Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN853B - Axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a consolidación das unidades mixtas de investigación xurdidas ao abeiro das convocatorias de axudas de Gain dos anos 2014 e 2015.
O obxectivo das axudas convocadas é a consolidación, o fortalecemento e o mantemento da actividade investigadora e innovadora destas unidades mixtas de investigación, dando así continuidade e evolución ás expectativas, obxectivos e resultados das súas liñas de investigación e traballo.
As unidades mixtas son un instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver, de forma conxunta e coordinada, actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2018 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853B). As axudas concedidas no marco da presente resolución axústanse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación beneficiaria dunha axuda da Axencia Galega de Innovación para a súa creación e posta en marcha das convocatorias dos anos 2014 e 2015 e que non estean a desfrutar de axudas para a súa consolidación.
1. Poderán optar ás axudas de consolidación previstas nesta convocatoria aquelas unidades mixtas de investigación beneficiarias das axudas da Axencia Galega de Innovación concedidas polas resolucións do 6 de outubro de 2014 ou do 21 de maio de 2015.
Non poderán optar a estas axudas aquelas unidades mixtas que, aínda estando incluídas nas resolucións de concesión citadas, teñan renunciado a axuda ou estean a desfrutar de axudas de Gain para a súa consolidación.
2. Entidades participantes.
A consolidación dunha unidade mixta de investigación implica o deber de manter e fortalecer a alianza estratéxica entre os seus membros: o organismo de investigación galego e a empresa asinantes do seu acordo de constitución. Estes membros corresponderán cos relacionados nas resolucións, da Axencia Galega de Innovación, de concesión de axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación do 6 de outubro de 2014 (DOG nº 195, do 13 de outubro) e do 21 de maio de 2015 (DOG nº 100, do 29 de maio).
Excepcionalmente, as unidades mixtas de investigación constituídas inicialmente por un organismo de investigación e unha única empresa poderán incorporar á súa composición unha segunda empresa cando exista unha complementariedade xustificada e unha participación equilibrada co resto de entidades participantes na unidade. Neste caso, as dúas empresas participantes na unidade mixta deberán pertencer ao mesmo grupo empresarial no sentido do disposto no artigo 42 do Real decreto do 22 de agosto de 1885, polo que se publica o Código de comercio.
O organismo de investigación actuará como representante da unidade mixta de investigación ante a Axencia Galega de Innovación, como solicitante da axuda e como único interlocutor con ela.
3. Áreas/liñas de investigación.
As liñas de investigación das unidades mixtas de investigación serán a continuidade, ampliación e evolución das definidas no momento de creación da unidade. Estas liñas de investigación/traballo estarán en consonancia cos retos estratéxicos e prioridades contidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) que se detallan no anexo I.
Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade coas condicións e limitacións establecidas polas partes para o efecto.
4. Acordo de consolidación e duración das unidades mixtas.
A consolidación das unidades mixtas de investigación acreditarase mediante a sinatura dun acordo asinado entre as partes (en diante, acordo de consolidación), acompañado do acordo de constitución da unidade. A data de sinatura deste acordo de consolidación non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión. Esta data marcará o inicio do período mínimo de duración adicional de 3 anos da unidade mixta e o inicio das novas actividades programadas para a súa consolidación.
De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo da actividade. Prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade en que a empresa incorrería de todos os xeitos nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica. A data de inicio das actividades presentadas non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data de comezo destas.
5. Localización.
As dependencias da unidade mixta deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan e localizadas en Galicia.
6. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.
a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá ser de 1.800.000 de euros para un marco temporal de 3 anos (2018-2021), dividido entre os integrantes da unidade mixta.
b) É requisito que a participación da empresa/as teña un valor medio mínimo do 50 % do orzamento total da unidade mixta.
c) A participación do organismo de investigación debe ter un valor medio mínimo do 10 % do orzamento total da unidade mixta. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Axencia Galega de Innovación, tal e como se especifica no artigo 3 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba de Gain.
d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que na finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten, como mínimo, os límites sinalados na táboa que segue, a Axencia Galega de Innovación poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os cales se concedeu a subvención.
Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 29 (Gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións).
e) A participación da empresa nas actividades da unidade mixta poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computará para os efectos da achega do organismo de investigación.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Xestión
Praza de Europa, nº 10A / 6ºB
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541096 /881999633
Fax: 981541039
Email: xestion.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se modifican parcialmente as resolucións do 26 de maio de 2017, do 28 de maio de 2018 e do 31 de maio de 2018 polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 8 de xuño de 2017, 22 de xuño de 2018 e 4 de xullo de 2018, respectivamente (DOG nº 106 do 02 de xuño de 2020).
Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2018).
Extracto da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2018)
Resolución do 31 de agosto de 2018 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 26 da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 170 do 6 de setembro de 2018).
Resolución do 3 de outubro de 2018 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 196 do 15 de outubro de 20018).
Resolución do 15 de outubro de 2018 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 26 da Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 201 do 22 de outubro de 2018).
Resolución do 13 de novembro de 2018 pola que se adxudican as axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, convocadas pola Resolución do 28 de maio de 2018 (DOG nº 220 do 19 de novembro de 2018).
Corrección de erros. Resolución do 13 de novembro de 2018 pola que se adxudican as axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, convocadas pola Resolución do 28 de maio de 2018 (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
23/06/2018 00:00 - 23/07/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como derradeiro día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.
-
1. Entregarase unha única solicitude, que deberá ser presentada polo organismo de investigación como representante da unidade mixta, e nela estará integrada a información de todos os membros integrantes dela.
-
2. Os organismos de investigación, como representantes das unidades mixtas, deberán presentar os seguintes documentos:
-
a) Anexo II. Formulario de solicitude.
-
Nos anexos II e III inclúense as seguintes declaracións responsables, relativas a cada un dos membros da unidade mixta:
-
1. Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
-
2. Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos e acepta as condicións e obrigas do programa de unidades mixtas de investigación recollidas nesta resolución.
-
3. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
-
4. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.
-
5. Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
-
6. Declaración de que son veraces os datos que se consignan na solicitude relativos á conta bancaria en que se efectuará o pagamento das axudas, así como que a entidade solicitante é o seu titular, de conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia.
-
7. Declaración responsable de non estar suxeito a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal ou incompatible co mercado común.
-
8. Declaración de que non pode ser considerada unha empresa en crise, conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión.
-
9. Declaración de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo das actividades para as cales se solicita (efecto incentivador).
-
10. Declaración responsable de que ten a capacidade administrativa financeira e operativa para cumprir cos obxectivos da unidade mixta para a cal se solicita a axuda.
-
11. Declaración responsable de que as dependencias da unidade mixta de investigación deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan e localizadas en Galicia.
-
12. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído na proposta.
-
b) Anexo III. Declaración responsable de cada un dos membros integrantes da unidade mixta.
-
c) Anexo IV. Formulario da memoria da unidade mixta de investigación.
A memoria da unidade mixta de investigación realizarase cubrindo o formulario que se inclúe como anexo IV a esta resolución, no cal se recollerá toda a información, tanto de carácter científico-técnico como económico, que permita avaliar a proposta de consolidación da unidade mixta conforme os criterios de valoración e selección sinalados no artigo 17 desta orde.
Con independencia da información recollida neste formulario, poderase incluír información e documentación complementaria.
-
d) Declaración asinada polos integrantes da unidade mixta de investigación en que manifesten a súa intención de consolidar a unidade mixta atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria indicada no punto anterior, acompañada do acordo inicial de constitución da unidade mixta. Coa sinatura desta declaración as partes manifestan a súa conformidade coa presentación da solicitude de axuda ao abeiro da presente convocatoria polo organismo de investigación como entidade representante da unidade mixta.
No prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión, os beneficiarios, a través do organismo de investigación como representante da unidade mixta, deberán presentar o acordo de consolidación asinado polas entidades participantes.
O acordo de consolidación deberá conter, como mínimo, a seguinte información:
– Características e obxectivos da unidade mixta.
– Descrición da/das liña/s de investigación que vai desenvolver a unidade mixta.
– Duración da unidade mixta, que non poderá ser inferior a 3 anos, para os efectos desta convocatoria.
– Definición dos compromisos que adquire cada participante da unidade mixta nos diferentes ámbitos: científico-técnico, económico e organizativo.
– Definición dos compromisos e planificación para a explotación e participación dos resultados xerados.
Este acordo de consolidación poderá ser modificado ao longo da súa vixencia, sempre e cando os cambios non afecten aspectos tidos en conta para a concesión das axudas. Calquera modificación das condicións establecidas no acordo deberá ser comunicada á Axencia Galega de Innovación.
Os anexos II (solicitude), III (Declaracións responsables), IV (Memoria), V (Declaración das axudas para presentar coa xustificación da subvención; artigo 26) e VI (Declaración de dedicación persoal para presentar coa xustificación da subvención; artigo 26) estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal.
-
3. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
-
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
-
6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas relativos aos organismos de investigación e empresas integrantes das unidades mixtas de investigación:
-
Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas do Programa Conecta Peme.
Subvencións para proxectos de innovación en produto, Liña 2.
Axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.
Axudas para o establecemento de centros mixtos de investigación