Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR606A - Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.
Investimentos subvencionables en activos fixos produtivos.
1. Os investimentos subvencionables deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de axuda nin antes de que se realice a inspección comprobatoria a que se fai referencia no artigo 12.
2. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais), a excepción dos referidos no artigo 5. Os investimentos destinados a biomasa e outros produtos forestais distintos da madeira só serán subvencionables cando estes produtos teñan a súa orixe e se recollan no monte.
3. Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes investimentos elixibles:
a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recolla, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros e non alimentarios (biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios, poderanse subvencionar unicamente investimentos de recolla e manexo no monte.
b) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.
c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.
d) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipamentos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implementos. Os implementos deberán ir instalados en equipamentos propiedade da empresa. Os equipamentos de saca de madeira ou biomasa consistentes en cabeza tractora con doble tracción, plataforma e guindastre forestal só serán subvencionables en empresas que posúan tractocargador e/ou autocargador en propiedade.
e) Equipamentos tractocargadores completos e os seus implementos forestais. Os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais na cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiranse tamén aos tractores orientados á recolla de biomasa.
f) Rozadoras en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.
g) Instrumentos de medición de masas forestais en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.
h) Maquinaria e instalacións para procesamento da biomasa forestal para producir enerxía: asteladura, almaceamento, clasificación, caracterización, secado e acondicionamento da biomasa forestal. Só serán subvencionables cando a biomasa teña a súa orixe e recolla no monte. Os investimentos no proceso de transformación de biomasa serán subvencionables unicamente naquelas industrias que non superen os 40.000 m³ de materia prima empregada no proceso. O cumprimento deste requisito comprobarase cos datos da empresa que figuren no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
i) Maquinaria e instalacións de primeira transformación da madeira. Os investimentos no proceso de transformación da rolla serán subvencionables unicamente naquelas serras que non superen os 40.000 m³ de madeira en rolla empregada para serrar. O cumprimento deste requisito comprobarase cos datos da empresa que figuren no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
4. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga; neste caso subvencionarase unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberá realizarse no prazo de execución do investimento.
Investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial
Poderá ser obxecto de axuda a implementación de plans empresariais con criterios de xestión forestal sustentable, e as cadeas de custodia dos sistemas de certificación forestal, excluída a adquisición de maquinaria. En concreto, serán elixibles as seguintes actuacións:
a) Implantación, e certificación se procede, na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantemento.
b) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.
Investimentos non subvencionables.
1. Non será subvencionable:
a) A adquisición de terreos, edificacións e mobiliario.
b) A adquisición de maquinaria usada.
c) A maquinaria de simple substitución. Neste senso non se considerará simple substitución de equipamentos cando se acade no novo investimento, como mínimo, un incremento da capacidade de produción ou da potencia nun 25 %, ou cando o novo investimento vai traballar no sitio doutro similar que estea totalmente amortizado e que se considere obsoleto, sen valor comercial como equipamento de segunda man. Nestes casos só se subvencionará o diferencial de custo, o cal será verificado pola Administración sobre a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria. Para os efectos desta orde, considérase que un equipamento móbil está totalmente amortizado cando pasaron 5 anos desde a compra e que unha instalación fixa está totalmente amortizada cando pasaron 10 anos desde a súa compra. Enténdese que a data da compra é a do último pagamento que se fixo do dito equipamento ou instalación.
d) A fabricación de pellets nin ningún proceso que dea como resultado un produto de consumo final.
e) A obra civil, excepto a necesaria para o acondicionamento do parque de materia prima e produto (sempre que non se trate dun produto de consumo final) e para a instalación dos equipamentos de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais ou para almacenamento na propia industria. Non se subvencionarán naves illadas nin só naves en empresas de nova creación.
f) Os gastos de reparación e mantemento.
g) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios.
h) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo.
i) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con outros fondos comunitarios ou con fondos non comunitarios se a axuda total supera o 50 % do investimento.
k) Motoserras, rozadoras manuais e outras ferramentas manuais.
l) Os investimentos en materiais non duradeiros, tales como os equipamentos de protección individual e roupa para os traballadores forestais.
m) A construción de camiños e os procesos de comercialización ou transformación a grande escala. Non será subvencionable a produción de pellets, a produción de planta forestal, envases e embalaxes, mobles e carpintarías.
n) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ao abeiro da convocatoria en que se solicita a axuda e/ou sen constancia oficial de non terse iniciado con anterioridade á solicitude no caso de investimentos en parques intermedios ou en instalacións de primeira transformación de produtos forestais.
ñ) Os investimentos para transporte estándar.
o) O IVE.
Obrigas.
1. O beneficiario da axuda levará un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.
2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.
3. O beneficiario non poderá substituír os equipamentos subvencionados anteriormente polos equipamentos obxecto de axuda e deberá manter os investimentos subvencionados e os requisitos que condicionaron a obtención da axuda, durante un período mínimo de 5 anos, contados desde a data do último pagamento da axuda.
4. O beneficiario está obrigado a apuntar na contabilidade da empresa, de forma separada ou ben cun código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación, os movementos relativos ás subvencións percibidas, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do importe deste.
2. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
3. Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
4. Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.
5. Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.
b) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este e unha declaración xurada do solicitante de que a empresa cumpre coa normativa ambiental.
c) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e un contrato de prevención de riscos laborais.
d) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na data do fin do prazo de solicitude. As empresas con instalacións fixas deberán estar inscritas no Rexistro Industrial na anterior data.
e) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao final do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas axudas inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se for o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.
f) Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, apartado 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Conforme este regulamento, unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
1. Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
2. Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
3. Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia a pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida no punto 3º.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria; a veracidade desta declaración comprobarase nos controis sobre o terreo que se realicen.
g) Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
h) Deberán estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Así mesmo, as persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
Non concorrer nalgunha das circunstancias seguintes:
a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Ter dado lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
f) Non acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.
g) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta lei ou a Lei xeral tributaria.
h) Non poderán acceder á condición de persoas beneficiarias as agrupacións previstas no segundo parágrafo do número 3 do artigo 8 da Lei 9/2007 cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
i) En ningún caso poderán obter a condición de beneficiarias as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
k) Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por térense atopado indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, en tanto non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Servizo de Fomento Forestal
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546077
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Servizo de Fomento Forestal
Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2017 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 8 do 12 de xaneiro de 2017).
Corrección de erros. Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2017 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2017).
Prazo de presentación: PECHADO
13/01/2017 00:00 - 16/03/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días contados a partir do día seguinte á publicación desta orde.
-
Solicitude segundo o Anexo I, acompañada da seguinte documentación:
-
Contratos, orzamentos ou facturas proforma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos.
-
Anexo V - Certificación de peme.
-
Anexo VI - Memoria.
-
Anexo VII - Ficha cos datos da empresa.
-
Copia do último imposto de sociedades ou do IRPF segundo corresponda.
-
Vida laboral dos reximes xeral e agrario ou certificado da Seguridade Social de non ter traballadores nos ditos reximes.
-
Último recibo de autónomos.
-
Póliza e recibo actualizado do seguro de responsabilidade civil.
-
Contrato do servizo de prevención de riscos laborais e recibo actualizado.
-
Documentación xustificativa da viabilidade da empresa.
-
Para investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial: memoria asinada.
-
Para parques intermedios: plano asinado e comunicación previa no concello.
-
Para investimentos en empresas de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais:
-
Planos de situación e de planta.
-
Solicitude de licenza de obra ou comunicación previa no concello para os investimentos que así o requiren.
-
Para substitucións de maquinaria: memoria xustificativa con valoración económica.
-
No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante: copia das contas anuais do último exercicio pechado de cada unha delas e vida laboral de cada unha ou certificado da Seguridade Social de non ter traballadores para os reximes xeral e agrario.
-
Documentación que declara que está en poder da Consellería:
-
Acreditación da presentación no concello da comunicación previa de inicio de actividade ou apertura do establecemento ou licenza de actividade, só para os investimentos en empresas de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais.
-
Dcumentación a presentar das accións de incremento da puntuación no baremo (documentación non obrigatoria):
-
Contrato e recibo actualizado de externalización das garantías dos traballadores.
-
Xustificación de pertencer a asociación profesional do sector.
-
Compromiso de creación de posto de traballo fixo.
-
Compromiso de creación de posto de traballo fixo a mulleres,menores de 25 anos, persoas con discapacidade ou con dificultade de inserción.
-
Documentación xustificativa de ter xerente na empresa menor de 55 anos ou descendentes en activo na empresa.
-
Documentación xustificativa de ter muller xerente na empresa.
-
Só no caso de denegar a consulta de datos de identidade para muller xerente/xerente menor de 55 anos/descendente en activo na empresa. Anexo XII.
-
Documentación xustificativa de ser empresa de nova creación.
-
Documentación xustificativa dos postos de traballo fixos na empresa de persoas menores de 25 anos, mulleres ou persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
-
Cursos de formación.
-
Xustificación de ter a cadea de custodia certificada.
-
Xustificación de ter un plan de control de calidade ou mellora da xestión certificado.
-
Xustificación de ser empresa de comercialización conxunta.
-
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar os devanditos documentos:
-
NIF da entidade solicitante.
-
DNI da persoa representante.
-
Alta no IAE ou certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
-
Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de estar ao día nas obrigacións tributarias.
-
Certificación da Seguridade Social de estar ao día nas obrigas tributarias.
-
Certificación da Consellería de Facenda de estar ao día nas obrigas tributarias.
-
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica ou en formatos non admitidos, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma prevista no parágrafo anterior.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Anexo X
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Inscrición no Rexistro Público de terreos forestais de pastoreo.
Declaración responsable para aproveitamentos de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola administración.