Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR420C - Premios á dinamización demográfica.
1. Os premios á dinamización demográfica 2019 (PR420C) teñen por obxecto a difusión das iniciativas locais que aborden o reto do cambio demográfico mediante a distinción pública de proxectos que aborden o reto da dinamización demográfica promovidos por concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Os traballos consistirán en proxectos, incluso proxectos piloto, que persigan a implantación de iniciativas e accións específicas que aborden o reto do cambio demográfico no seu ámbito territorial nalgún dos seguintes ámbitos:
a) Apoio ás familias.
b) Conciliación da vida familiar, laboral e persoal.
c) Apoio á mocidade.
d) Retorno e atracción de nova poboación.
e) Promoción do envellecemento activo e saudable.
f) Creación do marco necesario para o asentamento da poboación no medio rural.
3. A concesión dos premios realizarase mediante o procedemento de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consonte os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
4. Os premios terán os importes indicados no artigo 3 desta orde. Cada un dos premios outorgarase de xeito individual a unha única candidatura ou ben declararase deserto.
Así mesmo, o xurado poderá outorgar unha ou varias mencións especiais a algúns dos proxectos participantes, que non terá dotación económica. As entidades gañadoras desta mención especial recibirán un diploma, que en ningún caso suporá compromiso económico por parte da Administración autonómica.
5. Todas as entidades premiadas e as distinguidas con mención especial recibirán un diploma coa mención Premios á dinamización demográfica 2019 e, no caso das premiadas, o importe do premio, que lles será aboado mediante transferencia bancaria.
6. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado no número 3 deste artigo, as candidaturas examinaraas un xurado, que terá carácter de comisión avaliadora e que se axustará aos principios aplicables aos órganos colexiados segundo a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Poderán optar a estes premios os concellos, de forma individual ou mediante agrupación de concellos, mancomunidades de concellos ou consorcios locais de Galicia.
a) Que teñan menos de 20.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2018.
b) Todas as entidades participantes deberán cumprir o requisito de ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas do exercicio orzamentario de 2017. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a súa falta de acreditación por parte dalgunha das entidades participantes na candidatura suporá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberá acreditalo individualmente cada un dos concellos integrantes da agrupación.
Para os efectos desta orde, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades en que se dean algunhas das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais adscritos ou dos cales forma parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais
Servizo de Xestión e Cooperación Económica
R/ Madrid, 2-4. 2º
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546211/ 981546172
Email: administracionlocal@xunta.gal
Dirección Xeral de Administración Local
Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (DOG nº 173 do 12 de setembro de 2019).
Extracto da Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (DOG nº 173 do 12 de setembro de 2019).
Resolución do 7 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado que analizará e valorará as solicitudes das entidades que aspiran aos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (DOG nº 223 do 22 de novembro de 2019).
Resolución do 2 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios á dinamización demográfica 2019 para distinguir as iniciativas das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia a prol do crecemento demográfico (Diario Oficial de Galicia número 173, do 12 de setembro) (DOG nº 207 do 14 de outubro de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
13/09/2019 00:00 - 14/10/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
-
Os concellos, as agrupacións de concellos, as mancomunidades de concellos, os consorcios locais, segundo proceda, que desexen acollerse aos beneficios desta orde presentarán unha solicitude dirixida á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza segundo o modelo que figura como anexo I.
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
-
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
-
A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
a) Proxecto de dinamización demográfica, asinado electronicamente pola persoa representante da entidade local, concretado adecuadamente para facilitar a valoración consonte os criterios establecidos no artigo 11, co contido mínimo e coa estrutura que se indica a seguir:
– Sección 1. Presentación da entidade local, concellos integrantes, de ser o caso, e situación demográfica actual.
– Sección 2. Descrición detallada do proxecto, enumeración das actuacións que se van desenvolver, con indicación dos ámbitos en que inciden, dentro dos enumerados no artigo 2.2 desta orde, metodoloxía empregada, organización dos recursos locais para a realización do proxecto e cronograma das actuacións.
– Sección 3. Resultados acadados ou previstos. No caso de solicitudes conxuntas o proxecto deberá detallar, ademais, os aforros obtidos co proxecto conxunto respecto do custo que suporía a execución individual.
– Sección 4. Orzamento detallado da proposta e importe total dos orzamentos da entidade ou entidades participantes.
– Sección 5. Proxección e replicabilidade noutras administracións.
– Sección 6. Utilización das tecnoloxías da comunicación e da información.
b) Declaración responsable asinada electronicamente pola persoa representante do concello, agrupación de concellos, mancomunidade ou consorcio, incluída no anexo I desta orde, en que se faga constar:
b.1. O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o proxecto que se presenta á convocatoria do Premio á dinamización demográfica 2019, de calquera outra Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional e, se é o caso, as contías solicitadas ou concedidas.
b.2. Que a entidade solicitante ou, de ser o caso, os concellos integrantes da agrupación que participan na solicitude non está/n incursa/os en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.
Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que a entidade está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, e que non é debedora por resolución de procedemento de reintegro.
No caso das agrupacións de concellos, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polas respectivas persoas representantes de cada un dos concellos que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder do concello representante para a súa incorporación ao procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
c) No caso de solicitudes individuais de concellos, das mancomunidades ou consorcios, achegarase unha certificación asinada electronicamente pola/o secretaria/o do concello, da mancomunidade ou consorcio, no modelo do anexo II desta orde, na cal se faga constar:
c.1. O acordo do órgano competente da entidade local polo cal se aproba o proxecto de dinamización demográfica e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta orde.
No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
c.2. A remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2017, a que fai referencia o artigo 4.1.b) desta orde. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas de Galicia e non se admitirán aquelas en que non se faga constar a data de remisión.
O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
d) No caso das agrupacións de concellos, achegarase a seguinte documentación:
d.1. Unha certificación asinada electronicamente pola/o secretaria/o do concello representante no modelo do anexo III desta orde, na cal se faga constar con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados ou agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación:
a. Que todos os concellos integrantes da agrupación aprobaron o proxecto de dinamización demográfica e aceptaron as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta orde.
Nos referidos acordos deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e os acordos deberán estar adoptados antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
b. O nomeamento do/da alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a do premio.
c. Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia correspondentes ao exercicio orzamentario 2017, segundo exixe o artigo 4.1.b). Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas ou asociadas, determinará a inadmisión da solicitude.
Os acordos orixinais emitidos polos concellos integrantes da agrupación, así como as certificacións emitidas polos/as secretarios/as destes concellos deberán quedar en poder do concello representante para a súa incorporación ao procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
d.2. O instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos que integran o proxecto, o cal deberá incluír, en todo caso, a designación do/da alcalde/sa que actuará como representante da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
-
A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
-
No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no páragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Deseñando o teu futuro.
Adhesión ao programa de axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica
Proxectos de enerxías renovables térmicas no sector residencial.
Subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais de venda de produtos agroalimentarios.