Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN607E - Axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento.
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Gain para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento, aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na Estratexia RIS3 de Galicia.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, as devanditas axudas para o ano 2018 (código de procedemento IN607E), cofinanciadas polo fondo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (prioridade de investimento 1.1 e obxectivo específico 1.1.2), en consonancia co establecido no artigo 2.91 do Regulamento (UE) nº 651/2014.
Actividades subvencionables.
1. Serán subvencionables as infraestruturas de investigación ligadas ao desenvolvemento dunha mesma liña ou liñas de I+D+i no marco de cadeas de valor estratéxicas para Galicia da Estratexia RIS3 (anexo VI) agrupadas nun mesmo proxecto. De xeito coherente co preámbulo desta resolución, deberán ser infraestruturas de investigación de alta calidade para o desenvolvemento dunha investigación e unha innovación punteiras, servindo de apoio ao desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e a comunicación, así como das tecnoloxías facilitadoras esenciais.
2. Estas infraestruturas poderán consistir exclusivamente na adquisición de equipamento científico e técnico e/ou de programas e aplicacións informáticas de carácter especializado e técnico, os cales se deberán agrupar nun único proxecto (proxecto de infraestrutura) que será obxecto dunha mesma solicitude.
3. Establécese un orzamento mínimo subvencionable de 100.000 euros (cen mil) para cada proxecto de infraestrutura. Ademais, cada centro deberá presentar unha solicitude por cada proxecto de infraestrutura e non haberá limitación no número de proxectos que cada centro presente.
4. As infraestruturas deberán estar orientadas, no marco dun contexto de cooperación interrexional, ao dobre obxectivo de mellora:
a) Da excelencia investigadora do centro tecnolóxico, fortalecendo as súas capacidades para mellorar o seu posicionamento a nivel internacional.
b) Das súas tarefas de transferencia ao tecido produtivo, de xeito que se ofrezan os servizos necesarios de experimentación e proba para poñer no mercado produtos e servizos innovadores que melloren a súa competitividade.
5. As infraestruturas deberán estar, ademais, destinadas á obtención de resultados, de xeito que cada proxecto de infraestrutura deberá acompañarse dun plan de explotación no que cada centro indique cales son os seus obxectivos concretos de xeración de coñecemento e de transferencia.
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia validamente inscritos, no momento da presentación da súa solicitude, no rexistro estatal de centros regulado polo Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro.
2. Consonte o establecido no artigo 2.83 do Regulamento (UE) nº 651/2014, cando un destes centros leve a cabo actividades económicas (oferta produtos ou servizos nun determinado mercado), ademais das actividades non económicas ligadas ás súas actividades primarias como organismo de investigación e de difusión de coñecemento, o financiamento, os custos e os ingresos desas actividades deberán contabilizarse por separado. Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xere.
3. Non poderán acceder ás condicións de beneficiario/a as persoas ou entidades nas que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
As infraestruturas apoiadas ao abeiro destas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) De xeito coherente co seu dobre obxectivo, poderán desenvolver actividades económicas e non económicas, pero é imprescindible que o financiamento, os custos e os ingresos de cada tipo de actividade se consignen polo centro de xeito separado, con base en principios de contabilidade de custos aplicados con coherencia e xustificables de maneira obxectiva.
b) O acceso ás infraestruturas estará aberto a varias entidades usuarias de xeito transparente e non discriminatorio. No caso de que unha empresa financie polo menos un 10 % dos custos da infraestrutura, esta poderá beneficiarse dun acceso preferente en condicións máis favorables. Non obstante, co fin de evitar unha compensación excesiva, o dito acceso será proporcional á contribución da empresa, e as condicións faranse públicas.
c) O prezo que se cobre polo funcionamento ou utilización das infraestruturas deberá corresponder ao prezo de mercado.
d) As infraestruturas apoiadas deben cumprir os requisitos do artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 relativos ao efecto incentivador. As axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se ten presentado antes do comezo da actividade. Prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha entidade de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade nos que a entidade incorrería de todos os xeitos, nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica. A data de inicio das actividades presentadas non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data efectiva de comezo destas.
e) Tal e como se recolle no anterior artigo 3.3, establécese un orzamento mínimo subvencionable de 100.000 euros (cen mil) para cada proxecto de infraestrutura.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Praza de Europa, 10A, 3º
15707 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981957386 / 981957437 / 981957303
Email: axudas.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2018).
Corrección de erros. Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2018).
Resolución do 15 de maio de 2018 pola que se conceden as axudas para o fortalecemento dos centros de xeración do coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 31 de decembro de 2017 (DOG nº 99 do 25 de maio de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
03/02/2018 00:00 - 02/03/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderse que o prazo expira o derradeiro día do mes.
-
A solicitude estará composta polo seguintes documentos:
-
a) Formulario de solicitude (segundo o anexo I), que inclúe as seguintes declaracións responsables relativas ao centro solicitante:
-
1º. Declaración responsable de non estar incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).
-
2º. Declaración responsable de non estar suxeito/a a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarara unha axuda ilegal ou incompatible co mercado común.
-
3º. Declaración de que non pode ser considerada unha empresa en crise consonte o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.
-
-
-
4º. Declaración de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo das actividades para as que se solicita (efecto incentivador).
-
5º. Declaración responsable de non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas nesta declaración no momento en que se produza.
-
6º. Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, consonte o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007 e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma.
-
7º. Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.
-
8º. Declaración de conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012, pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, de que son veraces os datos que se consignan na solicitude relativos á conta bancaria na que se efectuará o pagamento das axudas, así como que a entidade solicitante é o seu titular.
-
9º. Declaración responsable, no caso de que o centro leve a cabo actividades económicas e non económicas, de que se dispón dunha contabilidade separada que permita distinguir con claridade os dous tipos de actividades.
-
10º. Declaración responsable, no caso de que a infraestrutura solicitada se empregue para o desenvolvemento de actividades económicas e non económicas, de que dispón dunha contabilidade separada que permita distinguir con claridade os dous tipos de actividades.
-
11º. Declaración responsable, que no caso de dispor dun plan de igualdade implantado no centro, o manterá durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previsto no artigo 24.j) destas bases reguladoras.
-
12º. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto de infraestrutura para o que se solicita a axuda.
-
b) Anexo II: declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para o mesmo fin por outras administracións ou entes públicos ou privados.
-
c) Documentación técnico-económica:
-
1º. Anexo III: ficha do proxecto de infraestrutura que se solicita.
-
2º. Memoria descritiva do proxecto de infraestrutura que se solicita, redactada consonte o índice que se inclúe no anexo IV.
-
3º. Plan de explotación do proxecto de infraestrutura, redactada consonte o índice que se inclúe no anexo V.
-
Tanto a memoria como o Plan de explotación deberanse entregar en formato electrónico, concretamente deberán ser ficheiros PDF.
-
d) Documentación administrativa:
-
1º. Copia do poder cumprido co que actúa o representante legal do centro.
-
2º. Copia da escritura de constitución do centro debidamente inscrita, se é o caso, no rexistro mercantil ou industrial.
-
3º. Tres ofertas, como mínimo, de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a entrega do ben, agás que polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren. No caso de non escoller a oferta más económica, deberá xustificarse o motivo.
-
4º. No caso de solicitudes dun centro tecnolóxico que inclúan un plan de explotación conxunto do equipamento solicitado con outro/s centro/s, deberá presentarse a documentación a través da cal se poida acreditar debidamente ese uso compartido.
-
Os anexos I (solicitude), II (declaración doutras axudas ) e III (ficha), estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal
-
Comprobación de datos, consentimentos e autorizacións.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
-
b) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
-
c) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
2. No caso de que o centro solicitante se opoña a esta consulta, deberá indicalo no cadro correspondente no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ao centro solicitante a presentación dos documentos correspondentes.
Se a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable e o centro solicitante deba presentar estes certificados en fase de emenda, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor.
Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
5. A Gain informará ás entidades beneficiarias que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións, que será obxecto de publicación, onde figurarán os nomes das entidades beneficiarias, as operacións, a cantidade de fondos públicos asignada e outra información prevista no anexo XII en relación co artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
6. Consonte o disposto no artigo 20.8 da Lei 38/2003, a cesión de datos que debe efectuarse á Intervención Xeral do Estado para a súa inclusión na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento da entidade afectada. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no artigo 21.1 da Lei orgánica 15/1999.
7. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios, e de sancións da Xunta de Galicia, a entidade solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar, agás nos supostos legalmente establecidos. Así mesmo, a entidade solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade, a través do Portal de transparencia e Goberno aberto, dos datos referidos á subvención referida. Todo isto consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, e na Lei 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Se algún dos centros interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase a data de presentación da solicitude será aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365
-
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou eses documentos. Presumirase que esta consulta está autorizada polas entidades interesadas, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
A documentación complementaria deberá presentarse por medios electrónicos. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para este efectos, considerarase como data de presentación aquela que fose realizada a emenda.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
-
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i - GRC.
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i - GPC.
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego e I+D+i - Proxectos de excelencia / liña de reforzo de traxectorias emerxentes.
Subvencións do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea. Liña 1