse unha avaliación previa da súa necesidade e a súa incidencia sobre o dominio público marítimo-terrestre e sobre a zona de servidume de protección.
c) As obras de derrubamento e demolición de construcións e instalacións existentes, agás o disposto no artigo 37.4 para o cumprimento das ordes de restitución.
d) Os rótulos indicadores de establecementos debidamente autorizados, sempre que se coloquen na súa fachada e non supoñan unha redución do campo visual xerado polo volume da propia edificación ou instalación. Nas mesmas condicións, e sen producir ruído nin vibracións nin romper a harmonía da paisaxe, os patrocinadores de actividades lúdicas ou deportivas debidamente autorizadas poderán empregar medios publicitarios, sempre que se integren ou acompañen os elementos autorizados para a súa realización.
En todo caso, estas actuacións deberán ser compatibles coa protección do dominio público marítimo-terrestre.
e) Os valados perimetrais de peches das parcelas, que poderán ser opacos ata unha altura máxima dun metro e obrigatoriamente diáfanos por riba da dita altura con, cando menos, un 80 por 100 de ocos, agás que se empreguen elementos vexetais vivos ou outros materiais que, pola súa transparencia, non constitúan unha barreira visual, e os cerramentos vinculados aos de concesións no dominio público marítimo-terrestre, coas características que se determinen no título concesional. En todo caso, deberá quedar libre a zona afectada pola servidume de tránsito.
f) A construción ou modificación de vías de transporte interurbanas previstas no planeamento, sempre que a súa incidencia sobre a servidume de protección sexa transversal, accidental ou puntual, así como as de intensidade de tráfico inferior aos 500 vehículos/día de media anual, no caso de estradas, así como das súas áreas de servizo.
g) As acampadas e os campamentos de turismo que, reunindo todos os requisitos exixidos pola normativa sectorial aplicable, deixen expedita de instalacións fixas a zona de servidume de protección. Para estes efectos, enténdense por instalacións fixas todas aquelas instalacións destinadas a formar parte do recinto cun carácter permanente, con independencia de que sexan ou non materialmente desmontables.
Enténdese por acampada a instalación, con carácter temporal, de tendas de campaña ou de vehículos ou remolques habitables.
h) Os establecementos expendedores de comidas e bebidas ao servizo do uso e gozo do dominio público marítimo-terrestre, de conformidade coas disposicións que lles sexan aplicables con carácter xeral e coas específicas reguladas neste decreto.
i) As instalacións temporais para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas, así como as vinculadas ao desenvolvemento das actividades deportivas de tempada.
j) Instalacións de tratamento de augas residuais, que se situarán fóra dos primeiros vinte metros da zona de servidume de protección. Nos primeiros vinte metros desde a ribeira do mar prohibiranse os colectores paralelos; exceptúase desta prohibición a reparación, así como a construción, cando estean integrados en paseos marítimos, fluviais ou outras vías urbanas.
k) Aqueloutras obras expresamente previstas na normativa vixente en materia de costas.
2. Cando a servidume de protección presente unha extensión de vinte metros desde a liña interior da ribeira do mar, en virtude do deslindamento practicado pola Administración do Estado, poderán autorizarse, ademais das obras, instalacións ou actividades sinaladas no número 1 deste artigo, novos usos e construcións nos termos do establecido no número 3 da disposición transitoria terceira da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e na súa normativa de desenvolvemento.
Persoas físicas ou xurídicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Servizo de Urbanismo da Coruña
Edificio Servizos Múltiples - Rúa Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184858
Fax: 981182255
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Servizo de Urbanismo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, 28
27002 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294394
Fax: 982294422
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Servizo de Urbanismo de Pontevedra
Avda. Victoria Moreno, 43, 4º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805650
Fax: 986805661
Dirección Xeral de Urbanismo
Decreto 97/2019, do 18 de xullo, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2019).
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas (BOE nº 181 do 29 de xullo de 1988).
Lei 53/2002, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social (BOE nº 313, do 31 de decembro de 2002).
Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas (BOE nº 129, do 30 de maio de 2013).
Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas (BOE nº 247, do 11 de outubro de 2014).
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
Real Decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios (BOE nº 131, do 2 de xuño de 2021)
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
1. A solicitude de autorización presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e deberá dirixirse ao ao Servizo Provincial de Urbanismo da xefatura territorial da consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo en que se sitúe a actuación.
2. A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas distintas da propia Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e entidades do sector público autonómico, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas, nos trámites realizados na súa condición de empregado público.
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (htps://sede.xunta.gal/chave365).
5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar, coa solicitude, a seguinte documentación:
a) Referencia catastral da parcela obxecto da obra, instalación ou actividade solicitada.
b) Certificación municipal de cualificación urbanística do solo.
c) Documentación acreditativa da propiedade ou dispoñibilidade dos terreos, mediante calquera medio de proba admisible en dereito.
d) Plano de deslindamento definitivo ou, de ser o caso, plano de definición provisional da liña de deslindamento a escala 1/1.000, efectuado ou autenticado polo órgano correspondente da Administración do Estado, no cal deberá figurar grafada a situación e a ocupación exacta da actuación solicitada.
e) Información fotográfica en que se incluirán fotografías da contorna.
f) Xustificante de pagamento da taxa correspondente.
g) Outra documentación (opcional).
h) Documentación acreditativa da representación, de ser o caso”
2. Para o caso de obras maiores, deberá achegarse, ademais da sinalada no número 1 anterior, a seguinte documentación:
a) Proxecto básico das obras ou instalacións, subscrito por persoal técnico competente.
b) Memoria xustificativa e descritiva con anexos, se é o caso, que deberá recoller as características da instalación e outros datos relevantes, tales como criterios básicos do proxecto, programa de execución dos traballos e, de ser o caso, o sistema de evacuación de augas residuais.
c) Planos de situación a escala adecuada.
d) Plano topográfico do estado actual, a escala non inferior a 1/1.000.
e) Planos de alzados e seccións características.
f) Planos de planta xeral, con representación do deslindamento, límite interior da ribeira do mar, servidume de tránsito e de protección.
3. Para o caso de obras menores, deberá achegarse, ademais da sinalada no número 1 deste artigo, a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa das obras, con expresión das súas características, uso previsto e o seu orzamento detallado por partidas.
b) Planos de definición, incluíndo alzados e sección características.
c) En caso de cerramento, bosquexo da obra, con indicación de medidas.
d) Plano de perfil e topográfico da parcela, escala 1:500, estado previo e estado definitivo.
4. No caso de eventos ou instalacións temporais destinadas á celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas:
a) Memoria descritiva do evento, das instalacións e duración máxima delas.
b) Planos de definición en planta das actuacións, a escala mínima 1:5.000.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente polas persoas interesadas ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidera obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias aportadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
3. No caso de algún dos documentos a presentar de forma electrónica superarase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro de los prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesas se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade ou Número de Identidade de Estranxeiro da persoa solicitante.
b) Documento nacional de identidade ou Número de Identidade de Estranxeiro da persoa representante.
c) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
d) Número de identificación fiscal da entidade representante.
1. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para a realización da consulta.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"